Skip to main content

Velenos "Naturais"

Posted in

Entre os grandes tópicos da Galicia rural, destaca a crenza de que o que alí se cultiva é do mais san e “natural” cando, posiblemente, os productos das hortas que cultivan os nosos labregos, sexan os mais contaminados e envelenados que se poden atopar.


Parece que esta é unha afirmación gratuíta xa que, os minifundios de Galicia, continúan sendo cultivados a “eixada” e manualmente en case todos as aldeas.
Aínda que esto sexa certo non impide que o afirmado ó principio tamén sexa verdade.É explicámonos:
Os grandes productores de alimentos teñen sido acusados de utilizar productos tóxicos nos seus cultivos, tanto para mellorar a producción como para evitar que sexan destruídos por pragas.
Iso é verdade, pero tamén é verdade que, o propietario de unha grande plantación, do producto alimentario que sexa, deberá medir moito a cantidade de producto químico ou biocida que utiliza, porque o seu custo acostuma ser elevado e, nas grandes produccións, tratarase sempre de utilizar a menor cantidade posible, sempre que sexa a cantidade suficiente para o fin pretendido.


Sería bo lembrar, tamén, que os productos vendidos nas grandes superficies e os productos exportados, acostuman ser obxecto de inspeccións sobre a cantidade de productos químicos, potencialmente perigosos, que conteñen. Lembremos que, aínda hai pouco tempo, unha partida de tomates de Almería foi devolto por empresas de Alemaña, con a acusación de que contiñan productos tóxicos en niveles por encima dos permitidos.


Resumindo, e sen tentar defender nin as grandes superficies nin os monocultivos, é evidente que, nos productos que se comercializan neses lugares, hai un certo control da cantidade e tipo de praguicidas usados, así como dos demais productos químicos que conteñen.


Non acontece así con os productos que cultivan os nosos veciños do agro.


Todos sabemos que, a costume, é ir a unha tenda de plantas e alí, baixo o “sabio” consello do dependente de turno, que pode ser calquera, solicitar un producto para resolver o problema que o cliente ten con a viña, os pexegos, ou as herbas da horta.


O normal é que, quen vende, pouco saiba do asunto, aínda que teña nas súas estanterías diversos productos de maior ou menor perigosidade que, a xeito de “farmacéutico”, acostuma recomendar ó interesado, así como a dose aproximada que se debe utilizar.


Tampouco é común ver que os organismos encargados da vixilancia na venta destes productos, leven moito traballo inspeccionando a maneira en que se venden e se utilizan tais velenos. Parece como se fora un asunto menor e de pouca importancia cando, en realidade, eses productos acostuman informar nas súas etiquetas, que ninguén le, e aínda que en letra moi pequena, a tremenda perigosidade dos seus compoñentes.


Lembremos tamén que existe unha lexislación sobre o asunto que, entre outras cousas, prohibe a venta deses productos a quen non teña un carné de manipulador de productos químicos. Carné que é obtido despois de un cursiño onde, a lo menos, lles advirten do letal que son eses productos e do coidado que se deber ter na súa utilización e manipulación.


Pois, nesas “boticas”, despáchanse velenos a cotío sen o mínimo controle. Velenos que, en moitos casos, teñen prohibida a súa manipulación preto de cauces fluviais ou deixar o envase no lixo e a obriga de entregalo nun lugar de productos perigosos. Pero non é solo eso...


Acontece que, os nosos labregos, acostuman chamarlle a eses velenos “medicina”, tanto ten que sexa un herbicida, como un funxicida ou un veleno para matar o pulgón.


Un dos resultados da utilización desas “medicinas” é que, en lugar de colocar a dose recomendada de producto e de auga, o normal é que esas doses vaian por duplicado ou triplicado. Xa se sabe, ó ser “medicina”, canta mais mellor e mais “cura”.


Como, por outro lado, os frascos normalmente son pequenos, case invitan a que se poña todo o contido nunha sola aplicación, para “aproveitar” o gasto e non tirar nada, que en Galicia aínda da pena tirar as cousas.


Despois os envases son tirados en calquera lugar, deixados abandonados na propia finca ou espetados na punta dunha estaca a modo de “espantallo” (como tamén fan con os bolsas de plástico), a máquina de sulfato, que se usa para aplicar o producto químico, é lavada na fonte do lugar e , desa maneira, vaise espallando o veleno por todo o medio ambiente.


Non é de estrañar que os nosos ríos estean mortos, sin fauna, así como o feito de que moitas especies do noso agro desapareceran. Comezouse por utilizar o famoso DDT e o ZZ para o escaravello, o que rematou tamén con as xoaniñas que comían os pulgóns, e agora, están aplicando velenos contra o pulgón, que mata tamén outros invertebrados e envelenan as aves.....


Finalmente, vemos como esta xente e con a mellor das intencións, recomenda e regala á familia, visitas e amigos, o producto da súa horta, convencidos de que son do mais “natural”.