Skip to main content

Matanza de raposos 2009 ( VI ) - O que foi denunciado

Posted in

18-01-2009 - Queremos aclarar a denuncia feita contra os campionatos de caza de raposo en Galicia, asi como desmentir as informacións tendenciosas que saen dos organismos que deberían velar polo noso medio e a nosa fauna.


Parte desas declaracións "interesadas" aparecen na última reportaxe de La Voz de Galicia, onde se defende a legalidade desas "competicións". Nós dicimos que, segundo a lei de caza e a orden de vedas, son ilegais e como proba ahí van os artigos correspondentes (poden ver a normativa completa, Lei de caza de Galicia e Orde de Vedas, nestes enlaces):

Da Lei de caza de Galicia :

Artigo 9.–Clasificación dos terreos para efectos
cinexéticos.
1.–Os terreos de carácter cinexético poden estar
suxeitos a un réxime cinexético común ou especial.
2.–Os terreos suxeitos a réxime cinexético especial
poden pertencer a algunha das seguintes categorías:
reservas de caza; refuxios de fauna; terreos cinexeticamente
ordenados (Tecor), terreos cinexético–deportivos
ou explotacións cinexéticas.
.....

Ou sexa, unha cousa é un "Tecor" e outra un "Terreo cinexético deportivo", si se é unha cousa non se pode ser a outra, e os "campionatos" están a se facer en "Tecores".
Vexan agora a diferencia entre ambolos dous (hai mais pero están as principais)

Artigo 13.–Dos terreos cinexeticamente ordenados.
1.–Denomínanse terreos cinexeticamente ordenados
(Tecor) aquelas áreas do territorio galego susceptibles
de aproveitamento cinexético que fosen
declaradas e recoñecidas como tales por resolución
da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes
e nas que a poboación cinexética debe estar protexida
e fomentada, aproveitándose de forma ordenada.
.......

Artigo 20.–Terreos cinexético–deportivos.
1.–Terán a condición de terreos cinexético–deportivos
aquelas áreas do territorio nas que a caza poida
practicarse de conformidade coa lexislación específica
que regule as prácticas deportivas.
2.–As sociedades, asociacións ou federacións de
cazadores constituídas ó amparo da lexislación do
deporte poderán solicita–la declaración de terreo
cinexético–deportivo, para practicar nel a caza cun
exclusivo carácter deportivo, exento de calquera ánimo
de lucro. En ningún caso a actividade ou os
seus resultados poderán ser obxecto de venda ou
comercialización.

.........

Sobre a época de caza e de competicións.
Neste artigo que segue díse que as comepticións para matar animais silvestres solo "durante a tempada hábil de caza".

Da Orde de Vedas 2008/2009

Artigo 9º.-Competicións de caza.
A Federación Galega de Caza ou as sociedades de
cazadores, logo da súa autorización, poderán celebrar
competicións de caza en terreos de réxime cinexético
especial os xoves, sábados, domingos e festivos.
Nas competicións poderán abaterse pezas de
caza silvestres cando se realicen durante a tempada
hábil de caza e ao longo de todo o ano, se se realizan
con caza sementada ou sen morte da caza
.

.....

Artigo 2º.-Período hábil para a caza.
O período hábil para exercer a caza, válido con
alcance xeral, será o comprendido entre os días 19
de outubro de 2008 e o 6 de xaneiro de 2009, ambos
inclusive, na Comunidade Autónoma de Galicia,
coas excepcións que para cada especie se sinalan no
título V de esta orde.

....

d) Raposo (Vulpes vulpes): no período hábil de caza
menor pódese cazar nas distintas modalidades de
caza menor e en gancho. Poderanse autorizar ganchos
para a caza do raposo desde o 31 de agosto ata
o comezo da tempada regular, os xoves, sábados,
domingos e festivos. Así mesmo, entre o 7 de xaneiro
e o 8 de febreiro de 2009, e só nesta modalidade,
poderanse cazar os sábados e domingos en todo o
territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
.

Si queren apurar a lei e considerar "tempada hábil de caza" a excepción que prolonga a tempada do raposo, o que non se pode facer para mais "inri", son "competicións" de caza dese animal. Na caza normal, o animal teria posibilidades de fuxir,na competición un número elevado de cazadores rematan con tódolos animais da zona que cubren. O que escapa de unha cuadrilla, cae invariablemente na zona de caza de outra e acaba morrendo sen remedio.


Como se ve todo un posible fraude da lei, para arrimar a sardiña ós intereses dos cazadores e que estean dando tiros un par de meses mais e acabando coa nosa fauna, gracias á axuda inestimable da Conselleria de Medio Ambiente.