Skip to main content

Vendendo o País

Posted in

Actualización 24/06/08 -  Cristalina explicación dos "tejemanejes" que se están dando con a "construcción europea" e os intereses que existen.

Artigo Orixinal:

A Federación Ecoloxista Galega denuncia o tremendo impacto medioambiental do “Plan eólico" de Galicia…
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=8995 (Plan eólico FEG)

Verdegaia, igual que fixemos nos, denuncia que se dilapiden 16.000 millóns de Euros en facer 1.500 quilómetros mais de autoestradas en Galicia, que destrúen o noso territorio,contaminan e matan, en lugar de facer liñas de tren de proximidades.

http://www.vieiros.com/nova/67173/o-plan-director-de-estradas-de-galiza-afondando-no-camino-a-insustentabilidade

Mentres gastan os nosos cartos en dar lucro ás constructoras e as eléctricas, facendo mais autopistas e AVE, o lixo amorease nos “parques medio ambientais”, eufemismo para denominar os vertedoiros.

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Desbordados/basura/elpepuespgal/20080616elpepisoc_2/Tes

A democracia do capital meteunos o “gol” do Euro no que nos aumentaron os prezos mais de un 70%, a xente espabilou e votou que NON á Constitución europea despois de ler a letra pequena (xornadas de 65 horas semanais, condicións laborais dos países do leste, etc.) . Á vista do “inconveniente”, fixeron o “Tratado de Lisboa” para seguir con a súa de rematar cos dereitos laborais dos traballadores e decidiron aprobalo nos parlamentos (caso de España), que eses sempre votan o que queren os empresarios e non o que quere o pobo (lémbrese a guerra de Irak). Como agora Irlanda votou que NON a ese tratado, xa están cavilando como seguir na súa, e pasar polo “arco do triunfo” as votacións.

http://www.attacmadrid.org/d/9/080614001516.php

Xa que queren repetir as votacións hasta que saia o SI, tamén hai quen reclama que se volva votar de novo nos países que o resultado do referendo foi o SI, caso de España, para ver se non cambiaron de idea a vista da que “nos está caendo”.
http://www.nodo50.org/info/Irlanda-dice-NO-al-Tratado-de.html

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/06/16/00031213643415786554379.htm (Non de Irlanda)

E como as modas para que os empresarios nos espreman o mais posible logo se corren, agora tamén vamos ter que pagar por “recibir” chamadas de telefono...

http://www.elmundo.es/navegante/2008/06/16/tecnologia/1213609683.html (Pagar por recibir chamadas)

Eso ademais da suba da electricidade

http://www.elpais.com/articulo/deportes/Espectacular/alza/bolsas/aumento/tarifas/electricas/elpepidep/19860301elpepidep_19/Tes/

moi por encima do que nos subiron os salarios. Estes soben de acordo coa inflación “prevista” (¿prevista por quen?) e os empresarios e o goberno aínda están pedindo mais “moderación salarial”

http://www.elmundo.es/mundodinero/2007/12/18/economia/1197986281.html (moderación salarial)

http://www.gara.net/paperezkoa/20080615/82456/es/La-jornada-laboral-65-horas-UE-es-mas-larga-desde-1870

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008053100_10_194791__ECONOMIA-Gobierno-aplaza-2011-nueva-alta-tension-Asturias-Madrid

E todo eso con gobernos “progresistas”...

Queremos dicir que, goberne quen goberne dos partidos que xa gobernaron ou poden volver gobernar, acaban sendo os mesmos cans con diferentes colares.
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=64331 (PPSOE)

http://www.otromadrid.org/articulo/4867/ppsoe-elecciones-espana-entre-ultraderechas/

O que goberna fai o que lle mandan os empresarios e o outro ládralle na orella. Se alguén dubida, que mire o que pasa onde goberna calquera deles e que repare que o outro vai sempre “arranxar” o que , segundo eles o outro está facendo mal. Nos lugares onde goberna o outro, pasa exactamente o mesmo.
O xogo consiste neso, un deles métenos a”vara”, e o outro fai “oposición”. Pero o final, en ámbolos dous casos, os que teñen que gañar sempre gañan e os que temos que pagar sempre pagamos.
Vamos ter que ir pensando en que os dous, ou tres no caso dos “nacionalismos”, que xa estiveron no goberno non nos valen e procurar un cambio de verdade, sexa o partido humanista, esquerda unida, ou calquera que aínda non teñamos probado, porque os que probamos solo nos venderon.