Skip to main content

AS PROBAS DO EXTERMINIO ( III )

Posted in

Xa o viñamos denunciando nos artigos "As probas do exterminio" (I) e (II): Os censos de fauna estan sendo manipulados nos Plans de Aproveitamento Cinexético que presentan os Tecores.

Hoxe, "ADEGA" e "Matar por Matar NON" ,realizamos unha rolda de prensa, en Santiago, onde amosamos as barbaridades que se están a certificar neses "Plans", para poder seguir matando uns animais que non hai. Os detalles neste comunicado conxunto.

Conteñen datos tan curiosos como

ELECCIÓNS

Posted in

11/03/08 - O partido antitaurino (PACMA) parece ser que deu a sorpresa en toda España. Europa Press e El País, La Plaza. Que tomen nota os "grandes" e os que nos governan.

Parece ser que o PP non vai poder aplicar as medidas que tiña "programadas" para favorecer a caza. Aínda que posiblemente os cazadores, e con fundamento, teñan a esperanza de que as aplique o PSOE.

O PACMA, que se presentaba para protexer ós animais, acadou 874 votos en Ourense que , para ser a primeira vez , tampouco está nada mal e non se poden queixar da movilización dos amigos dos animais. Ademais haberia que sumar os de IU, que tamén levaba un programa de medio ambiente bastante progresista, así como os de outros partidos á esquerda do PSOE, sen contar o BNG. Entre todos casi acadarían o 8,5% dos votos con casi 16.000 en total solo en Ourense.

E todo sen contar que, moitos votantes dos partidos maioritarios son

INSOLITO...

Posted in

De seguro non se trata do pior que está acontecendo no mundo en termos de maltrato animal. Hai cousas tan ruíns ou piores que esta. A crueldade humana non ten limites.

Ésta e a nova que saiu publicada, en varios diarios.

O que chama a atención é a cantidade de "persoas", ou "membros da especie humana", que participan pasivamente nesta crueldade sen reaccionar. Dende o tarado que ideou o asunto, pasando por quen o autorizou, os responsables do local e, sobre todo, o enorme número de visitantes que asistiron, impasibles, a esta demostración da indignidade que pode acadar a nosa especie.

09/03/08 - Lean o comentario onde, dentro do debate, hai un enlace que inclue unha nota de prensa que, ó parecer, emitiu a Galería.

AFORRAR AUGA - Para a especulación

Posted in

21/03/08 - Non o dicimos solo nós.  

Hai pouco falabamos do mito de aforrar áuga, que hoxe todos nos recomendan, pero que depois é utilizada para novas urbanizacións e para que os especuladores se fagan ricos construindo onde non a hai.

Dous exemplos incomprensibles (hai moitos mais, tanto en Galicia como no resto do País): Un en Miño (Coruña), onde expropiaron terreos a 6 euros e agora venden entre 2.000 e 6.000 o m2, e outro en Aragón. Este último parece cousa de algún lunático.

O razonamento é simple:

1.- É absurdo pedir controle no consumo cando se están a construír

AENA DEPREDADORA

Posted in

20/04/08 - Non o dicimos nós. Eles sábeno de sobra pero preferen gañar cartos facendo "parkings" e destruíndo árbores.

ARTIGO ORIXINAL:

Mentres proliferan os carteis na curva de Peinador, que impiden a visión e distraen ós conductores, (algo terán a ver con os contínuos accidentes nesa rotonda), dedícanse a talar os poucos árbores que ainda humanizaban algo o lugar e os cedros que, hai anos, foron coidadosamente transplantados dende a terminal antiga hasta o aparcadoiro, replantados e asegurados para que enraizaran.

Agora metéronlle a motoserra. Todo para ampliar un aparcadoiro que

MISCELANEA

Posted in

Hai dias que, lendo a prensa, un pode pensar que, o Medio Ambiente, forma parte de unha broma pesada que non chegamos a entender.

Ademais da viñeta publicada no "Faro de Vigo" que acompaña a este artigo, tamén aparecen dúas novas ( 1 e 2 ) relacionadas con manifestacións do Conselleiro de Medio Ambiente.

Por outra banda, as imaxes deste vídeo, falan de "características" dos muiños de vento que nos eran descoñecidas.

ELECCIÓNS - E animais

Posted in

05/02/08 - De un "proletario", con salario "medio", que vai "velar" polos intereses dos traballadores e que se chama Pizarro.

04/03/08 - Da crueldade humana (El País). Aprovietamos o artigo para non esquecer a "solucion final", de Israel sobre Gaza, ante a indiferenza de Países e candidatos.

03/03/08 - Novas INTERESANTES, da Manifestación contra a caza.

03/3/08 - Declaración de Los Verdes y Galgos sin Fronteras.

27/02/08 - Convén saber de que vai a caza: VÍDEOS enviados por Libera (¡Coidado! son moi duros pero é o que hai).

25/02/08 - ¡¡ ATENCIÓN!! O día 01/03, os "escopeteiros" van facer una manifestación contra a lei (tímida) de protección de espazos naturais da ministra Narbona. Queren que os deixen seguir arrasando con todo. Hai actos programados para responder á chulería dos que arrasan os montes e acaban con os animais. Outros xa se fixeron.

22/02/08 - Seica vai haber un partido que se presenta con o único programa de protexer ós animais. Non pensan gañar pero

¡FORA ANIMAIS!

Posted in

27/02/08 - Seguen  assasinando yeguas preñadas. "Estorban nas estradas" ¡país de ignorantes!.

20/02/08 - Morreron queimados e agora, ou morren de fame ou acoitelados. Este é o mundo "moderno" que, os que mandan, deixarán ós nosos fillos.

Curiosa a maneira de contar certas novas na prensa.

Agora os que estorban son os animais. Causan accidentes, invaden as pistas, comen a comida...e eso solo os que son grandes, os pequenos que morren a diario atropelados (35 millóns a o ano) eses non contan.

Hai que acabar con eles. E algún xa anda a tiros con as yeguas preñadas. Posiblemente algún "ecoloxista violento" dos que compran escopetas...

DIA 17 SANTIAGO - E van ...

Posted in

22/02/08 - Album en Picasa que nos envía un colaborador. 

21/02/08 - Excelente vídeo e reportaxe de Marga.

Galería da Manifestación e Carteis Promocionais Galicia século XXI.

Noticia na TVG.

Páxina da organización con toda a prensa (casi).

Vexa o noso MANIFESTO.

Non nos vamos enganar. Os traballadores, e os cidadáns en xeral, non podemos financiar partidos nin poñer gobernos que sirvan ós nosos intereses. Quen pode facer eso son os poderosos economicamente.


O único que nos resta é votar a calquera dos seus representantes que nos ofrecen, nas eleccións “democráticas”, cada catro anos. Tanto monta, monta tanto, todos eles van servir ós mesmos intereses. Así que

ASTURIAS DAS CAVERNAS

Posted in

Despois das amezas vertidas por parte de… “Francisco González Buendía, consejero de Medio Ambiente; Belén Fernández, la viceconsejera; y Cristino Ruano, director general de Recursos Naturales; se reunieron ayer con los representantes de las organizaciones agrarias UCA y ASAJA para tratar la situación del lobo en la sierra del Cuera…” por fin dan remate á existencia do último lobo na “paisaje protegida de la Sierra de Cuera”. Parece que a esa “paisaje” estórballe o animal mais emblemático que resta en Europa.

Cal si de una “valentía” decimonónica se tratara, relatan a fazaña de acabar

Distribuir contenido