Skip to main content

MATANDO A SELVA - O Brasil arrasado

Posted in

A cousa ven de lonxe e para ninguén, que coñeza algo o Brasil e o modo en que as multinacionais utilizan as súas “zarpas” no mundo enteiro, é novidade a costume estendida de resolver “problemas” mediante “acordos económicos”.

Evidentemente estas “solucións”, dende hai décadas, tamén ocorren nas actuacións das multinacionais que operan nese enorme País, que ten as súas riquezas no punto de mira das grandes corporacións. Non esquezamos que o golpe militar de 1964 foi promovido por empresas estadounidenses que alí tiñan intereses.

Agora fano mais “finamente”, pero os gobernos seguen estando ó servicio dos que teñen diñeiro, alí e no resto do mundo.

Sábeno ben multinacionais españolas como Telefónica, Santander, BBVA, etc. que están arrasando a economía dos seus habitantes e das empresas locais.

Hoxe vamos deixar constancia de que algo se move, entre o seu asoballado pobo, para tentar que, polo menos, se escoite a súa voz no resto do mundo.

Os abusos non só afectan ó comercio, as comunicacións e a banca, senón que están tendo un enorme impacto no medio ambiente mais rico do planeta.

A selva virxe está sendo destruída para plantar “agrocombustíbles” e eucalipto, chámanlle o “deserto verde” por causa da falta de vida nesas plantacións.

Tratan dese tema estes enlaces:

Sobre os monocultivos de eucaliptos no Brasil.
Sobre o caso Aracruz Celulose.
Sobre a loita que levan a cabo as comunidades afectadas.
Reportaxe (en alemán) sobre o monocultivo.
Novas en España sobre as protestas.

Informe "O deserto Verde".

 

Tamén os embalses, innecesarios para os propios habitantes, e que inundan grandes áreas a causa do pouco desnivel dos ríos, teñen os seus opoñentes que loitan contra xigantes.

Hai datos sobre a desfeita nestes enlaces:

A desaparición das “Sete Quedas” con o embalse do Itaipú.
Das protestas dos indíxenas afectados.
Páxina web do Movemento Afectados por Embalses.
Do abuso nos prezos da enerxía que pagan os brasileiros.

Mentres, algúns persoeiros con intereses evidentes no espolio, dedícanse a acusar ós grupos ecoloxistas de querer apoderarse do País, como se non foran eles mesmo os que levan anos entregando o mellor do Brasil ós grupos de poder estranxeiros.

Para tapar os ollos do pobo e continuar a desfeita, arman un teatro cos seus emigrantes que, por necesidade, escapan de onde non hai futuro e veñen probar sorte de conseguir un matrimonio de conveniencia que lles dea a residencia, baleirar a conta corrente de algún “otario”, como lles chaman por alá, ou “enganadas” para traballar de “camareiras” e engrosar a xigantesca lista de compatriotas, que viñeron antes e "recomendan", para practicar a profesión mais antiga do mundo, levando unha vida que consideran mais digna que a que tiñan no seu País.

En lugar de remediar a base do problema, fan campañas demagóxicas como devolver turistas e, así, recorrendo ó clásico nacionalismo do seu pobo, demostrar a “soberanía” e o “orgullo de ser brasileiro".

Europa podería tamén “aplicar a lei” facendo unhas cantas localizacións, moi fáciles por outro lado, dos que están ilegais e devolvelos, pero hai “intereses económicos” que estarían en perigo e así préstase á representación teatral...

A responsabilidade do cinismo europeo neste enlace.