Skip to main content

Péchase o círculo macabro

Posted in

morte na estradaAnte as inaceptables respostas que o responsable da Consellería de Medio Ambiente dá ó xornal El País, sobre a falsificación de censos de fauna presentados polos cazadores, autopistas sen pasos de fauna e batidas para matar animais onde éstes son atropelados, debemos saír, unha vez mais, á palestra para informar á opinión pública.

En primeiro lugar dicir que, nun país civilizado, as denuncias sobre falsidade nos datos que presentan os tecores e que permiten cazar un número de animais que non existe, xa houberan dado lugar a o inicio de unha investigación por parte das autoridades competentes- neste caso a Consellería de Medio Ambiente- non só dos casos que se denuncian senón que , tamén, de outros tecores. Se non de todos, a lo menos de unha mostraxe deles.

Nese caso, as autoridades competentes, estarían facendo o traballo polo que se supón que se lles paga e nós estaríamos a outra cousa, tranquilos despois de, como cidadáns responsables, ter cumprido con a nosa obriga.

No noso País comprobamos, con sorpresa, que se tenta deixar impunes as violacións da lei, e omitirse nas obrigas legais.

Sobre o fondo do asunto:

1.-É evidente que si se autoriza na “orde de vedas”, documento básico para a caza e para os cazadores, as batidas “por danos á circulación vial”, non se está pensando en “técnicos con cans” e si en que, os señores cazadores, que parece que son os que mandan en Medio Ambiente, vaian ó monte matar animais, porque resulta que son atropelados nas estadas que lles fixeron, cortando o seu territorio, o que implica:
a) Que pensan matar animais, porque cometeron o “delito” de ter que ir beber, comer ou se reproducir, atravesando unha estrada que lles impide os seus movementos naturais e vitais, sen deixar pasos de fauna.
b) Que pensan andar a tiros, preto desas estradas, violando a lei de caza e as “zonas de seguridade”, que hai en volta delas, para prever riscos a terceiros.

2.- Os pasos de fauna xa existen e, conforme nós denunciamos no noso artigo “Destrucción e Cobiza”, o único que fai falta é que non os tapen para que as constructoras, que fan esas “marabillosas” infraestructuras, gañen mais cartos. Sería de esperar que, si se fixeron as obras mal, o que se debería tratar é de arranxar o asunto e non acabar con a fauna. Ou sexa, construír pasos de fauna onde non se fixeron e tornalos obrigatorios en futuras obras. Nas estradas secundarias, para que os conductores reduzan a velocidade, basta con poñer obstáculos que obriguen a facelo.

3.- A administración, neste caso a Consellería de Medio Ambiente, non só pode revisar os POC dos tecores, “sen faltar á ética”, como ademais ten a obriga legal de facelo. O mesmo que a Axencia tributaria revisa as nosas declaración de renda ou calquera outra administración do Estado, os informes que lles presentan. Está previsto nos artigos da lei de caza e no seu regulamento. De feito, con base neses artigos da lei, que incluso teñen prevista a suspensión de actividades do tecor que falsea eses datos, nós xa solicitamos, oficialmente e por escrito, esas revisións e consecuente aplicación da lei, nos casos que coñecemos.

4.- Os costes: é evidente que facer "infraestructuras" (como eles din), ten uns costes elevados, e poñer, digamos, cunetas, tamén ten uns costes, pero a ninguén se lle ocurre facer unha autopista sen cunetas. Con os pasos de fauna pasa o mesmo, solo que son mais importantes que as cunetas, así que, ou se fan ben esas"infraestructuras", pasos de fauna incluídos, ou non se fan, ou fanse en menor cantidade, o que non é de recibo e facer autoestradas sen pasos de fauna. O que tampouco é de recibo é que, quen debería estar esixindo a construcción de pasos de fauna nas "infraestructuras", a Fomento ou a Política Territorial, ou sexa, un responsable de Medio Ambiente, que sexa o primeiro que trata de desbotálas. Así nos vai.

Mal nos vai se ,cando se descobren irregularidades tan estendidas e graves, que afectan dramaticamente ó medio e á fauna, que se tornan do coñecemento público, os responsables de velar por ese medio e esa fauna saen con tais argumento. Supoñemos que hai un Conselleiro de Medio Ambiente que ten a responsabilidade última de facer con que esa Consellería funcione e que os seus responsables fagan o seu traballo e coñezan as súas obrigas.

Agardamos acontecementos, e esiximos que se cumpra a lei que eles fixeron e que , polo visto, é igual para todos.

Aclaración a consultas feitas: O título é porque, neste artigo, vemos como se relacionan, finalmente, todolos asuntos que vimos denunciando últimamente e que atentan contra a fauna e están causando a súa desaparición: Intereses económicos e connivencia.

14/04/08 - Nova en GZ nación.

16/04/08 - Nova en Noticias Galicia.

16/04/08 - Nova na Federación Ecoloxista Galega.

16/04/08 - Nota de Prensa Conxunta con ADEGA.

AdjuntoTamaño
Pata e crías(2).doc298.5 KB
Nota Prensa Pasos fauna.doc138 KB