Skip to main content

Novas

Os amos do mundo ( II )

Posted in

11-08-2009 - Continuamos, nesta segunda parte, cos argumentos que nos levan a afirmar que, tódolos gobernos e os políticos que os forman, serven fundamentalmente aos intereses do sistema e das grandes empresas co obxecto de que, sexa cal sexa a ideoloxía “teórica” do partido que acabe gobernando, os asuntos económicos estarán sempre encamiñados a servir, da mellor maneira posible, os intereses dos empresarios.

Tamén teñen como función autorizar  e dar concesións para explotar os recursos do Pais, en función dos intereses desas empresas, prescindindo por completo das consideracións sociais e medio ambientais.

Vendepatrias

Posted in

07-08-2009 - Por se fora pouca a desfeita que está ocasionando en Galicia a explotación desaforada de canteiras, tanto de pedra como da lousa, os espoliadores da nosa Terra que se están enriquecendo coa destrucción do Courel, do Porriño e de tantos outros lugares, así como da contaminación dos ríos e dos depósitos descontrolados de escombros, cumpinchados cos políticos de turno que solo visan o lucro, están a programar unha campaña, dotada con mais de 500.000 euros, para “dinamizar” a industria da lousa e promovela no Reino unido e Irlanda: http://www.laregion.es/noticia/99121/pizarra/gallega/Reinounido/Irlanda/

Postos de traballo e agro.

Posted in

03-08-2009 - Un bo exemplo dos tempos duros os que vivimos actualmente, pódese comprobar cando se aspira, como moito, a ter un posto de traballo ou a que o que temos non nos falte.


Se iso é progreso non sei ao que se lle pode chamar andar para tras, porque non semella que eso sexa mellorar de vida, moito polo contrario, parece que conseguen comprar as nosas vontades por un prezo cada vez mais barato.


Hai décadas o traballo era algo considerado como un mal necesario. A aspiración máxima da xente era non ter que traballar, porque empregos sempre había e se saías de un logo atopabas outro.

Os amos, dos políticos e do mundo.

Posted in

29-07-2009 - Se alguén pensou un día que había que pagar a Facenda e non defraudar é moi posible que nestes tempos estea cambiando de opinión rapidamente, porque  quen nos defrauda é Facenda a nos.


Non solo polas inxentes cantidades de cartos que lle teñen regalado á banca, senón porque, día a día, estamos comprobando o mal uso que se está facendo destes recursos que con tanto traballo todos aportamos.


Pensaba razoar sobre a corrupción da clase política, un dos colectivos mais desprestixiados do noso País, pero todo indica que tal argumento é outra falacia xa que, ese razoamento, solo é aplicable si continuamos no engano de que os políticos representan ao pobo

Aprendendo dos cans.

Posted in

28-07-2009 - Se teño que nacer de novo non tería inconveniente en que me criara unha cadela. Non é que estea descontento co trato de miña nai humana, pero case podería asegurar que ningunha nai humana é capaz de lle dedicar tanto tempo, cariño, hixiene e coidados a seus fillos, como o fai unha nai cadela.


É a terceira vez que a Pili ten fillos. Sei que non debería ter permitido que quedara preñada ningunha vez pero, en 10 anos tres embarazos non me parecen moito, aínda que todos foron por imposibilidade de o impedir. Na última, o can pasou entre a tela metálica e o muro deixando pelos arrincados polos arames. Solo foi unha vez, pero quedou preñada.

Ibertrola mexa por nos

Posted in

15-07-2009 - Agora resulta de que, por encima de burros, mallados. Iberdrola, conforme se pode leer na notícia de La Región de hoxe, xa tomou "tódalas" precaucións para non causar danos á flora é a fauna do Río Sil. (día 17-07-2009, mais tomaduras de pelo).

Día 18-07-2009 - Feijoo apoia a barbaridade, agora seica é normal secar un rio.

Día 24-07-2009 - Iberdrola infrinxiu a normativa.

Somos todos uns mal pensados ao supoñer que deixaron o río totalmente seco, conforme se pode ver na imaxe do xornal,"seica" deixaron un caudal ecolóxico, que tamén se pode "ver" e puxeron os peixiños nun acuario coidados por xentiles enfermeiras, que han de tratar deles e darlles de comer a diario, para que non sufran ningún tipo de "estrés".

Tamén se deron ao "traballo"  de contratar unha "empresa especializada" para controlar o osíxeno, o ph e os parámetros das augas para que as plantiñas non noten que a auga desapareceu. Menudo conto. 

Incluso fixeron todo ben "caladiño" para non nos preocupar porque, como

O Río Sil non é noso, é deles

Posted in

14-07-2009 - Fan o que queren e mentres calquera de nos poder ser multado por violar a normativa medio ambiental, estes nada menos que secan completamente o cauce do Río Sil.

Case nada, no Barbaña morreron moitos peixes porque envelenaron as augas, no Sil morreron todos porque non lles quedou auga.


As razóns da desfeita, Iberdrola precisa gañar cartos, e ante tal "razón de estado" os políticos e autoridades responsables calan a boca. Se din algo fanos calar. Quen manda, manda.

Cambios na páxina

Posted in

20-06-2009 - A partir de hoxe introducimos algunhas modificacións na nosa páxina:
_ Colocamos un novo menú (Temas), á dereita, de maneira que se pode acceder con facilidade a calquera dos asuntos concretos que se desexe consultar.
_ Tamén cambiamos de lugar o acceso ao Foro, de maneira que estea mais accesible e calquera poida enviar comentarios ou iniciar novos asuntos para debate.

_ As Galerias de fotos tamén pasan a ese menú, de xeito que teñan mais fácil acceso.

Acordos de estado ( II )

Posted in

20-06-2009 - Compórtanse igual que os traficantes de droga, que venden nas portas dos colexios, para viciar ós mais pequenos e preparar futuros clientes.


Primeiro víciannos no uso do coche. Déixannos sen outras opcións, porque non existe transporte público, nin teñen previsto a súa implantación.


Consenten que morra mais xente por culpa dos coches que por tódalas demais drogas xuntas. E eso sen contar coa xente que morre por causa da contaminación atmosférica que produce o tráfico, xa que hai estudios que aseguran que son cinco veces mais dos que morren por causa dos accidentes.

Acordos de estado

Posted in

15-06-2009 - Sen a mais mínima protesta, nin da oposición nin de outro colectivo calquera, acabamos de asistir á aprobación de un notable incremento nos impostos indirectos por parte do goberno. Por fin un acordo “de Estado” entre os grupos políticos. Para que logo digan que nunca se poñen de acordo en cousas importantes.


Parece lóxico que, despois do brutal “sangrado” dos fondos públicos para regalar cartos ós bancos e así reparar a desfeita que eles mesmos ocasionaron, agora o Estado precise repor eses fondos e o faga, como sempre, á costa dos traballadores e da maneira mais “antisocial” que existe: Por medio dos impostos indirectos que gravan por igual a quen ten moito e a quen ten pouco.

Distribuir contenido