Skip to main content

A inmoralidade das constructoras de autovías.

Posted in

Nova en "La Región" día 29/07/08.

Comunicado conxunto con ADEGA.

Xa foi denunciado noutro artigo e quedou claro que as constructoras das autovías multiplican por centos o impacto visual e ecolóxico, para aumentar os seus beneficios, porque non fan pontes, viaductos e túneles. Aforran quitando terra das encostas, facendo grandes trincheiras e cubrindo os vales coa terra que sacan dalí.


Estes desmontes prodúcense normalmente paralelos co trazado da autovía ou autopista.
O que nunca viramos foi que desfagan un monte enteiro, instalen unha auténtica mina a ceo aberto e transporten a terra para outro lugar. Está acontecendo preto de Santa Cruz de Arrabaldo, encima do lugar de Casardomato.


Están quitando un monte enteiro, cortándoo perpendicular co trazado da autovía de Santiago-Ourense, en construcción, e levando a terra para o acceso á ponte que cruza o Río Miño. Están enchendo con esa terra o tramo entre Santa Cruz de Arrabaldo e a ponte do Río.


Non é posible que non exista ningún tipo de fiscalización para frear os abusos e as inmoralidades destas constructoras. É inaudito que Medio Ambiente, Política Territorial, ou quen queira que sexa, non lles pare os pés a estas constructoras que non teñen reparos en arrasar, sen necesidade, a paisaxe da nosa Terra, por non facer unha pequena ponte, ou viaducto, que houbera aforrado tanta desfeita. Solo lles interesan os cartos e o máximo lucro posible, mentres os “responsables políticos”, que lles pagan cos nosos cartos, miran para outro lado.


Os traballos de desmonte van a toda máquina, non descansan nin para comer.

Vexa outro artigo sobre estas desfeitas:


http://www.matarpormatarnon.org/node/497