Skip to main content

COUREL Mandan os Cartos

Posted in

Este é o correo que nos chegou dende SOS Courel. Pensamos que non hai nada que engadir e reproducimos o seu contido tal cual chegou. Unha mostra mais de como o diñeiro manda e os políticos entregan, en noso nome e contra nós ,as nosas riquezas:

EN GALEGO
Difunde canto poidas, para que tod@s sexan testemuñas da desfeita do Courel.
Vídeo completo de “El escarabajo Verde” en internet:

O' COUREL, LA JOYA DE LA BIODERSIDAD GALLEGA

Ollo !!! Despois de premer en “ Vídeo”, busca debaixo da pantalla do visor : “parte 1 - parte 2”, e preme en calquera delas

preme>>Vídeo

Aclaracións ao Sr Conselleiro de Medio Ambiente:

- No Courel hai varias canteiras activas na Rede Natura.

- No Courel hai varias canteiras abandonadas, sen restaurar na Rede Natura.

- Non sabemos de ningunha concesión anulada por a Xunta, dígannos cales.

- Non teñen vostedes ningunha intención de parar a desfeita nin en dez anos, acaban de “regalarlle” unha superestrada ás canteiras de 15 millóns de euros e de 22 quilómetros, coa que están desfacendo metade da Serra.

- Mentres, a estrada dos veciños cara a Autovía, leva 5 anos en obras e só hai un quilómetro asfaltado, de un total de 14, e case sempre está cortada.

- Están vostedes cometendo un erro histórico gravísimo, fíxense que falamos só de salvar un tercio do Courel.

Campaña de recadación de fondos para facer fronte a defensa legal do Courel:

-Agradecemos o esforzo económico e a molestia da xente que xa ingresou a súa apartación na conta de SOS Courel en “La Caixa” . Para ver o nº de conta en >>> http://www.arredemo.info/arredrupal/node/89

- Gracias a estas apartacións xa podemos facer fronte ao primeiro dos recursos en contra da Licencia Municipal de Actividade da canteira “ La Campa”.

- Os fondos recadados serán empregados unicamente na defensa legal do Courel.

- Tamén podes colaborar economicamente mercando o documental “Unha lousa sobre o Courel”, producido por Mabel Rivera e dirixido por Enrique Banet, informarte en >>> http://www.namchefilms.es/namchefilms_000022.html

Vídeo de mostra de “Unha lousa sobre o Courel” : http://es.youtube.com/watch?v=K9JWX48bzGU

Difunde e visita o vídeo de música e imaxes do Courel en Youtube, o vídeo galego máis visto, con máis de 700.000 visitas
http://es.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o

Saúdos

SOS Courel, 4 de abril de 2008
soscourel@mundo-r.com