Como podemos comprobar últimamente, o rural galego, tras o seu abandono pola administración, agora é terreo propicio para todo tipo de agresións ecolóxicas.

O rural ven sendo a lixeira das cidades e das industrias. Na consideración das "autoridades", é o lugar a destruir ou utilizar para que pasen autovías, AVE, liñas de alta tensión, muiños de vento, gasoductos, empresas contaminantes, etc.

Continue Reading

 

Matar por Matar NON, xurdiu como un colectivo cívico co gallo da celebración de diversos campionatos de “caza de raposo”, en diversos lugares da nosa comunidade, mediante os que se pretendía, e pretende, facer desta actividade cruel e depredadora unha actividade “deportiva” na cal o gañador é quen mate mais animais…

A este movemento cívico uníronse e deron apoio, outros colectivos ecoloxistas, sociais e científicos que, co gallo da celebración do IV campionato nacional de caza de raposo o día 18 de febreiro de 2007, no Carballiño, xuntamos mais de 200 voluntarios, procedentes de todo o Estado para saír o monte e tratar de salvar o maior número posible de raposos.

Continue Reading

Temas

-Maneira de segregar fincas de un «Tecor»

-Se vostede non quere segregar esixa que lle paguen por utilizar as súas fincas

-Onde se caza e por qué o fan neses lugares

-¿Qué dereito teñen uns cazadores a utilizar as propiedades de terceiros para o seu beneficio?

-Lugares onde non se pode cazar nin circular con armas

-Saiba máis sobre a caza

-Lexislación sobre o asunto AO FINAL DESTA PÁXINA

 

__Maneira de segregar fincas de un “Tecor”.

_Seguramente están a cazar en fincas de súa propiedade e sen o seu consentimento. Se vostede quere rematar con esta situación saiba que nas súas fincas manda vostede e todo o que nelas hai é de súa propiedade, incluídos os animais que nelas viven.

Continue Reading

Hoxe en día tentamos, na educación dos fillos e da xuventude en xeral, inculcar valores de pacifismo, non violencia, preservación doutras especies, coidados a os animais,preservación do medio natural, respecto á vida, etc. Incluso hai leis que penalizan o maltrato ós animais, pero que, o que parece, so serven para “cubrir o expediente” e dar a aparencia de europeos.

 

Continue Reading

A caza non debe ser considerada un deporte. En primeiro lugar porque os principios e valores que o deporte pretende inculcar, nada teñen que ver con o que se fai na caza: Matar animais de maneira violenta, con acoso e aterrorizándoos  antes por pura diversión. En realidade, xunto con as corridas de toros, debería estar incluída nas prohibicións previstas na lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

_Ao “deporte” da caza a Consellería de Cultura e Deporte dedica cuantiosos fondos (por ser un grupo de presión numeroso – aínda que menos que os “non cazadores”), que a Federación Galega de Caza xustifica organizando “campionatos” como o de raposo,San Huberto etc..

Continue Reading

A finales del año 2013 el gobierno del PP, con mayoría absoluta, decidió cambiar la ley de caza (iniciativa que, como siempre, los partidos progresistas nunca se atrevieron a tomar) y como era de suponer, en la nueva norma no tuvo el mínimo reparo en atender todas y cada una de las temerariaias y peligrosas reivindicaciones dela Federación Galega de Caza. Mientras, los sensatas, progresistas y benéficas propuestas, tanto para la seguridad de terceros, como para el medio ambiente y para al fauna, presentadas por los grupos ecologistas a través de los diversos grupos de la oposición fueron rechazados en su totalidad.

Continue Reading