Skip to main content

RECOMPENSA : 200 Euros

Posted in

Atopamos unha camada de catro cans no monte. Teñen entre 5 e 6 meses. Procuramos quen os queira adoptar e ofrecemos unha recompensa de 200 Euros a quen poida identificar e levar ante a xustiza ó tarado que os abandonou.

Pretendemos non entegálos á canceira porque os van sacrificar, ademais teñen un valor engadido: Formaron unha auténtica manada, moi unida, onde hai un macho dominante, outro inferior e duas femeas. Teñen unha relación asombrosa e

COUREL Mandan os Cartos

Posted in

Este é o correo que nos chegou dende SOS Courel. Pensamos que non hai nada que engadir e reproducimos o seu contido tal cual chegou. Unha mostra mais de como o diñeiro manda e os políticos entregan, en noso nome e contra nós ,as nosas riquezas:

EN GALEGO
Difunde canto poidas, para que tod@s sexan testemuñas da desfeita do Courel.
Vídeo completo de “El escarabajo Verde” en internet:

O' COUREL, LA JOYA DE LA BIODERSIDAD GALLEGA

Ollo !!! Despois de premer en “ Vídeo”, busca debaixo da pantalla do visor : “parte 1 - parte 2”, e preme en calquera delas

Péchase o círculo macabro

Posted in

morte na estradaAnte as inaceptables respostas que o responsable da Consellería de Medio Ambiente dá ó xornal El País, sobre a falsificación de censos de fauna presentados polos cazadores, autopistas sen pasos de fauna e batidas para matar animais onde éstes son atropelados, debemos saír, unha vez mais, á palestra para informar á opinión pública.

En primeiro lugar dicir que, nun país civilizado, as denuncias sobre falsidade nos datos que presentan os tecores e que permiten cazar un número de animais que non existe, xa houberan dado lugar a o inicio de unha investigación por parte das autoridades competentes- neste caso a Consellería de Medio Ambiente- non só dos casos que se denuncian senón que , tamén, de outros tecores. Se non de todos, a lo menos de unha mostraxe deles.

Nese caso, as autoridades competentes, estarían facendo o traballo polo que se supón que se lles paga e nós estaríamos

Salvemos o tren

Posted in

14/05/08 - Que o saben non é novidade. Falta saber qué é o que pensan facer.

12/05/08 - Nos, así como outras organizacións, coordinados no movemento "Salva o Tren" xa tratamos de avisar á cidadanía mediante as diferentes notas de prensa e a manifestación de Santiago. Agora compre que todos esixamos o que é de dereito. Mal andan con esas medidas, de eliminar tren e facer autopistas, se como din, pretenden reducir a contaminación e as mortes nas estradas.

Artigo Orixinal:

Non é porque o diga a Voz de Galicia , pero resulta curioso que desde o propio sistema nos estean colocando a realidade diante dos ollos e sigamos impasibles. Coraxe do xornalista.
Nos levamos tempo dicindo o mesmo . Somos o País de Europa con mais quilómetros de autopistas e de Alta Velocidade e os últimos en beneficios sociais, salarios, axudas, residencias, etc.


Seguimos con as vías de tren que fixo Franco hai

A morte dos ríos

Posted in

Vetendo no ríoAs nosas “autoridades” preocupadas con os seus grandes proxectos publicitarios, que comen enormes recursos, esquecen que, os nosos ríos están sendo envelenados tamén dende o seu nacemento polos vertidos dos pozos negros (depuradoras lles chaman) que instalan nas aldeas.


Mesmo con o actual sistema de recollida de augas residuais, a solución para evitar esta desfeita é sinxela e ten un custo ben reducido, falta vontade política para levala a cabo.


O s residuos sólidos deses “depósitos” deben ser retirados cada certo tempo, o que case

Destrucción e Cobiza

Posted in

30-03-2008 - (Castellano)- Xa o sospeitabamos, pero agora puidemos comprobar, “in situ”, como Galicia está sendo masacrada sen necesidade e polo solo motivo de que as grandes empresas poidan gañar mais cartos. Todo, por suposto, con o beneplácito de quen debería velar polos nosos intereses e o noso territorio, pero teñen que servir ós intereses dos poderosos.

A construcción de autovías e autopistas está sendo levada a cabo da maneira mais prexudicial para a paisaxe, o medio ambiente e a fauna, porque, as empresas que as executan, fano da maneira mais trapalleira e depredadora que existe.

MORTE NO POLO

Posted in

Tráxica imaxeHai menos de dous anos calculaban que o Polo Norte non chegaría ó ano 2040. Agora xa cambiaron as previsións e, segundo se desprende da última reunión de oceónagrafos realizada en Orlando (USA), parece ser que non vai chegar ó ano 2020.

Eso leva consigo que cada vez morren mais osos blancos afogados porque non conseguen chegar a plataformas de xelo estables. É dicir, desaparece literalmente o chan que pisan.

Os politicos non fan nada porque son uns mandados e, os que mandan, xa están afiando as zarpas para meter o dente nos recursos

NOVA ORDEN DE VEDAS - Outro escándalo

Posted in

Rematou a xuntanza do Comité Galego de Caza, e acordouse a orden de Vedas para o período 2008/2009, esto é o que nos parece:

Queda claro que, por parte dos cazadores, o fin último é que, cantas mais especies e canto mais días se poida cazar mellor. Limitacións cantas menos mellor, van de ecoloxistas, pero queren moratoria para o uso do chumbo nos humedais. Non digamos nada se houbera que prohibilo en calquera tipo de cacería, como sería o lóxico.

O período de caza menor (art.2): déixano como sempre (19/10 ó 06/01), pasan por alto que non hai fauna e os POC está falsificados.

Métodos de caza (art.11): Melloran as masacres. Nos ganchos e monterías agora pódenlle tirar a todo o

Dia Mundial da auga 2008

Posted in

27/05/08 - Interesante artigo sobre a "Trama da auga" de Barcelona.

30/03/08 última hora- Comezan as liortas ca auga. Mentres, seguen autorizando mais urbanismo e teñen programada a "Cidade do Xogo" nos Monegros... veremos de onde quitan tanta auga.

E veña..., en todo los medios: Non hai auga. (Vexa tamén este enlace)

Pero hai autopistas, AVE, Cidade da

MORTES NAS ESTRADAS

Posted in

A saída de semana santa, e só no primeiro día, deixou un raposo, dúas xinetas e un gato atropelados á altura da Cañiza. Habería que estudiar o total de víctimas que a "operación saída" deixou entre a fauna por culpa da falta de pasos adecuados. Seica son mais de 30 millóns ó ano nas estradas españolas.

É incrible que a diario saia na TV e outros medios a, no caso de Galicia, responsable de política territorial, anunciando novas "infraestructuras", que destrúen o noso monte e esquilman a nosa fauna, sen que ninguén faga a mínima referencia á maneira trapalleira e irracional en que se invade o medio natural, sen por os medios mínimos para paliar tanta morte innecesaria.

Distribuir contenido