Skip to main content

ELECCIÓNS

Posted in

11/03/08 - O partido antitaurino (PACMA) parece ser que deu a sorpresa en toda España. Europa Press e El País, La Plaza. Que tomen nota os "grandes" e os que nos governan.

Parece ser que o PP non vai poder aplicar as medidas que tiña "programadas" para favorecer a caza. Aínda que posiblemente os cazadores, e con fundamento, teñan a esperanza de que as aplique o PSOE.

O PACMA, que se presentaba para protexer ós animais, acadou 874 votos en Ourense que , para ser a primeira vez , tampouco está nada mal e non se poden queixar da movilización dos amigos dos animais. Ademais haberia que sumar os de IU, que tamén levaba un programa de medio ambiente bastante progresista, así como os de outros partidos á esquerda do PSOE, sen contar o BNG. Entre todos casi acadarían o 8,5% dos votos con casi 16.000 en total solo en Ourense.

E todo sen contar que, moitos votantes dos partidos maioritarios son tamén conservacionistas, pero votan tendo en conta outras prioridades. En resumo, os que "gobernan" teñen moita obrigas con quen lles paga a campaña, no entanto, deberían pensar un pouco mais na falta de respaldo popular de moitas das suas decisións, e para mostra as mobilizacións de "Galiza Non se Vende".

Atopamos un par de enlaces ( UN e DOUS) que resumen un pouco outros aspectos destas e outras eleccións, pensadas para que gañen os que mais lle convén ós que mandan.