Skip to main content

España Cañí

Posted in

Hoxe estivemos lendo novas do que acontece nun País de saguinarios e a pregunta é se, con esta xente, os animais terán algún día a consideración que se lle debe nun País civilizado.

Pasen e vexan...

A fe, á Virxe do Rocío, que mata cabalos :

http://www.eltorrenti.com/editoriales/200805/20080516-001.htm

O Ministro Bermejo matando cervos a 6.000 euros día, mais 3.000 por cada peza:
http://www.lanacion.es/?p=5817

http://www.abc.es/20080517/nacional-nacional/bermejo-cazador-cazado_200805170251.html

 

Asturias (E Galicia) das Cavernas - II

Posted in

Xa tivemos que falar noutra ocasión do trato que o "Parque Natural dos Picos de Europa", versión "Asturiana", dispensa ó Lobo Ibérico. Mal pode ir un parque natural que mata ó simbolo da fauna Ibérica e non pode, ou non quere, financiar a súa conservación.

Claro que en Galicia xa van comezar a matar animais porque lles fan estradas no seu hábitat, sen pasos de fauna e agora son "perigo para a circulación vial", xa o denunciamos antes.

Cumpriránlle os cartos para cousas mais "importantes". ¡País!...

Ahí vai a copia literal do correo que nos envía a xente sensible que se ten que preocupar polo que a administración debería coidar e para o que están, cobran e teñen medios dabondo, pero falta vocación e sensibilidade:

Representantes...¿de quén? - II

Posted in

cobizaUn dos últimos abusos que os bancos están cometendo con os usuarios, consiste na negativa a cobrar os recibos de diferentes compañías, a non ser certos días e horas que eles arbitrariamente fixan.


Moita é a xente que despois de unha viaxe ó banco para pagar o recibo da luz, o IBI, teléfono, etc., que non ten domiciliado, deber dar a volta porque no banco non llo queren cobrar e dinlle que hai que ir certos días e a certas horas que é cando os cobran.


Non ocorre así si se vai depositar cartos ou facer outro tipo de xestión para as que están funcionando o horario íntegro de oficina.
A desculpa acostuma ser que é para “mellor organización” e así o fan saber mediante o letreiro que algúns colocan ó lado da caixa.


Evidentemente non ten lóxica ningunha porque,

Biocombustibles e fame

Posted in

29/05/08 - Tódalas novas apuntan que hai que deixar de utilizar, e promover ,o coche particular, para que o mundo non morra de fame (e contaminación). Pero as nosas "autoridades" seguen con a fixación das autopistas e esquecen o transporte público. Hai que "crecer", acabar con todo, e que as constructoras sigan gañando cartos.

Xa o denunciamos hai tempo e, como dicimos sempre, gustaríanos non ter acertado pero, infelizmente, tamén se cumpriron

Representantes...¿de quén?

Posted in

Estaba un paisano a se perguntar a razón de que se gasten camións de cartos e se autoricen concesións e obras que non queremos, que non son primordiais, que derraman o noso medio, que están mal feitas, que rematan con a nosa fauna, que solo benefician ás grandes empresas.

Ó mesmo tempo, tamén se perguntaba por qué non se resolvían os problemas dos ciudadanos, como cultura, educación, xustiza, saúde, terceira idade, transporte seguro e limpo, conservación do medio, salarios baixos,listas de espera...

Cavilaba e cavilaba con lóxica. Se os que administran os nosos cartos son representantes de todos, debe acontecer algo errado para que tomen decisións e outorguen concesións que non queremos, e nos prexudican, cando hai moitas outras cousas que sí precisamos e non se ocupan delas.

Amazonia - ¿brasileira?

Posted in

26/05/08 - Carta de Frei Betto á Ministra dimitida por estar contra o desmatamento.

8/05/08 - Parece claro, polas declaracións de Lula, que están pensando en destruir a Amazonia. O argumento o de sempre, o pobo. Se lle deran ó pobo todo o que gañaron roubando e destruindo os depredadores, estaban todos ricos, o problema é que falan do pobo pero os cartos levanos catro hienas. Ó final vai ser que non teñen condicións de administrar e conservar esa riqueza, a lo menos polo que se ten visto hasta agora.

ARTIGO ORIXINAL:

É útil ler os comentarios da interesante noticia sobre as restricción que Brasil pensa impor ó acceso de estranxeiros á amazonia.
Neles podemos atopar case todas as posturas que dan lugar, no Brasil e no resto do mundo, ó debate sobre a cuestión.


Un tipo de postura, que sempre chama a atención, é a dos brasileiros que

Carballiño e suas miserias - "perrera"

Actualización 03/07/08 - Boas novas e malas. As boas que o sr. Delegado mandou unha empresa para arranxar os viais da canceira, de maneira que se poida distribuir a comida cun vehículo e que non se sigan formando charcas.

A mala, a sra. Concelleira de M.Ambiente prometeunos o fontanero para arranxar definitivamente o asunto da auga pero levamos tres dias sen ela, tendo que repartila como antes, en caldeiros, porque parece ser que é mais urxente arranxar unha fonte que bota torto ou algunha farola que alumbra mal. Non nos parece lóxico...

Actualización 29/06/08 - Onte o traballo dos voluntarios de "Matar por matar, NON" deu os seus primeiros froitos: Xa hai auga en tódalas gaiolas.

Velenos "Naturais"

Posted in

Entre os grandes tópicos da Galicia rural, destaca a crenza de que o que alí se cultiva é do mais san e “natural” cando, posiblemente, os productos das hortas que cultivan os nosos labregos, sexan os mais contaminados e envelenados que se poden atopar.


Parece que esta é unha afirmación gratuíta xa que, os minifundios de Galicia, continúan sendo cultivados a “eixada” e manualmente en case todos as aldeas.
Aínda que esto sexa certo non impide que o afirmado ó principio tamén sexa verdade.É explicámonos:
Os grandes productores de alimentos teñen sido acusados de utilizar productos tóxicos

IBERDROLA "Ecolóxica e verde"

Posted in

18-04-2008 - Ahí tendes unha mostra mais da diferencia que hai entre a publicidade "verde" das "grandes" empresas, que pagan para difundir na TV e a cruda realidade do seu inmoral comportamento.

Consulte a noticia completa aquí.

Para esta empresa, igual que para as que fan "infraestucturas" sin pasos de fauna e para as "autoridades" que deberían facer o seu traballo, os animais non existen e son un motivo de perdas económicas, gastos "innecesarios"e un estorbo.

Mais asfalto

Posted in

Imaxen do día 17 as 7 da maña. Outro accidente causado pola entrada de un animal na autoestrada, que non ten pasos para a fauna.

Xa andan os nosos politicos defendendo os intereses das constructoras e vendendonos a "moto". Cartos dos traballadores para que as empresas non noten a crisis económica, algunha contrata de fora do País, e moita maquinaria que non xera emprego.

Nada de hospitais e residencias ou garderías: Chapapote. Van asfaltar Galicia enteira. Xa non saben onde facer mais autopistas.


Mais autopistas mal feitas
, mais destrucción do territorio, mais invasión do hábitat dos animais, mais parcelamento do monte . Non vaia ser que as constructoras

Distribuir contenido