Skip to main content

RECOMPENSA : 200 Euros

Posted in

Atopamos unha camada de catro cans no monte. Teñen entre 5 e 6 meses. Procuramos quen os queira adoptar e ofrecemos unha recompensa de 200 Euros a quen poida identificar e levar ante a xustiza ó tarado que os abandonou.

Pretendemos non entegálos á canceira porque os van sacrificar, ademais teñen un valor engadido: Formaron unha auténtica manada, moi unida, onde hai un macho dominante, outro inferior e duas femeas. Teñen unha relación asombrosa e sería unha pena separálos.

Se alguén sabe quen os pudo abandonar, que nos mande un correo ou nos chame por teléfono (676 750 768). Deberá identficar os outros dous, que non aparecen nas fotos e prestarse a declarar e identificar, perante a Garda Civil, ó autor da fazaña. De levar o asunto adiante, encargámonos nos.