Skip to main content

Estradas envelenadas e lumes

Posted in

Nesta época, circulando pola autovía de Ourense a Vigo, e por moitas outras, observase perfectamente que hai unha faixa de un par de metros, a ámbolos lados do asfalto, que está completamente seca por causa do herbicida que se lle botou.
Xa case é unha costume nesta época do ano denunciar este tipo de actuación, por parte da Xunta e de Fomento, que non elimina as herbas, ten un impacto visual totalmente negativo porque tería mellor aspecto a herba verde e as flores e aínda incrementa o risco de incendios. Non esquezamos que é nas autoestradas e autopistas onde comezan moitos lumes, precisamente por causa desta vexetación seca que queda despois de lle botar herbicida.
Como xa se denunciou outros anos, e tamén hai artigos deste ano denunciando os feitos, solo nos resta dar a coñecer esta estupidez, unha mais, de algún “i-responsable” ó que pouco lle importan as queixas dos cidadáns ou dos medios de comunicación e continua a facer o que lle da a gana. Ou sexa, dar cartos a gañar a algunha empresa que debería estar desbrozando e retirando os refugallos,  envelenar o noso medio, e axudando ós pirómanos.
Reproducimos as declaracións dos responsables de Política Territorial nas que afirman que non hai riscos para a saúde, así  como dun par de estudios sobre os herbicidas e a súa toxicidade.