Skip to main content

Dia Mundial do Medio Ambiente - 5 de xuño

Posted in

O Día 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Fixemos un percorrido polo que acontece na nosa terra, e parte do estranxeiro, na véspera dese día.
O primeiro que nos chamou a atención foi o estilo da web que ten o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. Non parece que teñen gastado moitos cartos nela. Como se non quixeran que teña moitas visitas.


En Galicia atopamos a publicidade política de sempre, que consiste en vender ós paisanos estradas ( “infraestructuras”) como equivalencia de desenrolo e progreso. Aí anda o noso presidente inaugurando pontes e anunciando mais estradas para rematar con o Medio Ambiente de Galicia.

Cando o mundo ve o fin da era do petróleo e cando se anuncia que España aumenta, en lugar de diminuír, as emisións de gases efecto invernadoiro, en Galicia seguimos presumindo de que imos “progresar” a base de estradas para que nos matemos conducindo. De trens de proximidades nada de nada, aínda que cada día son mis reivindicados polo pobo galego.


Neste asunto, o goberno central tamén segue a incentivar o uso do automóbil, para que no perdan cartos as revendedoras, mediante a reedición do “plan renove”. Non saben inventar algo inédito e orixinal, como carrís bici, transporte público, etc. Algo que non contamine nin mate xente.


Por exemplo, xa que temos os montes de Galicia cheos de muíños que matan as nosas aguias, ademais de outro tipo de fauna, como morcegos, etc. e o resto da xeografía chea de liñas de alta tensión (e as que aínda van facer) Poderían abaratar a luz que xeramos aquí e, ademais, pagamos a prezo de ouro. Pois non, a eles permítenlles subir por encima do IPC, porque eso seica non xera inflación. Se nos soben os salarios sí que se xera inflación, así que os salarios soben un 2% e os prezos por enriba do 4, para que as empresas renoven os seus beneficios por enriba do 37% do ano pasado. Eso sí, a desfeita sábena vender moi ben os políticos, que para eso están, e din que algúns non van pagar luz. Ós que lle toque esa sorte, que nos lo conten. Os demais xa podemos contar con unha suba por enriba do 10%. Ó tempo.


Polo demais, en Galicia, poucas novidades. En Cangas, aparte de anunciar o recheo de Massó para xa, digan o que digan os veciños, anunciase un “porto seco”, para que os barcos non estean no mar o ano todo. Eso sí, o tal porto seco, vaise facer en un novo recheo da ría de Vigo...


Tamén atopamos unhas interesantes paxinas de “safaris” en Sudáfrica e na Arxentina, nos que, ademais de poder matar case calquera tipo de animal, protexido ou non (algúns vale mais de 7.000 euros matalos), tamén hai “interesantes” galerías de fotos onde queda patente a coraxe, astucia, sentimento ecoloxista e admiración polos animais mortos, que senten os que se dedican ó “deporte” da caza. Eso sí, escondidos detrás dun rifle con mira telescópica, á distancia e pillando á victima por sorpresa e na sua rotina diaria. Unha auténtica cobardía.


Como mostra da sensibilidade, cultura e boas maneiras dese grupo de “matabichos”, as declaracións do presidente da revista “Trofeo” de caza, para quen os ecoloxistas son “terroristas”.


Para remate deste percorrido pola actualidade do medio ambiente nesta véspera do seu día, recomendamos a lectura dos premios “Sombra” que outorga “Ecoloxistas en Acción” a tódolos que se dedican, con mais ou menos fortuna, a destruír o medio ambiente.