Skip to main content

Novas

Velenos "on de rocks"

Posted in

07-06-2009 - Ven ó caso polas denuncias efectuadas por parte dos apicultores nas que manifestan que as abellas están desaparecendo. A culpa seica é do uso de determinados pesticidas que, estando prohibidos no resto de Europa, no noso País no teñen limitación algunha de uso.


Tolerancia coas empresas químicas (e con moitas outras) que teñen os nosos “representantes”, tan preocupados eles co medio ambiente cando saen nos xornais. Pero hai moitos mais, por exemplo:

Enagás (enerxía “verde”) que ten subcontratada a unha outra empresa para que lles limpen os trazados dos gasoductos

5 de xuño.

Posted in

Día mundial do medio ambiente.

                                                                                                                                           

Destruíndo o noso patrimonio

Posted in

03-06-2009 - Na verdade os nosos administradores non deixan de nos sorprender. Neste caso trátase de un goberno “progresista”: O de Maside.

Vexa a Noticia (La Región) publicada o día 14/07/2009 .

Vídeo da noticia na TVG de 14/07/2009 .

Na senlleira Paza Maior da Vila, hai tres construccións de alto valor histórico – había catro pero unha tradicional mansión que existía no lugar xa deu paso a un “moderno” edificio de apartamentos – que agora van quedar “integrados” nunha composición da que fai parte unha monstruosa “parada de autobuses”.

Os perigos do provincianismo

Posted in

31-05-2009 - Unha vez mais o provincianismo e os intereses persoais, están a se impor no anuncio de un suposto grande proxecto para a comarca da Limia. A cacarexada fábrica de avións non tripulados.


Como sempre a razón que xustifica e esixe apoio para calquera falcatruada, son os “postos de traballo”. Postos de traballo que quen nos administra non soubo (ou non quixo) crear dentro da actividade tradicional da comarca (desta e doutras como Carballeda de Avia) e agora pretenden comprar os veciños coa posibilidade de teren onde gañar o sustento nun emprego. Aínda que sexa envelenado.


Non sabemos si os previstos 7.000 postos de traballo serán para técnicos de fora ou para labregos da Limia reconvertidos en fabricantes de avións.

Atopamos coa igrexa

Posted in

19-05-2009 - Na parroquia de San Estevo, en Punxín, foi cortada unha carballeira enteira que pertence ás propiedades do bispado.


Non se tratou de cortar unha ou dúas carballas para necesidades do propietario, non, cortaron unha carballeira enteira para vender a leña e recadar cartos. Ignoramos se foi solicitado algún tipo de permiso para tal desfeita e tamén ignoramos se tal permiso foi outorgado.


O que sí parece unha contradicción é que, para cortar unha sola carballa, calquera veciño precisa

Fondos estatais – incompetencia e despilfarro.

Posted in

14-05-2009 - Nestes días de mediados de maio, cando estamos vendo no seu apoxeo a tarefa dos concellos en dilapidar os fondos de inversión estatal que lles foron concedidos a primeiros de xaneiro, é cando temos os parámetros para medir a capacidade (ou intereses) dos nosos políticos.

Para mellor comprender o que está acontecendo, o mais práctico sería colocarnos na situación de quen ten a responsabilidade de administrar o mareante volume de cartos que recibiu cada Concello e, a partir desa situación, evaluar as posibilidade que teríamos de decidir como gastar eses cartos.

Pobres financiando a ricos

Posted in

13-05-2009 - Na liña dos artigos anteriores ( 1 e 2) que falaban sobre as mareantes cantidades de cartos que o “sistema” que padecemos, dominado polos empresarios e banqueiros, dedica a megalómanas infraestructuras - nas que eles acaparan os fondos producidos polo traballo dos asalariados, mentres carecemos de recursos para servicios básicos - hoxe incluímos unha serie de enlaces nos que se pode ver a grande mentira quen nos están a contar sobre os “supostos” problemas que terán as pensións no futuro. Problemas que, segundo eles, se resolverían aumentando a idade de xubilación, diminuíndo o importe das futuras pensións ou privatizando o sistema.

O primeiro fala das axudas a un sector tan contaminante e ineficaz como é o do automóbil, que agora se confirma que terá novas axudas tanto aos fabricantes como á compra de coches.

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=85277

O segundo, en termos bastante cristalinos

Gastando en luxos e pasando fame (II)

Posted in

10-05-2009 - Puxemos un artigo similar hai un mes, alguén pudo pensar que era casualidade...
Hoxe, repasando os xornais atopámonos, ao igual que case tódolos días, con curiosas noticias que, a base de lelas a diario, case nos pasan desapercibidas.
Consideramos oportuno escribir este artigo falando delas porque, aínda que moita xente repara no absurdo que representan, a moitas outras pásanlles desapercibidas.
Como estamos en época de crise e con mais 4.000.000 de parados ven ó caso.
Lean as noticias si o desexan, pero con ver os titulares é dabondo.

A primeira refírese ás “novas” melloras para un AVE mais “moderno” e veloz para Galicia coa conseguinte orxía de millóns de euros.
http://www.laregion.es/noticia/90268/ourense/ave/alta/velocidad/modifica...

Destrucción ecolóxica, patrimonial e etnográfica.

Posted in

22-04-2009 - Comeza na central de Cabanelas e vai hasta o propio lugar de Cabanelas. Unha inxustificable actuación na marxe esquerda do Arenteiro que destrúe vexetación de ribeira, que arrasa con un bosque autóctono perfectamente conservado e, o que aínda é peor ,a irrespectuosa, brutal invasión e destrucción do patrimonio galego.


Unha actuación ecoloxicamente impresentable que, como outras, solo vai contribuír a que vaian desaparecendo os poucos recunchos preservados que restan na nosa terra.
Outro lugar senlleiro do Ribeiro e de Galicia, arrasado en favor do coche e do chapapote. O progreso “paleto” dos nosos gobernantes.

Eleccións en Galicia e Medio Ambiente ( Conclusión...)

Posted in

02-03-2009 - Perderon porque ao igual que fixo en seu día Felipe González, esta “esquerda”, cando gaña, esquece logo aos seus votantes e vaille meter a lingua no cu á dereita (con perdón), para ver si os “engatusa”.

Craso error, os votantes do PP, por interese ou ignorancia, son fieis ao seu partido, e non se deixan engatusar por estes “esquerdistas” con ideas conservadoras e servís cos poderosos.


Pola contra, o votante de esquerda, normalmente mais culto e mais crítico, non consente que o desairen e que os lideres aos que votou, esperando un cambio de rumbo, fagan políticas continuistas e conservadoras.

Distribuir contenido