Planta(s) de lodos fecais en Maside – Confirmado

 15-10-2010 – Copia da acta que, desprezando a lei, nos negaron no Concello de Maside. (Ourense Dixital)

14-10-2010 – Estes son os datos: Con data 18 de xuño de 2010 o pleno de Maside, coa participación do sr. Alcalde, do grupo de goberno ao completo (PSOE) e de dous concelleiros da oposición (PP), aprobaron por unanimidade o denominado “Convenio de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Maside para a execución e posta en funcionamento da depuradora nodriza de augas residuais prevista no proxecto Terras do Avia”.

No BOP nº 225 de 29/09/2010 publicase a adxudicación definitiva, por parte da Deputación de Ourense, da “execución da obra civil para seis plantas depuradoras nodrizas de augas residuais domésticas e de lodos de fosas sépticas de pequenos núcleos de poboación do rural ourensán…”

 15-10-2010 – Copia da acta que, desprezando a lei, nos negaron no Concello de Maside. (Ourense Dixital)

14-10-2010 – Estes son os datos: Con data 18 de xuño de 2010 o pleno de Maside, coa participación do sr. Alcalde, do grupo de goberno ao completo (PSOE) e de dous concelleiros da oposición (PP), aprobaron por unanimidade o denominado “Convenio de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Maside para a execución e posta en funcionamento da depuradora nodriza de augas residuais prevista no proxecto Terras do Avia”.

No BOP nº 225 de 29/09/2010 publicase a adxudicación definitiva, por parte da Deputación de Ourense, da “execución da obra civil para seis plantas depuradoras nodrizas de augas residuais domésticas e de lodos de fosas sépticas de pequenos núcleos de poboación do rural ourensán…”

A inversión total, pouco mais de 450.000 Euros (mais IVE) para SEIS plantas (poden ser Dúas por localidade) tocan a 70.000 euros para cada planta, de maneira que puca tecnoloxía debe haber. Polo que as declaracións tanquilizadoras do Sr. Alcalde de Maside, sobre o tipo de instalación e a súa condición de "eléctricas", semean mais inquietude que tranquilidade.

Temos que dicir que a falta de transparencia do Concello de Maside é total, aínda non nos facilitaron copia da acta do pleno nin acceso á documentación sobre o asunto. Hoxe 15/10 publicamos a acta que o Concello de Maside "democráticamente" nos negou.

Tiñamos preparado un artigo destacando este ocultismo, o atentado contra os intereses de Maside e dos veciños, así como as carencias democráticas que se verifican en todo este caso, pero, en vez de eso, decidimos incluír as declaracións do Secretario Comarcal do PSOE, Sr. Guillermo Dopazo, criticando o mesmo tipo de irregularidades na tramitación da planta de compostaxe de Cea por parte do alcalde Sr.Valladares (PP)  unha vez que, tódolos argumentos que utiliza, e con razón, contra o alcalde de Cea polo asunto da planta de compostaxe, poden ser aplicados, un por un, á planta (ou plantas, porque poderían ser dúas) de tratamento de lodos fecais de Maside. Aquelo da “palla e a viga…”

Ignoramos as razóns que levaron ao sr. Casimiro, concelleiro do PP en Maside e polo tanto membro da oposición, a saír en defensa dunha desfeita da que os principais responsables son os membros do grupo de goberno, cabendo a ele e ao seu compañeiro de partido o simple papel de colaboradores innecesarios.

Sentimos moito que considerara a súa dignidade ultraxada e, aínda que non poñemos en dubida a súa integridade, dicirlle que as cousas fálanse antes, non despois de que se destapan as trapalladas. Asuntos que afectan a saúde e calidade de vida dos veciño e aos seus intereses, consúltanse antes con eles, non se fan ás caladas e en secreto. Aquí o grave é que se están decidindo asuntos prexudiciais para os veciños sen consultalos, así que chorar cando “pillan” a un, non ven ao caso, e eso de “dar a cara” dáse cando hai que dala, antes de facer as cousas, non cando non queda mais remedio. E sobre todo que quede claro que, os que perden neste tema, son os veciños de Maside.

Dicir  que “Si non se adecúa”,  “se non é como esperamos, retiramos outra vez a instalación” (o mesmo argumento que utiliza o Sr. Valladares en Cea) sabe de sobra que non é posible, porque a Deputación non paga unha obra para despois retirala porque “os clientes” se “arrepentiron”. Así que, seguir con argumentos como estes, é seguir querendo enganar á xente.

Cando se pretende instalar algo molesto nunha Vila, sexa un parque eólico, unha central nuclear ou un cemiterio de residuos, falase cos veciños, fanse asambleas, tratos, acéptanse condicións e devólvense, a cambio, beneficios para os veciños, como por exemplo luz gratis, insención de impostos, etc. de maneira que eles acepten as incomodidades e a perda de valor das propiedades a cambio de outros beneficios. Eso enténdeo calquera.

Cando as cousas se fan as caladas sabendo que non son boas para a maioría, que os veciños as van rexeitar si se enteran, si se asume, sen que medie interese algún, o risco de que o asunto se destape e chovan as críticas, unha de dúas: Ou é unha proba de estupidez, por se arriscar a quedar mal a cambio de nada; ou están intentando que os veciños carguen coas molestias mentres que os que decidiron levan os beneficios.

Por eso que o mellor é a transparencia e falar as cousas entre todos, para que despois ninguén pense mal. E se non fíxese ben no que insiste o sr. Dopazo sobre o interese que podería ter o sr. Valladares, alcalde de Cea, no asunto da planta de compostaxe. É o que hai, e non lle digo nada do que pode falar a xente cando Vd. non a escoita.

Os membros da corporación de Maside que participaron nesta decisión, de boa gana non se terían metido neste turbio asunto que sabían que se podería destapar, como está acontecendo, e causarlle moitas críticas. Metéronse porque algo os levou a correr o risco, sexa lealdade ao Presidente da Deputación (lealdade que se antepuxo á que deben aos seus veciños), sexa protagonismo, sexa servilismo, ou sexa que lle prometeron outra parada de autobús para a Praza Maior de Maside, non o sabemos. A cambio de algo foi, e ninguén está dicindo que fora por corrupción, pero cando se asume o risco que Vdes. asumiron, de querer meterlle un gol aos veciños sen que se enterasen, nunca se fai gratis.

Maside está sendo arruinado, tamén o seu futuro e o valor das propiedades. Ninguén vai comprar casas nin propiedades para vivir entre autovías, liñas de AVE, viaductos, parques de 80 hectáreas, plantas de lodos fecais, etc. deberían ter aproveitado a desfeita da autovía para traer por ela cousas beneficiosas para a Vila e non lixo, barullo, contaminación e feces.

Sigan con o seu “progreso” que nos seguiremos defendendo “causas perdidas”.

 

Documentos de audio:

Escoite aqui ao Sr. Dopazo (Secretario Comarcal do PSOE) criticando ao alcalde de Cea (PP), por facer o mesmo que o seu grupo está facendo en Maside. Non ten desperdício.

Programa de Cope Carballiño sobre este asunto.

As explicacións do Sr. Casimiro.

 

Prensa:

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/10/18_04.htm

 

 

4 comentarios

  1. Hola, eu non entendo unha
    Hola,
    eu non entendo unha cousa, no decreto pon
    "" Obra civil para seis plantas depuradoras nodrizas de augas residuais domésticas e de lodos de fosas sépticas de pequenos núcleos de poboación do rural ourensán, no marco dos proxectos Delorur, Terras do Avia e Arraiano” – termos municipais do Barco de Valdeorras, Maside e Xinzo de Limia, "", que se entende exactamente con iso ¿?
    Entendo que van facer seis depuradoras para as pobacións do Barco, Maside e Xinzo. Indendientemente de que avisaran ou non (xa é unha costume para obras que poden afectar á xente facelas as escondidas…i.e: "maduración do compost"), o de nodriza… cal será a súa capacidade ¿?
    A min parece raro que sexa para satisfacer a máis pobacións (é un rumor que circula por aí en diante pero que non dou resolto…) das que se cita, porque entendo que terían que canalizar a rede de alcantarillado entre cidades…pareceme un custo elevadísimo…
    En canto as dificultades para as actas…que hai que ir ós plenos para enterarse das cousas ou que ¿? entendo que son públicas, nunha sociedade como a de hoxe os concellos deberían colgalas nas súas maravillosas páxinas web (algunhas dun elevadísimo custo como indicastes noutro post)

  2. DEPURADORA DE LODOSFECALES EN MASIDE
    BUENO BUENO BUENO …. DESPUES DE TANTO METERSE CON LA GENTE DEL CONCELLO DE CEA, AHORA " MONTAN" UNA DEPURADORA DE LODOS FECALES EN MASIDE; APROBADA EN JUNIO….. QUE HIPOCRESIA DE POLITICOS Y MEDIOS DE COMUNICACION. NO ME EXTRAÑA QUE NUESTRA CLASE POLITICA SEA EL 3º PROBLEMA DE ESTE PAIS ( R.B.E. = REPUBLICA BANANERA ESPAÑOLA). ALGUIEN DIJO:“Algunas de las mejores lecciones se aprenden de errores pasados, el error del pasado es la sabiduría del futuro”. A VER SI ALGUNO SE LO APLICA

  3. Manipulación de esta salvajada en La Región
    La Región publica hoy que esta planta es moderna( si entienden como moderna que es nueva sí lo es, igual que la planta de compost en Cea). Lo que omite la información sesgada que aparece en la región es que tratará los lodos fecales de varias comarcas como podemos ver en este enlace. http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/09/10/0003_8716656.htm

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.