Skip to main content

Matanza de zorros 2009 ( V ) - Denuncia na fiscalía.

Posted in

16-01-2009 - ADEGA E MATAR POR MATAR NON DENUNCIAN ANTE A FISCALÍA AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAZA DO RAPOSO

Por incumprimento da Lei de Caza e da Orde de Vedas deste ano

Compostela 16 de Xaneiro de 2009. ADEGA e Matar por Matar Non denunciarán ante a Fiscalía ao Campionato de España de Caza de Raposo que está previsto celebrar en Rodeiro (Comarca do Deza) o vindeiro 24 de xaneiro de 2009, e está organizado pola Federación Galega de Caza.


A denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente está baseada no incumprimento da Lei de Caza 4/1997 e máis na Orde de Vedas 2008/2009 ambas en vigor actualmente.


Polo que respecta á lei de Caza este campionato de caza de raposo incumpre a normativa en canto a terreos aptos para este tipo de eventos deplorables e aínda que se desenvolve en terreos cinexéticos de réxime especial, estes non están clasificados como cinexético deportivos como se pon de manifesto na lexislación vixente.


Sen embargo o incumprimento máis flagrante é o da Orde de Vedas 2008/2009 no que no seu artigo 9 contempla explicitamente a prohibición de realizar competicións deportivas de caza de animais silvestres fóra da temporada hábil de caza, que no caso deste ano remata o 7 de xaneiro. Esta prohibición expresa é meridianamente clara.


Se ben no artigo 16-1 da devandita Orde de Vedas se permite a caza do raposo entre o 7 de xaneiro e o 8 de Febreiro este permiso só inclúe a modalidade de gancho e non levanta a prohibición para a realización de Campionatos de Caza sobre animais silvestres que aparece explicitada no artigo 9.


Por estes motivos ADEGA e Matar por Matar Non solicitan á Fiscalía de Medio Ambiente que actúa decretando a paralización cautelar do VI Campionato de España de Caza de Raposo que está previsto celebrar en Rodeiro o 24 de Xaneiro. Tamén se solicitará aos membros do Seprona a paralización do evento.


Estas iniciativas non significan que non se vaian a realizar os actos de protesta previstos para o 24 de xaneiro, senón que se manteñen integramente á espera da contestación da Fiscalía.

 

Prensa: El País, GaliciaE, El Correo gallego, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, GZ Nacion, Vieiros