Skip to main content

Carballiño: problemas e solucións da canceira

- 08-07-2008 - Despois de mais de dous meses subindo a diario á canceira e traballado alí, algúns días hasta as 11 da noite, pensamos que temos condicións e datos dabondo, para facer un análises polo miúdo da problemática que existe.


A canceira ten case 200 cans repartidos en  35 gaiolas, de entre catro e vinte cans, dependendo do tamaño das mesmas. Hai gaiolas de uns 60 m2. (dúas) outras de 40 m2. ( seis), de 30 m2. (seis), de 15 m2. (dez) e de 10 m2. (once). Os machos están separados da femias, aínda que temos visto manifestacións de xente que o ignora, non coñecen o lugar e pensan que están mesturados.


Estes locais hai que limpalos con cepillos de lixeiro, varrer os excrementos, recollelos con unha pala e levalos a outro lugar sen determinar, porque non hai un lugar axeitado para tal deposito, polo que existen diversos montes de residuos, en diversos lugares da instalación.


O problema é que, como non hai auga, os excrementos brandos repártense  polo piso e non se poden remover o que, unido ós restos de comida e pelo, forma unha cobertura de sucidade.


Calquera pode imaxinar que este traballo, aparte de que é imposible que quede ben feito, precisa de bastante man de obra para levalo a cabo tódolos días. Pensamos que sería preciso unha persoa, traballando o día enteiro, para facelo como é debido.


Despois de varrer, sería conveniente limpar con auga a presión e desinfectante para remover os excrementos brandos e o cheiro. É o normal e non se trata de ningún luxo como moita xente pode opinar. Esto non se pode facer, porque non hai máquina de lavar, nin luz nin auga.


Feito este traballo, hai que repartir auga (as veces antes de nada, porque os animais poden esgotar a auga durante a noite, sobre todo no verán). Como non hai auga corrente, este traballo é feito mediante o transporte da mesma con caldeiros, gaiola por gaiola, e encher os depósitos onde beben os cans. Previamente, estes depósitos deberían ser limpos de pelos, terra, e as veces mexo dos propios cans, o que nin sempre hai tempo para facer, razón pola que moita desa auga está con mal cheiro ou deteriorada. No verán, os fins de semana e festivos, hai que subir a canceira para ver que non falte auga.


Tres días á semana hai que ir a Coren buscar a comida e repartila con carretillas polas gaiolas. O mal estado do piso non permite facer o reparto con a propia camioneta.


Hai que recoller cans abandonados (o que implica as veces mais de dúas horas fora do recinto), aplicar menciñas os enfermos (fins de semana incluídos), desinfectalos (animal por animal) mediante a pulverización de antiparasitarios con unha máquina de sulfatar.
E todo esto non se pode deixar de facen ningún día, mesmo que algún traballador estea de baixa (o que está acontecendo, por exemplo, agora mesmo) porque o que non fai un deberá facelo outro, xa que si lles falta auga ou comida, os animais pelexan e prodúcense mortes. De feito, o maior número de cans mortos acontece nos fins de semana.


Pois ben, informamos a tódolos que queiran opinar sobre a canceira, que hai dúas persoas contratadas para traballar nela e facer todas estas tarefas mínimas. Solo. E hai que pensar que tamén se debería ter tempo para levar cans as feiras e polos en exposición para que sexan adoptados, facer campañas de adopción, darlles un baño de cando en vez, cepillalos, procurar voluntarios para que os saquen das gaiolas algún día á semana e os leven a dar un paseo ,etc. o normal de como habería que tratar ós animais por parte de unha sociedade civilizada e que non costa tantos cartos como se pode pensar.


Ata hai dous meses atrás, en que unha delas renunciou o seu posto, ámbalas dúas facían estes traballos todos e se unha faltaba a outra tiña que facelo de igual maneira. Ou eso ou cans mortos por pelexa, falta de auga ou de comida.


Agora hai outras dúas persoas aínda que, por unha cousa ou outra, o traballo solo o fai unha delas, ademais e como dixemos, o traballador mais antigo, neste momento e desde o venres pasado, está de baixa. Nesas condicións moitas veces a comida botase sen quitar os excrementos, hai bebedoiros sen auga, hai cans feridos que pasan horas ou días (si se trata de un fin de semana) sen ser  atendidos, hai outros que non reciben a medicación, pasan semanas se que os animais sexan desinfectados, etc.


No tempo que levamos indo á canceira, dedicámoslle mais de 12 horas diarias e hai días que non se pode saír hasta as 10 ou 11 da noite, si se quere deixar todo atendido. A razón é que estamos intentando poñer a funcionar todo o necesario, de maneira que o traballo sexa mais doado e ao mesmo tempo estamos axudando nesas tarefas todas que é imposible que sexan feitas por solo dúas persoas, ou moitas veces solo unha, durante as oito horas de xornada laboral.

Gustaríanos estar solo mellorando o sistema de traballo e as instalacións, pero somos incapaces de deixar os cans sen auga ou comida porque non houbo tempo de que os traballadores fixeran todo no seu horario. Así que , cando rematamos parte do traballo nas melloras, repasamos as gaiolas para verificar se funcionan os bebedoiros automáticos que arranxamos, se hai auga nos depósitos de auga antigos, por se fallan os automáticos que aínda están en probas, se hai comida, se houbo algunha pelexa e hai que curar algún animal ou cambialo de gaiola, etc. como sempre aparecen cousas dese tipo, hai que facelas e pásanse as horas...


Neste tempo conseguimos por en funcionamento o depósito de 5000 litros, que se instalou na última reforma, porque ata o de agora estaba sendo utilizado un depósito de auga provisional, que enchen os bombeiros e que ten unha capacidade de 2000 litros.

Ocuparse de que non falte auga tamén é función do ou dos traballadores. Deste deposito pequeno salia a auga para repartir nos bebedoiros.


Dentro do que pode, o electricista do Concello está a nos botar una man. Prometéronnos que iría facer certos servicios na canceira, pero a realidade é que pouco tempo nos pode dedicar. De todos modos, entre outros servicios, colocou válvulas na saída do depósito grande, xa que éste non tiña maneira de ser pechado en caso de perda de auga ou rotura na instalación.


Porque estámonos atopando con que hai innumerables deficiencias na obra, como grifos que non se poden abrir porque petan na parede, arquetas de residuos que non teñen saída, tubos negros de auga expostos ó sol, por fora da parede e que ocasionan que a auga chegue quente os bebedoiros, bebedoiros separados da parede o que ocasiona que os cans coman os tubos que van hasta eles porque son de plástico etc. e que pensamos que son responsabilidade que quen as fixo e cobrou, aínda que non é a nos a quen corresponde esixir as correspondentes responsabilidades nese sentido.


Tamén limpamos o depósito grande e colocamos un filtro no interior del porque, durante estes anos, caeron ratas dentro, morreron un par delas no deposito e outras metéronse nos tubos da auga, razón pola que,de vez en cando, hai que desmontar parte dos tubos e desatascalos.


Revisamos tódolos bebedoiros automáticos e, aínda que fallan moitos por falta de presión da auga e de levar tanto tempo sen ser utilizados (están resecos e moitas pezas bloqueadas) a maioría vai funcionando, pero tódolos días hai que desmontar dous ou tres.

Compramos e colocamos mangueiras en cada gaiola, de maneira a non ter que transportar auga para os bebedoiros antigos.


Agora estamos probando a utilización de unha limpadora a presión alimentada con un xerador. Xa temos a proba practicamente finalizada, aínda que hai un pequeno problema con a falta de presión de auga.


Das nosas reivindicacións, resultou tamén o interese do Delegado da Consellería de Medio Ambiente en Ourense, Sr. Fumega, quen mandou urbanizar o piso da instalación e están botando formigón nos viais, para poder circular por eles. O traballo está bastante adiantado.


Con todo, tampouco hai un cuarto de baño, nin almacén, nin oficina para se recoller cando chove ou para levar un listado e fichas de gaiolas, animais etc. Tamén sería preciso unha sala de curas onde ter as menciñas, que agora están almacenadas en caixas e sen condicións de hixiene. Estamos facendo xestións para ver se conseguimos estas instalacións.


Se alguén pensa que todo esto é luxo ou pedir de mais, é moi libre, pero creemos que a maioría de persoas con un mínimo de sensibilidade, con un mínimo de respecto polos animais e con un mínimo de cultura, están de acordo en que é o mínimo imprescindible para atender ós animais nunha sociedade civilizada.


Outra cuestión que tamén debemos sinalar é que, a canceira, aínda que é unha instalación municipal, non é o lugar mais indicado para “colocar” xente, no mesmo sistema en que se fai con un obradoiro ou unha oficina e que temos a costume de ver moitas veces. Naqueles lugares o traballo pode esperar e se non se fai hoxe, como costuma acontecer, queda para mañá. Aquí non , aquí hai que facer todo o traballo e tódolos días. Sen excepción.


Así que o traballo aquí é duro, sucio e non pode quedar sen facer, porque hai seres vivos de por medio. Se alguén non o quere facer porque lle da noxo, porque pensaba que sería unha clínica aséptica e con aire acondicionado, se quere un emprego e non quere traballar, se non está acostumado a limpar, ou se ten outros asuntos que atender, debe procurar outro emprego.

E quen utilice a seu poder político para facer ese tipo de “favores”, con promesas de que non se vai manchar, que saiba que vai prexudicar ós animais, a os demais traballadores, vai desanimar ós que están cumprindo e vai ocasionar mil problemas de falta de coidados, maltrato os animais, abandono de tarefas básicas e fundamentais, etc.


Infelizmente, os pobres dos animais, sofren, pero non se poden queixar nin presentar reclamacións. Así que tamén debería estar alguén controlando horarios, tarefas, asistencia, puntualidade, necesidades, solucións, etc. na propia instalación, porque “quen engorda o boi e o ollo do dono”... e as cousas solas ou non funcionan, ou funcionan mal e, neste caso, as consecuencias son bastante tráxicas.


Xa tivemos ocasión de escoitar as opinións de quen pensa que os cans hai que matalos, que non se debe gastar cartos con eles, etc.. e que normalmente son os mesmos que os deixan abandonados. Pero aínda que esa especie abunda en demasía na nosa terra, a mensaxe para os que pensamos doutra maneira e temos outro tipo de sensibilidade é que non se abandonen cans, que non se compren, que se adopten e, quen poida, que colabore na canceira, que mande alimentos, que axude nas adopcións buscándolles dono, que suban, leven unha correa e un colar e saquen algún can a dar un paseo pola Medela que é un sitio con moi boas vistas.

Artigo sobre o estado orixinal da canceira e informe de Adega, neste enlace.