Skip to main content

Sangre estival en España. Actualizado

Posted in

Logo comeza o verán na terra da pandereta e con ele, a tortura de animais en festas ó xeito da brutalidade de alguns lugares, onde a diversión consiste en facer sufrir a quen non se pode defender.

Como amosan estas fotos, a "educación" comeza cedo.

Pasen a vexan:

Festas sanguinarias

Campaña contra productos españoles, por causa do maltrato animal:

"Para defender a los animales: ¡España, NO gracias!"

Curiosamente, as fotos que publicamos no comezo neste artigo, acaban demostrando a cobardía dos supostos "valentes" que desafían o poder e o perigo do touro.

Podese observar que, nos dous casos que aparecen nelas, un becerro acosado por rapaces e un touro acosado por adultos, os "participantes" teñen bo coidado de que o animal sempre estexa en inferioridade de condicións en relación a o home.

No caso dos rapaces o animal é unha cría de poucos días e sen perigo algún. Posiblemente estexa aterrorizada sen comprender o que lle sucede.

No caso dos adultos, podemos ver a indefensión do touro, que está atado polos cornos, mentres os "mozos" senten tal seguridade que incluso se aproximan a ele hasta o punto de poder tocalo. Saben que apenas corren risco algún.

Durante o resto do acoso ó animal, os participantes estarán sempre en condicións de máxima seguridade e solo un accidente ou un golpe de moitisima sorte por parte do touro, poderá ocasionar que o animal alcance algún participante.

Esa é a tonica xeral de tódolas festas que utilizan animais. Os "valentes" actúan en manada, con lugares para se esconder, con o touro atado, cegado por lume, etc. de maneira que sempre estexa en desventaxa e eles o poidan martirizar sen risco significativo.

Queren parecer valentes pero en realidade son uns auténticos cobardes.

AdjuntoTamaño
Salvaxadas estiavais contra animais..doc342 KB