Skip to main content

Destruíndo o noso patrimonio

Posted in

03-06-2009 - Na verdade os nosos administradores non deixan de nos sorprender. Neste caso trátase de un goberno “progresista”: O de Maside.

Vexa a Noticia (La Región) publicada o día 14/07/2009 .

Vídeo da noticia na TVG de 14/07/2009 .

Na senlleira Paza Maior da Vila, hai tres construccións de alto valor histórico – había catro pero unha tradicional mansión que existía no lugar xa deu paso a un “moderno” edificio de apartamentos – que agora van quedar “integrados” nunha composición da que fai parte unha monstruosa “parada de autobuses”.


A cousa non ten desperdicio, porque a tal “parada”, construída ao custo de 96.000 euros, non solo comparte un espacio de alto valor etnográfico, senón que, para mais “inri”, acaba tapando estas tres construcción clásicas: A “Casa Grande” de Maside, o Edificio do Concello e maila fonte da Praza. As imaxes falan por si solas.


Non solo este gasto absurdo é altamente nocivo para o conxunto da Paza Maior, senón que dificilmente se xustifica pola utilidade que se lle pretende outorgar, unha vez que o transporte público na nosa Comunidade mais ben brilla pola súa ausencia. Terra de chapapote e de coches particulares na que nos transformaron ultimamente.


O esperpento, que multiplica por 16 os custos das antigas “paradas de autobús” construídas, na súa época, polo xa desaparecido Xosé Cuiña, aínda carecendo dos acabamentos que van incrementar o seu impacto visual, xa amosa de sobra o impacto visual que vai ter.

Pero imaxinamos que aínda levará algún letreiro tipo "Concello de Maside" con o cual, no mesmo estilo que "lucen" os bancos de madeira da Vila (antigos "Deputación de Ourense"), os autores da "fazaña" vánse gabar da "mellora".


Non tivo tempo aínda, este goberno “progresista”, de retirar a enorme cantidade de lixo que hai depositado na estrada do Lago a Carballiño, onde, tras mais de dous anos de goberno e a pesar de que foron advertidos a principio do mandato, seguen amoreándose pneumáticos, tubos de plástico, televisores, e lixo en xeral que contaminan a fermosa carballeira que alí existe.


Tampouco arranxaron a desfeita ocasionada na pista de Cimadevila a Maside por ocasión da colocación dos tubos de saneamento.


Nin parece que teñan pensado rematar o enlace do tal saneamento que corre a ceo aberto preto do cruce coa “nova” autovía Maside Carballiño, e desemboca nunha canaleta onde seguen tirados o restos da obra e mailas barreiras de sinalización, con grave risco para coches e peóns. Eso sen falar do “cheiro” que emite.


En cambio, si que se ocuparon de cortar as árbores da praza que hai na cima da Vila, preto do apeadeiro do tren, e con elas os niños das pegas que lles solicitáramos que preservaran. Pois non, deixaron pasar uns días para que o “asunto se esquecera” e despois talaron as árbores e destruíron os niños.


E eso que debemos lembrar que, o actual rexedor, antes de ser alcalde, foi delegado de Medio Ambiente.