Skip to main content

AFORRAR AUGA - Para a especulación

Posted in

21/03/08 - Non o dicimos solo nós.  

Hai pouco falabamos do mito de aforrar áuga, que hoxe todos nos recomendan, pero que depois é utilizada para novas urbanizacións e para que os especuladores se fagan ricos construindo onde non a hai.

Dous exemplos incomprensibles (hai moitos mais, tanto en Galicia como no resto do País): Un en Miño (Coruña), onde expropiaron terreos a 6 euros e agora venden entre 2.000 e 6.000 o m2, e outro en Aragón. Este último parece cousa de algún lunático.

O razonamento é simple:

1.- É absurdo pedir controle no consumo cando se están a construír grandes urbanizacións e seguen especulando con o ladrillo.

2.- A auga que nos aforramos é un remanente que eles aproveitan para seguir construíndo.

3.- A próxima sequía será moito mais grave porque serán mais os que demandan ese recurso.

4.- Como ese tempo chegará inexorablemente, sempre será mellor que haxa necesidade de parar agora, cando ainda podemos desperdizar algunha, e non cando o aforro sexa imposible porque se está consumindo no límite absoluto.

Cremos que se debería parar xa con as novas contruccións, no entanto verificamos que, os mesmos que nos recomenda aforro a cada día, seguen autorizando e programando novas barbaridades que depois ignoramos como pensan abastecer.

Cando falamos de sustentabilidade falamos de que os recursos son finitos, teñen un límite, tanto a auga, como o petróleo, os bosques, os peixes do mar, etc. Pretender seguir gañando cartos a base de aumentar o consumo e as ventas destes recursos é o camiño para rematar con todo.

Non podemos pretender que se sigan vendendo automóbiles e construindo estradas, porque un día habería que asfaltar o mundo enteiro, o mesmo vale para a construcción inmobiliaria, a extracción de recursos mariños, canteiras, bosques, etc. O mundo enteiro será todo artificial, cemento, chapapote, etc, os animais desaparecerán, o rural deixará de existir e nos mesmos desapareceremos por falta de condicións de vida e incluso de aire para respirar.