Skip to main content

O Polo derrétese este ano

Posted in

O final non vai ser no ano 2050 nin no 2020. Parece que o Polo Norte vai estar derretido este ano mesmo.


Esta semana, mentres o pais enteiro estaba narcotizado con a gloria de “españa” no campo de fútbol, mentres o peor entrenador da selección pasou repentinamente a ser o mellor de toda a historia da mesma, o parlamento da nación aprobou a adhesión do noso País ó Tratado de Lisboa – aquele que quere que traballemos 65 horas semanais, privatización de servicios públicos, etc. e que foi rexeitado en referendum por Irlanda – o petróleo acadou os 142 dólares por barril e a luz aumenta en torno ó 7% a partir do día 01 de xullo.


As tremendas consecuencias da desaparición do xeo do polo, pola nula relevancia mediática que acadou, parece que non ten maior importancia, pero é posiblemente a mais brutal noticia sobre a perniciosa influencia da actividade humana sobre o clima da Terra. A pesar de eso non tivo divulgación algunha por parte da prensa maioritaria, posiblemente para que a cousa pase desapercibida, a final de contas os amos desa prensa e do resto do mundo, son os mesmos que están ocasionando a desfeita.


Tamén cabería esperar que saltaran tódalas alarmas do poder mundial, e se reunira o Consello de Seguridade de NN.UU. para tomar medidas urxentes como a paralización total das emisións, a prohibición de utilizar vehículos particulares, a limitación dos voos que non sexan imprescindibles, o peche provisional das industrias mais contaminantes, etc.


Tamén habería que pensar en organizar expedicións que recollan tódolos animais que van morrer afogados no inmenso océano glaciar ártico, por causa da falta de xeo e das enormes distancias que terían que salvar para chegar a terra firme. 


Pois vai ser que non. O que están argallando as “altas esferas” é a maneira de como van empezar a sacar o petróleo e os minerais que están debaixo do casquete polar. Os mesmos delincuentes ecolóxicos e criminais medio ambientais que están acabando con o mundo, a base de que se consuma cada vez mais (crecemento económico) e que están agora preocupados porque ese “crecemento” no consumo da Terra está en “recesión”, pouco se lles da que acabemos todos afogados mentres eles continúen gañando cartos e vendendo todo o que arrancan das entrañas da Terra.


Haberá que ir pensando en como pararlles os pes a estes tiburóns, amos do mundo e dos gobernos, porque eles están cegos con a cobiza e, na súa loucura, van destruír a mundo e a maioría dos seres vivos, especie humana incluída.