Skip to main content

A morte dos ríos

Posted in

Vetendo no ríoAs nosas “autoridades” preocupadas con os seus grandes proxectos publicitarios, que comen enormes recursos, esquecen que, os nosos ríos están sendo envelenados tamén dende o seu nacemento polos vertidos dos pozos negros (depuradoras lles chaman) que instalan nas aldeas.


Mesmo con o actual sistema de recollida de augas residuais, a solución para evitar esta desfeita é sinxela e ten un custo ben reducido, falta vontade política para levala a cabo.


O s residuos sólidos deses “depósitos” deben ser retirados cada certo tempo, o que case nunca seVertendo na cuneta fai e van parar tamén ós regatos, mentres os residuos líquidos, fíltranse a través de todos os demais residuos e verten continuamente para os ríos e regatos, en algúns casos verten nas cunetas, como xa temos comprobado.


Eses residuos líquidos levan deterxentes e outros productos químicos, que causan a morte de toda a fauna fluvial, ademais de constituír un foco de contaminación, malos cheiros, etc.


Quen mora no rural, xa comprobou que, a abundante fauna que vivía nas marxes dos regatos hai anos, como ras, tritóns ou salamántigas, desapareceron desde que se instalaron as tais “depuradoras”.


Vertendo no ríoHoxe é imposible escoitar, nas noites de verán, o croar das ras que hai poucos anos abundaban nos nosos regatos. No seu lugar non hai nin plantas, porque, os fondos destes regatos, teñen unha considerable capa de lodos tóxicos, que cubre o seu leito.


Esta é a solución que nós propoñemos e que xa tentamos facer chegar a diversos responsables do asunto:


Sería ben barato e rápido, recoller os residuos líquidos das pequenas aldeas, directamente na saída deses depósitos, por medio de unha tubaria de diámetro reducido (uns 7 cmts.) e levar esta tubaria ó longo dos regatos hasta a desembocadura. Esta tubaria podería ir pola superficie xa que, en poucos meses, estaría cuberta pola vexetación e non tería impacto visual nin medio ambiental algún.


No lugar da desembocadura, e ó longo do río principal habería que levar un colector, de un diámetro algo maior, que recollería a totalidade das tubarias procedentes dos diversos núcleos da conca fluvial.


Finalmente, e na desembocadura dese río, e en lugares onde o volume así o aconsellara, debería ser instalada unha depuradora como é debido, que tratara os residuos recollidos nesa conducción principal.


Desa maneira todos os lugares de unha sola conca fluvial que, individualmente, non xustifican unha depuradora completa, terían as súas augas residuais tratadas e estas non se mesturarían con as augas dos regatos e ríos, que poderían correr limpas e separadas das augas sucias.


Claro que as vilas e cidades de tamaño intermedio non poden prescindir de unha depuradora propia, pero parece que estes asuntos, de capital importancia, non ocupan moito tempo de quen debería velar pola saúde pública e do medio.


O Carballiño, vila que xa conta con un “camiño dos arrieiros”, que custou un monte de euros, que se quere constituír na sede do “Instituto termal de Galicia”, que construíu mais vivendas o ano pasado que o propio Ourense, e na que se está a construír un “paseo fluvial” nas marxes do Arenteiro, aínda verte os seus residuos no río Carrás. Asunto que debería ter sido solucionado moitos antes que todos os demais.


Claro que, no servicio de urxencias do centro de saúde, tampouco teñen una aparato de raios “X” para atender accidentes de traumatoloxía.