Skip to main content

Comezan os tiroteos

Posted in

13/07/08 - Nova na Voz de Galicia. Sairon para  cazar xabarís, que "hai moitos", pero non atoparon nin o primeiro. Son un perigo para os coches, porque constrúen estradas por tódolos lados, non deixan pasos para a fauna e agora botanlle a culpa ós animais. Pero non pasa nada, os cazadores divertíronse, anduveron asoballando o monte en época de cría, molestaron ós demais animais, puxeron o monte en risco de lume e van voltar outro día, que se non atopan xabarís atoparán outra cousa para lle dar un tiro...Por certo, hoxe en día, ten o millo derramado quen non pecha a finca, que sai ben mais barato que andar organizando batidas, así que disculpas para organizar "cazatas" sí, pero que non pensen que enganan a alguén.

Artigo Orixinal:

Coa desculpa dos "danos", a Consellería de Medio Ambiente xa comeza a dar "regalos" ós cazadores.

Non se importan de que nesta época do ano hai moitos animais que se están reproducindo, de que hai risco de incendios, de que ninguén que ande polo monte conta con se atopar con batidas e con cazadores o que pode provocar accidentes, con que hai outras solucións para evitar os "danos" que producen xabarís que eles mesmos introduciron no monte galego, etc. O caso e dar tiros o ano enteiro.

Xa temos reclamado, moitas veces, que a caza sexa en unha determinada época do ano e non que, arbitrariamente, se autoricen batidas en épocas fora desa temporada, porque os demais tamén temos dereito de ir ó monte sen estr sometidos a rixcos innecesarios.

Os xabarís foron introducidos polos cazadores porque acabaron con as demais especies, sobre todo de caza menor, que existían no monte, e agora "véndennos o favor" de "salvarnos" dos danos que causan.