Skip to main content

Amazonia - ¿brasileira?

Posted in

26/05/08 - Carta de Frei Betto á Ministra dimitida por estar contra o desmatamento.

8/05/08 - Parece claro, polas declaracións de Lula, que están pensando en destruir a Amazonia. O argumento o de sempre, o pobo. Se lle deran ó pobo todo o que gañaron roubando e destruindo os depredadores, estaban todos ricos, o problema é que falan do pobo pero os cartos levanos catro hienas. Ó final vai ser que non teñen condicións de administrar e conservar esa riqueza, a lo menos polo que se ten visto hasta agora.

ARTIGO ORIXINAL:

É útil ler os comentarios da interesante noticia sobre as restricción que Brasil pensa impor ó acceso de estranxeiros á amazonia.
Neles podemos atopar case todas as posturas que dan lugar, no Brasil e no resto do mundo, ó debate sobre a cuestión.


Un tipo de postura, que sempre chama a atención, é a dos brasileiros que escreben defendendo a publicidade gobernamental. Na redacción do comentario e nas palabras que non dominan ben do español, nótase perfectamente que son oriúndos dese País.


Pois ben, ese tipo de brasileiro pódese dicir que é dos que mais abundan no Brasil. Infelizmente foilles inculcado un nacionalismo irracional e cego, que os ten convencidos de que é o mellor país do mundo e son incapaces de calquera tipo de crítica.

Escoitaron dende rapaces que teñen o maior estadio de fútbol do mundo, que é un dos países maiores do mundo, que é o país mais rico do mundo, que o fútbol mundial existe gracias ós xogadores brasileiros, etc. infelizmente non reparan que, aínda que todo eso sexa verdade, en pouco repercute no ben estar do pobo brasileiro, que continúa sendo un dos mais pobres do mundo, aínda que tamén teña persoas dentro dos mais ricos do mundo. Case se pode dicir que é un dos países onde, a diferencia entre unha elite rica e a inmensa maioría pobre, é a maior do mundo.


Eses comentaristas, igual que unha grande maioría do pobo brasileiro, sempre vai crer que “a amazonia é brasileira” e, sobre todo, o que é peor, que o resto do mundo ten envexa desa riqueza e lla quere roubar. A típica maneira que ten a oligarquía brasileira de convencer ó seu pobo para que se enrolen na bandeira do nacionalismo irracional e non vexan que, quen a eso os induce, son os mesmos que están roubando a amazonia.


Logo hai opinións que cuestionan a medida e se preguntan pola verdadeira finalidade desa medida. Están escaldados e coñecen ben o que acostuma acontecer e todo o mundo, o Brasil incluído, cando non se desexan testemuñas.


É posible que Greempeace - igual que se fixo antes con o caucho que tamén levaron as plantas, mediante a corrupción de funcionarios, para indonesia - poida levar algunha planta medicinal para inventar remedios. Non parece que sexa a súa función, pero podería ser.


Tampouco parece que tal actividade acabe destruíndo o pouco que vai quedando da foresta tropical brasileira e da que son desamatados entre 2 e 3 mil quilómetros cadrados cada ano.
De todos modos, o Brasil como dono desa parte do planeta, ten dereito a impor as medidas que ben lle pareza.


Pero, parece mais lóxico, como se di en algún comentario, que o primeiro que habería que expulsar da amazonia, sería as madeireiras ilegais, os que a queiman para plantar soia , eucaliptos ou transxénicos.


A amazonia leva décadas sendo espoliada por multinacionais estranxeiras e nacionais que, en conivencia con políticos e autoridades corruptas, son os primeiros que reclaman que ninguén se meta ca amazonia, que “a amazonia é brasileira”, etc. para que non lles molesten nos seus negocios. Non queren que as ONG internacionais continúen a denunciar os abusos, cando a sensibilidade mundial sobre o tema é maior, e botan man do pobo para que defenda a “brasileiridade” da amazonia e, desa maneira, destruíla impunemente. Porque non a queren para os brasileiros, quérena para eles e para os seus intereses. Matan por defender o seu beneficio. (Aquí o vídeo).


Como é evidente, eses poderes económicos teñen farta representación nas institucións do País.


As presións dos militares é difícil de calibrar neste asunto, porque lembramos que, durante a dictadura militar no Brasil, deuse o caso de unha empresa de celulosa que transportou por mar, desde Xapón, toda unha fábrica e remolcouna polo Amazonas arriba (Porjecto Jarí) . É dicir, levaron a fábrica a onde estaba a materia prima, non se sabe ben a desfeita que ocorreu entonces. Hai outros casos onde parte desa territorio foi pechado por unha empresa americana, con policía propia, e alí fixeron o que ben entenderon. Non esquezamos tampouco que, o golpe de estado militar de 1964, foi promovido por intereses americanos, que impediron a nacionalización do aceiro por un goberno popular.

Agora andan protestando porque Lula lles cedeu terras ós indios. Esquecen que o Brasil enteiro era deles e agora non hai ningún no goberno, nin no mando do exército.


Parece que o lóxico sería quedarse con o dito ó principio, botar fora primeiro os que están destruíndo milleiros de quilómetros de selva todo los anos e despois que vixíen o resto, porque esa destrucción é a que está acabando con a amazonia, non as ONG`s. Hoxe hai moitos intereses en acabar con a selva e gañar cartos con outro tipo de cultivos e con a madeira.
Os que acaban con as árbores son os que as cortan.