Skip to main content

Brasil e o fin da selva tropical

Posted in

Parece evidente que a cobiza, os intereses estranxeiros e a corrupción política están a rematar con o que restaba de selva virxe no Brasil. E aínda que neste artigo tratamos solo desta parte do mundo, non debemos esquecer que o mesmo está acontecendo no sueste asiático e nas filipinas, así como en África e no resto de latitudes onde o fin da selva primaria está a piques de acontecer e con ela un inxente número de especies animais e vexetais, moitas aínda sen descubrir. A cobiza humana destrúe unha riqueza incalculable e que é incapaz de manter ou rexenerar para futuro, para producir e manter unha industria contaminante e mortífera como é o automóbil. Troca ouro por lixo. Na sua insensibilidade e brutalidade nin se lles ocorre pensar na cantidade vida que existe en cada metro cuadrado de selva, que a súa vez sustenta outras formas de vida superirores, e que eles non duvidan en encher de chapapote para facer unha estrada .

http://portal.rpc.com.br/gazetadopovo/vidaecidadania/conteudo.phtml?tl=1&id=772399&tit=

http://bomdiabrasil.globo.com/Jornalismo/BDBR/0,,AA1685198-3682,00-DESMATAMENTO+NA+AMAZONIA+EM+MAIO+TEM+NUMEROS+ALARMANTES.html


http://extra.globo.com/pais/materias/2008/07/15/inpe_desmatamento_na_amazonia_atingiu_1_096_km2_em_maio_leve_queda_em_relacao_abril-547246554.asp


http://www.amazonas24horas.com/content/view/15/48/

http://amazonianamidia.blogspot.com/2008/06/valor-desmatamento-cresce-mais-rpido.html

O grande incentivo para que esta destrucción tomase impulso e se acelerase nos últimos tempos foi o nacemento do novo negocio ligado á producción de plantas dedicadas á fabricación de agro combustibles así como o encarecemento da terras en Europa para plantar arbores de crecemento rápido dedicadas a producción de pasta de papel, como son o piñeiro e o eucalipto, especies que están tomando o relevo da selva tropical, neste e en outros países.
http://www.poderciudadano.org.pe/?p=2054

http://www.prensarural.org/spip/spip.php?breve629

http://www.elpais.com/articulo/internacional/extranjeros/compran/Brasil/kilometros/cuadrados/tierras/dia/elpepuint/20080708elpepuint_7/Tes

http://www2.lavoz.com.ar/08/05/29/secciones/internacionales/nota.asp?nota_id=207516

http://www.freshplaza.es/news_detail.asp?id=8635

http://vocerobolivariano.blogspot.com/2007/06/brasil-magnate-george-soros-compra.html

Os gobernos brasileiros que tanto reclaman a propiedade da amazonia e a non intervención de outros países nos seus asuntos en xeral e neste da amazonia en particular, parece que o que pretenden e negociar esa “soberanía” con o mellor postor, sexa nacional ou estranxeiro. Eso sí ás organizacións ecoloxistas están a lles por “pegas” para que accedan ós lugares da desfeita. Semella que non queren testemuñas incómodos.
Desa maneira estamos a ver que grandes especuladores sen escrúpulos xa están comprando  a precio de saldo grandes extensións de selva tropical e do resto do pais, para dedicalos ó grande e prometedor negocio de matar de fame ós pobos do terceiro mundo para encher os depósitos dos coches nos países ricos.
O poder político no Brasil está ocupado en grande parte por poderosos terratenentes, que lexislan de acordo con o lucro inmediato e que non permiten que se poña freo á especulación con o solo, á gandería destructiva e á acumulación de terras para plantacións que expulsan ós indios e habitantes do rural, e nelas sementan cana de acucar, soia, eucaliptos e demais monocultivos que precisan enormes extensións de territorio e que non van conseguir alimentar tampouco o enorme parque automobilístico mundial. Predican  a soberanía do país e por detrás véndeno ós especuladores estranxeiros.
O Brasil conta con unha extensa e eficaz rede de vixilancia por satélite (http://www.inpe.br/) dos seus recursos e do seu territorio, os problemas e lugares están perfectamente definidos e localizados, teñen recursos de sobra para atallar a desfeita (http://www.cpap.embrapa.br/publicacoes/online/BP62.pdf) , así que, o feito de que non se pare esta destrucción, solo pode ser atribuído á falta de interese e ós motivos económicos que dominan a unha das clases políticas mais corruptas do mundo.
Con protectores e “nacionalistas” dese calibre, ó Brasil e á riqueza natural do seu pobo, non lle compren inimigos.
Parece evidente que o mellor que podería acontecer, para preservar esta riqueza toda dos carroñeiros que están acabando con ela, sería un acordo internacional que non lles permita continuar con esta desgracia irreversible.

Vexa outros artigos sobre o asunto:

http://matarpormatarnon.org/node/507
http://matarpormatarnon.org/node/492
http://matarpormatarnon.org/node/296