03/03/08 - Vista no xulgado polos feitos. Os violentos apresentaronse como víctimas, ben asesorados agora resulta que foron os "pacíficos" cazadores, armados e en grupo, os que foron ameazados pola víctima. Esperemos que, quen ten a responsabilidade de xulgar, sexa mais perspicaz que eles.
ARTIGO ORIXINAL:
Hoxe puidemos ver e sentir o perigo. Unha batida de xabarís no Tecor “Santrocado e Cidade”. O mesmo que afirma, nos seus plans de aproveitamento, que hai oito raposos por km2.
O mesmo caso, entre outros, que lle aconteceu a o cidadán morto en Villaba por un tiro. Camiñando por unha pista asfaltada, de repente escoitamos a xauría de cans que se aproxima ladrando. Cando están ben cerca, de repente, e poucos metros mais adiante, un disparo, parecía feito dentro da nosa cabeza. Había menos de 50 metros, como comprobamos despois, dende a nosa posición na pista ata o lugar do tiro, efectuado tamén dende a pista.
O lugar xa é coñecido, unha curva de 180º nunha pista asfaltada, que cruza o previsible camiño de fuga do animal para o seu refuxio.É a cuarta vez que se repite o mesmo feito
O único lugar libre de vexetación que existe nese traxecto e, en consecuencia, o único lugar onde pode ser visto para poder disparar. O resto está cheo de vexetación que impide