O timo de CEA

22-09-2010 – Últimas noticias: O alcalde, que hai uns días "non sabia nin como se chamaba a empresa", autoriza a actividade (La Región). Supoñemos que cabe un recurso porque semella que a instalación non cumpre coas distancias para actividades molestas e insalubres.

21-09-2010 – O sr. Alcalde de CEA semella que convenceu aos seus veciños de que van ter postos de traballo sen ter que saír das súas casas e, case, sen ter que se levantar da cama.

A xustificación vai ser a planta de compost e maila empresa de casas de madeira que seica “vai crear” 120 “postos de traballo” e xa bota de conta que vai transformar aos labregos de CEA en fabricantes de casas.

Con tal motivo non solo vai crear un polígono para esa empresa senón que, ademais, vai transformar outros 345.000 metros cadrados de monte e de natureza en estradas, formigón e polígono industrial, o que sumado aos 54.000 metros cadrados da planta de compostaxe vai acreditar a CEA como o Concello de maior concentración de contaminación da provincia despois de San Ciprian de Viñas. Vexa aquí o BOP coa aprobación do poligono.

22-09-2010 – Últimas noticias: O alcalde, que hai uns días "non sabia nin como se chamaba a empresa", autoriza a actividade (La Región). Supoñemos que cabe un recurso porque semella que a instalación non cumpre coas distancias para actividades molestas e insalubres.

21-09-2010 – O sr. Alcalde de CEA semella que convenceu aos seus veciños de que van ter postos de traballo sen ter que saír das súas casas e, case, sen ter que se levantar da cama.

A xustificación vai ser a planta de compost e maila empresa de casas de madeira que seica “vai crear” 120 “postos de traballo” e xa bota de conta que vai transformar aos labregos de CEA en fabricantes de casas.

Con tal motivo non solo vai crear un polígono para esa empresa senón que, ademais, vai transformar outros 345.000 metros cadrados de monte e de natureza en estradas, formigón e polígono industrial, o que sumado aos 54.000 metros cadrados da planta de compostaxe vai acreditar a CEA como o Concello de maior concentración de contaminación da provincia despois de San Ciprian de Viñas. Vexa aquí o BOP coa aprobación do poligono.

Segue como futuro candidato ao título Maside, onde tamén andan pensando en arruinar 800.000 metros cadrados de natureza para que os rexedores e outros listos enreden con grandes cantidades de cartos, mentres os veciños se arruinan porque as suas propiedades perden valor.

O futuro residencial e artesanal de Cea como fabricantes de pan e como lugar de residencia, con alta calidade de vida, vaise arruinar porque o sr. alcalde ten asuntos mais importantes que levar a cabo e onde se van manipular moitos cartos.

Cartos que como cando se privatizaron empresa públicas e, co conto da competencia, baixada de prezos, aumento de oferta, etc. ao final rematou no que temos agora, servicios caros e malos e mais de catro millóns de parados. Noutras palabras, pan para hoxe e fame para mañá.

Os mesmos contos das autopistas e do AVE, que iban traer tanto "progreso" e agora se ve como secan as fontes, arrasan o territorio, separan os pobos e prexudican aos veciños que ningun beneficio sacan de todo. Pero seguimos deixando que os politicos nos enganen.

O asunto deste parque industrial semella ser un timo tan grande como o da planta de compost, que veremos mais adiante, onde os veciños venderon o seu futuro, a sua calidade de vida e o valor das suas propiedades, por unha miseria de 5.000 euros ao ano, que foi o valor en que tasaron o aluguer, por 30 anos, de 51.000 metros cadrados de natureza.

Os veciños de Longos, Eirexa e Fondo de Cea que se preparen para mirar póla fiestra de mañá e ver unha morea de fábricas botando fume e verquidos no río Marañao, que desemboca no Arenteiro, que se preparen para non durmir de noite co barullo, que se preparen para ver desaparecer as árbores e a fauna que corre polos seus montes, que se despidan de todo porque chegou o “progreso” de chapapote e formigón dos paletos de “boina” que queren transformar o rural en capitais industrias e van acabar sen ter unha cousa nin outra, porque o bo xa o colleron as cidades e os parque industriais grandes e agora a merda vana levar para estas aldeas con rexedor simplón.

Todo co conto dos “postos de traballo” que, se os houbera, tamén podían ser atopados noutros lugares ben preto como Carballiño e Ourense, pero como non os hai tampouco van aparecer por milagre en Cea , porque hai centos de miles de metros de polígonos baleiros, en Ourense e en toda Galicia, porque están pechando empresas e porque está aumentado o paro. Poñer un polígono que arruíne Cea vai ser lucrativo para o sr. alcalde e uns poucos mais, pero crear postos de traballo semella que non, porque nonos hai.

Como moito o que van conseguir e un par de empregos nunha empresa que recicla merda e contamina, que non a queren noutros lugares e que a van colocar en Cea enganando á xente. Senón que lle pregunten aos veciños de Lamas de Leiro.

Para mellor entender o que nos “prometen” e o que ven despois vexan o exemplo da planta de compost e lembren que detrás de todo o falado polos políticos e pola empresa o que hai de verdade entre tanta verborrea é MERDA.

Esto é o que se di no contrato que fixeron para a planta de compost -51.000 metros cadrados por 5.000 euros ao ano, durante 30 anos, todo un timo da estampiña dos listos aos cobizosos – que vai arruinar o valor das propiedades dos veciños de As Fontaiñas, Garabás e O Bolo, entre outras vilas:
Según lo establecido, el derecho de superficie se constituye para: almacenamiento de maquinaria, almacenamiento y procesado de residuos orgánicos agropecuarios, residuos biodegradables de depuradoras y OTROS.

—————————————————————————————

Outros artigos relacionados con este asunto:

https://www.matarpormatarnon.org/node/1090
https://www.matarpormatarnon.org/node/1089

 

Prensa:

COPE O Carballiño 25/08/2010, cando o alcalde de Cea aínda non sabía como se chamaba a empresa do compost.

 

http://www.laregion.es/noticia/132205/concello/autoriza/actividad/compostaje/

(Desta, 22/09, xa autoriza oficalmente a planta)

 

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/09/11/alcalde-cea-asegura–pleno-dara-licencia–planta-compost-pese-criticas/471940.html

(Desta, 11/09, o alcalde de Cea xa asegura que vai dar a licencia)

 

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/09/02/defiende-planta-compost/469326.html

 

http://www.laregion.es/noticia/130573/vecinos/concellos/limitrofes/contra/planta/compostaje/ilegal/

(Desta, 24/08, o alcalde de Cea aínda "non sabia de nada")

 

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/09/23/galicia/1285272603.html

http://www.galiciae.com/nova/61545.html

 

 

 

3 comentarios

  1. Leendo ese parrafo do
    Leendo ese parrafo do contrato non hai dubida (pra min polo menos, non sei a vos), q canto menos, alguen quixo deixar xa dende o comezo unha porta aberta a máis actividades das que pediron licencia e defenden que se lebaran a cabo…
    E en canto o do solo industrial… qué contamina mais¿?¿ ir todolos dias a OU dende o Carba (15min) ou 350000m2 menos de monte(esto ultimo mais q contaminar, deixa de descontaminar)…tendo en conta q estamos entrando nunha etapa de cambios… automobilisticos…os coches electricos están chegando non ¿?¿? e en calquera caso os combustibles fosiles serán sustituidos…na miña opinión prefiro ter que perder todolos dias 30-60min en viaxes e ao chegar a casa sentarme no valcón e respirar o aire puro q me pode proporcionar 350000m2 de monte galego

  2. Author

    Ben razonado
    Ben razonado o de ir a Ourense, no entanto, postos a cavilar nese aspecto, habería que saber por que a empresa de casas (Las 5 Jotas) deixa Vigo, onde están os mellores clientes, para producir lonxe do seu mercado natural. Ter que transportar materiais, productos terminados, etc. As razóns son económicas, ainda que gasten moito mais combustible. Ali venden os terreos que teñen na Madroa, especulan con eles, porque valen moito e veñen a Cea onde lles regalan case todo, poucos impostos, alcalde de pouco peso e facilmente influenciable, man do obra a 600 euros/mes ou menos (os poucos que contraten porque a maioria virá de Vigo), etc. Gañan en Vigo e gañan en Cea. Perden os veciños de Cea.

  3. valladares non te escudes nos demais
    Bos dias
    Decirlle a o señor ALCALDE, que a pranta ven pra Cea nin máis nin menos por que il quere,e que non trate de xustificar a súa actuacción.
    e explicome.
    Cando se pretende dar tanta explicacions dos trámites …..hay que sospeitar,¿algo hay polo medio?.¿Intereses propios en contra do benestar dos pobos?.
    A historia hay que contala dende un comenzo, non dende lle interesa ao concello.
    Xa sabemos que o que vostede fai e darlle trámite a unha solicitude de licencia, e para non caer en prevaricación( que e o seu deber),como tanto alude,
    comproba que cumple os decretos oportunos e dalle saída.
    Isto e o mesmo que fixeron outras personas que tanto nombra,ca diferencia que eles non eran alcaldes dun pobo.
    Pero que saibamos todos a historia non comenza coa solicitude de licencia, senon que unha licencia non se pode pedir, se non hay terreos.
    Eses terreos que pertencen o pobo das Fontaiñas, no que hay 8 veciños(4 dunha mesma familia),non foron cedidos a empresa hasta consultalo co seu Alcalde.
    O seu señor alcalde faloulle maravillas deste proxecto…
    sospeito que lle diría (non cheira,estalle ven situado pra empresa,danvos cartos por arrendalo e sodes poucos veciños,van collen 10 persoas pra traballar,
    ¿estades sen traballar algun de vós,…..? e polo tanto,,,,,)
    Eu fíome cos ollos cerrados do que nos dixo o Alcalde, palabras dunha veciña.
    Non nos queira enganar señor Alcalde, os terrenos non se arrendarían se vostede non estivese dacordo.E polo tanto nada disto tiña pasado.
    E remato dicindolle non trate de xustificarse e escudarse nos demáis, vostede e o responsable de que todo isto pase no seu concello.
    E xa que din tanto que sexamos serios, comence por ser serio vostede, empezando a historia dende o seu comenzo.
    Non e máis xordo,o xordo que o que non quere ouir.
    Un saudo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.