Skip to main content

Mais asfalto

Posted in

Imaxen do día 17 as 7 da maña. Outro accidente causado pola entrada de un animal na autoestrada, que non ten pasos para a fauna.

Xa andan os nosos politicos defendendo os intereses das constructoras e vendendonos a "moto". Cartos dos traballadores para que as empresas non noten a crisis económica, algunha contrata de fora do País, e moita maquinaria que non xera emprego.

Nada de hospitais e residencias ou garderías: Chapapote. Van asfaltar Galicia enteira. Xa non saben onde facer mais autopistas.


Mais autopistas mal feitas
, mais destrucción do territorio, mais invasión do hábitat dos animais, mais parcelamento do monte . Non vaia ser que as constructoras deixen de gañar cartos.

Neste día atopamos esta imaxe na A52, en Barbantes. Aínda estaban tamén os anacos do coche que matou o xabarí, desexamos que non teña habido víctimas humanas. Supoñemos que as novas "infraestructuras" tampuco van ter pasos para a fauna. Trátase de gañar moito e gastar pouco. Fixeron as contas e compensa pagar os danos e as mortes, por non deixar os necesarios pasos para os animais. E eso cando pagan, porque agora hai que ver se "ian os cazadores detras do animal" ou se entrou él solo na autovía.