Skip to main content

Arrasando Galicia ou Representantes de quen...

Posted in

O Touriño (ou quen manda nele) parece que toleou. Mentres todos demandamos tren de proximidades, mentres o petróleo se acaba e os combustibles están polas nubes, mentres España non consegue disminuir as emisións de gases de efecto invernadeiro e mentres Galicia está arrasada por autoestradas, ele agora anuncia que vai facer 1.500 km. mais de autoestradas e invertir 16.000 millons de euros (por certo a 10 millons de euros por quilometro... antes eran 6 ).

Vexa aquí a nova completa.
Mentres, as listas de espera de sanidade continuan.
Parece que é hora de denunciar a estes "comisionistas" e os intereses que defenden, así como pedir a súa dimisión.

Xa aseguraron hai tempo que irían incrementar a licitación de obra pública para compensar o parón da construcción. Así de claro... O asunto é que as empresas non noten a crisis.

O quilometro de autoestrada viñase calculando a 6 millons de euros, agora xa o calculan a 10.

A construcción de autoestradas e o sistema socialmente mellor aceptado, polo que se transferen enormes cantidades de recursos, procedentes do traballo, para as grandes empresas.

O sistema de construcción, segun temos denunciado, procura o mínimo de traballo e o maximo de lucro, con un impacto medioambiental tremendo. (lea aquí o artigo "Destrucción e cobiza")

Asusta que, vistas as carencias socias existentes no noso País, se continue achegando esa inxente cantidade de recursos para obras perniciosas para o medio ambiente, a mobilidade e a sostibilidade enerxética. Solo a imposición dos intereses das grandes constructoras, por enriba das necesidades sociais, xunto con a supeditación dos políticos a eses intereses, poden explicar tanto desatino.

Non se adica un céntimo a trens de proximidades, a pesar da sua urxente necesidade.

Tampouco a crear empresas que xeren postos de traballo, a pesar do enorme problema de paro existente. As autoestradas, solo empregan algunha excavadora e uns cuantos camións, a veces de fora do País, xa que o sistema de construcción limitase ao movemento de terras, sen pontes nen túneis, destruindo e cortando o territorio. Ou sexa, moito lucro para as empresas e nula man de obra ocupada.

Agora asistimos ao incremento dos custos de case o 100%, nesas obras, cando os salarios veñen caendo ano tras ano, e incluso se plantexa á volta da esquina, a xornada de 65 horas semanais.

Están reforzando o poder dos empresarios e debilitando o dos traballadores, con o cual cada día estaremos mais obrigados a aceptar as condicións laborais que eles, unilateralmete, nos queiran impoñer. Será unha cuestión de sbrevivencia.

Están destruindo Galicia con obras innecesarias e que teñen un tremendo impacto medio ambiental.

Están gastando os nosos cartos en estradas que pouco se utilizan, mentres carecemos de axudas sociais, axudas para dependentes, residencias, sanidade eficaz, etc.

Esquecen o tren de proximidades, futuro do transporte eficaz, porque ás empresas interesalles mais construir autoestradas.

Todos nos deberiamos perguntar o que se podería facer para mellorar a calidade de vida do pobo, con os enormes rescursos que se están malgastando en AVE e en autoestradas.

 

Vexa mais información sobre o asunto nestes artigos: Transporte.