Skip to main content

Salvemos o tren

Posted in

14/05/08 - Que o saben non é novidade. Falta saber qué é o que pensan facer.

12/05/08 - Nos, así como outras organizacións, coordinados no movemento "Salva o Tren" xa tratamos de avisar á cidadanía mediante as diferentes notas de prensa e a manifestación de Santiago. Agora compre que todos esixamos o que é de dereito. Mal andan con esas medidas, de eliminar tren e facer autopistas, se como din, pretenden reducir a contaminación e as mortes nas estradas.

Artigo Orixinal:

Non é porque o diga a Voz de Galicia , pero resulta curioso que desde o propio sistema nos estean colocando a realidade diante dos ollos e sigamos impasibles. Coraxe do xornalista.
Nos levamos tempo dicindo o mesmo . Somos o País de Europa con mais quilómetros de autopistas e de Alta Velocidade e os últimos en beneficios sociais, salarios, axudas, residencias, etc.


Seguimos con as vías de tren que fixo Franco hai 50 anos, mentres as autovías, autopistas, estradas de todo tipo, etc. proliferan en xa teñen asfaltada a metade do Pais.


Deberíamos estar a nos preguntar a razón de que en Europa, os cidadáns, viaxen en tren tódolos días para ir ó traballo e teñen ferrocarril de proximidades abundante e a prezo razoable, mentres en España seguimos a nos matar na estrada.


A resposta é moi fácil. Facendo estradas gañan as constructoras, a industria automobilística, as petroleiras, os aparcadoiros, etc. perden os animais, o medio ambiente e os traballadores, que nos matamos na estrada indo para o traballo. Como xa dixemos, somos os danos “colaterais” para que o sistema gañe cartos.


¿Por qué os políticos consenten eso cando deberían velar polos intereses do pobo?.
Tamén ten resposta.


Os políticos fan o que lles mandan. E os que mandan teñen organizado o asunto de maneira que, goberne quen goberne, a actividade económica visa sempre darlle os nosos cartos ós poderosos.


Eu teño dous cans que teñen un comportamento moi didáctico en relación ó asunto.


Cando un ten un óso, o outro ladra para ver se llo da. O que ten o óso roe nel e non lle fai caso ó outro. Cando cambian as tornas tamén cambian os comportamentos, o que roía ladra e o que ladraba roe.


Aquí temos un sistema que funciona igual. Hai dous partidos que acaparan todas as posibilidades de mandar, Ámbolos dous teñen clara a súa obriga no momento que están no poder, e ámbolos dous o que deben facer na oposición. O que esta no poder facer o que mais interesa a quen, de verdade, manda no mundo: As grandes empresas. Mentres, o que está na oposición, di sempre que vai resolver o que o outro non fai ben . E así vanse relevando e nós votando a un e a outro pensando que vai cambiar algo.


Estivemos 12 anos con un partido e saímos escaldados. Cambiamos e estivemos outros oito sendo escaldados. Como temos pouca memoria, agora puxemos no poder o primeiro que nos escaldou que, ademais, ten case os mesmos persoeiros como representantes, salvo algúns que mandaron a facer o paripé en Europa.


Son profesionais e son un clan pechado. Vigo, por citar un exemplo, ten de alcalde a un histórico das trapalladas de hai oito anos. Vai rematar con a Ría de Vigo.


Dentro de outros catro anos cambiarán entre eles e nós seguiremos facendo de masocas, cando o lóxico sería que, si un non serve e o outro tampouco, deberíamos tentar con un terceiro.
Sería difícil cambiar, porque os poderosos sempre teñen en seus cadros a quen pode acadar o poder. Forma parte do sistema. Pero a lo menos non estaríamos tropezando sempre na mesma pedra.


Hoxe, por certo, na edición en papel, había unha carta dun concelleiro de un deses partidos, falando dos beneficios de unha autoestrada que pensan facer. Utilizaba a típica colección de lugares comúns: Dinamización, tren do futuro, integración territorial, bla, bla, bla... típico para tapar os ollos e que a xente diga que sí.


De transporte por ferrocarril solo se fala cando a xente xa ve que lle tiran a casa, ou cando ve que non vale nada porque pasan camións a diario diante dela.


Ó final vai ser que Franco tiña razón.