Skip to main content

Dia Mundial da auga 2008

Posted in

27/05/08 - Interesante artigo sobre a "Trama da auga" de Barcelona.

30/03/08 última hora- Comezan as liortas ca auga. Mentres, seguen autorizando mais urbanismo e teñen programada a "Cidade do Xogo" nos Monegros... veremos de onde quitan tanta auga.

E veña..., en todo los medios: Non hai auga. (Vexa tamén este enlace)

Pero hai autopistas, AVE, Cidade da Cultura, Museo da palabra, Centro de iterpretación de San Ciprian de Las, Capital termal de Galicia , e un largo etc. que serven para: Que o capital especule e transporte os seus productos con os cartos de todos, vendan o litoral e os clientes teñan "infraestructuras" por onde chegar pronto ás urbanizacións, gañen cartos con os campos de golf e nós paguemos a auga e os desagues que precisan, etc. Coloquen os seus amigos neses rimbombantes "inventos" de "interpretación" e "culturais" e, mentres nós aforramos auga, eles derrochana nos seus campos de golf e na especulacion inmobiliaria.

En Ourense e no resto de Galicia xa temos de todo: AVe, autopistas, centos de campos de golf, e "institucións" como as ditas antes, pero os pobos e aldeas seguen vertendo as augas fecais nos regatos e nos ríos. Fixeron "depuradoras" neses lugares, que son puzos negros, non depuran nada e contaminan os ríos dende o seu nascemento. Teñen outras prioridades.

Curiosa a maneira que teñen de nos vender a suas miserias: Os puzos negros son "depuradoras", os vertedoiros de merda " parque medio ambientais", catro chapas para enganar ós que lles pasa a autovía frente ó dormitorio "pantallas acústicas", os depósitos de refugallos "puntos limpos".

Con os cartos de calquera deses "infraestructuras" que arrasan Galicia, sería dabondo para que os desagues de todos os pobos foran recollidos en sua orixen e tratados en depuradoras, pequenas e ben localizadas, que evitarían que se mezclaran as augas limpas dos regatos con o que expulsan esas "depuradoras" para parvos. Os ríos estarían limpos durante todo o seu percurso, esa auga sería potable e habería vida fluvial que hoxe está desaparecida.

Pero o dito: Teñen otras prioridades.

No resto do mundo paso o mesmo. Os países pobres xeran deuda externa para pagar autopistas e estradas, que as grandes empresas precisan para gañar cartos e mover as suas mercancías, mentres o pobo carece dos servicios básicos, como saneamento e auga corrente. Capitalismo salvaxe e politicos que serven a quen ten poder económico.

Con esas premisas levaron o mundo a seu límite, xa nos venden o cambio climático como cousa inevitable, incluso nos falan de vantaxes como que o viño vai ser mellor. O seu sistema leva ás maiorías á pobreza e o medio ambiente ó esgotamento para que eles gañen mais e mais. Agora falan de que hai que acostumarse a ese cambio climático. Pois NON, hai que detelo e procesar ós seus responsables, reverter as causas que o ocasionaron e acabar con sistema que o provocou, parar de construir urbanizacións e campos de golf, mellorar a vida do rural sen transformálo en pseudocidades, rematar con a cementación do territorio e con as autopistas que chegan ata o mar.

Non vai ser doado pero evitar que nos sigan enganando xa é un enorme paso.