Skip to main content

Representantes...¿de quén? - II

Posted in

cobizaUn dos últimos abusos que os bancos están cometendo con os usuarios, consiste na negativa a cobrar os recibos de diferentes compañías, a non ser certos días e horas que eles arbitrariamente fixan.


Moita é a xente que despois de unha viaxe ó banco para pagar o recibo da luz, o IBI, teléfono, etc., que non ten domiciliado, deber dar a volta porque no banco non llo queren cobrar e dinlle que hai que ir certos días e a certas horas que é cando os cobran.


Non ocorre así si se vai depositar cartos ou facer outro tipo de xestión para as que están funcionando o horario íntegro de oficina.
A desculpa acostuma ser que é para “mellor organización” e así o fan saber mediante o letreiro que algúns colocan ó lado da caixa.


Evidentemente non ten lóxica ningunha porque, se eles obtiveron a concesión ou a autorización para cobrar eses recibos, deberían facelo calquera día e a calquera hora como sempre aconteceu, é unha actividade mais que eles teñen, que lles da diñeiro e que deben atender durante o horario normal de funcionamento, como outra actividade mais.


Moita da xente que tubo que “volver outro día” estará a se preguntar a razón desa “nova” norma. Vamos intentar explicalo.


Os Bancos, cando cobran os recibos, teñen a vantaxe de que poden operar con eses cartos durante un certo tempo que varía de unha compañía a outra.


No caso do IBI, todos sabemos que acostuma haber un prazo de case tres meses para facer efectivo ese pagamento.


Como a cobiza destas institucións non ten límite, tampouco se conforman con recibir as comisións de cobro que as compañías lles dan e tampouco con manipular e gañar cartos con ese diñeiro durante o tempo que lles cadre. Queren mais.


E mais, é intentar que os usuarios teñamos unha conta corrente na que domiciliar os recibos, así o fan saber no letreiro que mencionamos antes “domicilie sus recibos para mayor comodidad” o que implica que cada seis meses nos desconten as diversas comisións que implica ter unha conta corrente. En lugar de nos convencer polas boas, póñennos atrancos ó pago en “ventanilla” para nos convencer polas malas. Pero hai mais.


No caso de que teña vostede unha conta corrente, tampouco se conforman con gañar diñeiro con os seus cartos e que vostede poida pagar os recibos cando ben lle pete, ou sexa, segundo facemos todos o último día ou o penúltimo. Non, queren mais aínda.


No caso do IBE ou de calquera outro recibo, teñen un prazo de pagamento entre a emisión e o último día de pago. No caso do IBI é de un par de meses.


Durante ese tempo vostede pode dispoñer dos seus cartos hasta o día que vence o prazo de pagamento e ir un par de días antes de que venza e pagalo.


O problema é que ó banco tamén lle interesa quitarlle ese dereito para gañar mais. Así que se vostede ten domiciliado ese pagamento, o banco vaille cargar o importe da contribución o primeiro día do prazo e vai gañar con os seus cartos durante ese par de meses antes de entregar os cartos á facenda pública.


O peor de todo é que, eses prazos que dan para o pagamento sobre todo o Estado, non semella que sexa para nos facilitar as cousas e sí para que os bancos teñan mais tempo os cartos no seu poder, entre a data en que a vostede lle descontan da súa conta e o día que vence o recibo, porque outra explicación non ten que o devandito prazo sexa tan longo. Con unha semana xa valía, pero se amplían o prazo nos días “antes” do pagamento, ou sexa para tras do vencemento, eles non perden nada, porque cobran o día que pretendían, pero facilitan que o banco teña en seu poder o diñeiro por mais tempo. Noutras palabras, que a vostede lle retiren antes o diñeiro.


Agora solo resta preguntarse a razón de que o “goberno” permita estes atropelos e estes abusos por parte das empresas que gañan mais cartos no noso País, que aumentan os seus beneficios de un ano para outro en volta do 35 por cento, que botaron a case todos os seus traballadores á rúa por conta das tarxetas e dos caixeiros, e agora nos aumentaron a “renovación” desas tarxetas un 33 por cento ( de 9 a 12 euros) mentres ós traballadores solo lles aumentan un 3 ou 4 por cento os salarios. Un goberno que sobe os salarios dos funcionarios un 2 por cento porque ,segundo din, de outro modo “aumenta a inflación”, cando, quen subiu os prezos, foron as empresas para aumentar os lucros xa que son elas as que poden aumentar prezos e non os traballadores. Un goberno que lles permite aumentar un 33 por cento a renovación de tarxetas, que non implica xestión ningunha, porque a tarxeta vale para cinco anos e por outro lado permite que ós productores agrarios lles paguen cada vez menos polo leite e polos productos do agro que despois, cando imos compralos, valen cada vez mais.


A resposta, así como unha “medio explicación” de que saia este asunto na nosa páxina, pódese ler no artigo que publicamos hai uns días titulado “Representantes...¿de quén?”

Recomendamos protestar, informar dos bancos que o fan para non ter conta neles e escribir unha reclamación. O Santander de Carballiño practica ese abuso.