Skip to main content

AENA DEPREDADORA

Posted in

20/04/08 - Non o dicimos nós. Eles sábeno de sobra pero preferen gañar cartos facendo "parkings" e destruíndo árbores.

ARTIGO ORIXINAL:

Mentres proliferan os carteis na curva de Peinador, que impiden a visión e distraen ós conductores, (algo terán a ver con os contínuos accidentes nesa rotonda), dedícanse a talar os poucos árbores que ainda humanizaban algo o lugar e os cedros que, hai anos, foron coidadosamente transplantados dende a terminal antiga hasta o aparcadoiro, replantados e asegurados para que enraizaran.

Agora metéronlle a motoserra. Todo para ampliar un aparcadoiro que xa ten tamaño de sobra pero que da moitos cartos.

Con a tala solo van gañar un par de metros porque, como se pode ver, están ó carón da estrada, onde debería haber un paso para peóns. Dous metros mais de aparcadoiro que, para AENA, valen mais que eses once enormes carballos e o histórico cedro que talaron sen ningún remordemento.

Peinador xa está totalmente saturado de coches, para saír do aparcadoiro hai que esperar a que o atasco vaia se movendo, porque os coches non poden atravesar a avda. do Aeroporto e atascan a saída do aparcadoiro . Con esta ampliación solo van conseguir atascar mais o barrio porque o problema é entrar e saír de Peinador, un lugar pequeno que hai que atravesar para chegar ó aeroporto.

Non pensan en establecer unha liña de autobuses, adaptados para equipaxes e con unha frecuencia axeitada, dende a cidade hasta o aeroporto. Eso non, porque lle restaría cartos ó inmoral e suculento negócio do aparcadoiro.

Quitan árbores e poñen letreiros, chapa galvanizada, anúncios de bancos e chapapote. Esa é a xente que goberna o noso País.

Nota:
Parece que hai un informe de impacto ambiental que permite as talas - (sempre o hai e quen non o ten é porque non quere, para o AVE e as autopistas fixéronse centos e talaronse milleiros de carballas e outras árbores) - porque non se cortan especies en perigo de extinción . O dito, as especies aque se cortaron para as devanditas "infraestructuras" tampouco están, de momento, en perigo de extinción.

As árbores cortadas foron un número indeterminado de:
- Nome científico ou latino: Thuja plicata
- Nome común ou vulgar: Tuya gigante, Árbol de la vida, Cedro gigante.

A lo menos 14 exemplares de:
- Nome científico ou latino: Quercus rubra L.
- Nome común ou vulgar: Roble americano, Roble rojo.

Algúns dos primeiros foron transplantados dende a terminal antiga e tiñan mais de trinta anos.
Canto ós segundos, á vista está o seu tamaño. A actual vista do aparcadoiro, sen as árbores, semella a ponte de un grande petroleiro. Moita chapa e ausencia de vida.

Non semella que compense o cambio das árbores por letreiros de anuncios.

Novas na prensa:

04/03/08 - Verdegaia.

02/03/08 - Galiza indimedia.

1/03/08 - Sabemos que poden facer dano pero vamos continuar informando: GZ nación. Vieiros. GAS Vigo.

29/02/08 - Comezan as represalias. O "departamento xurídico" de AENA seica vai estudiar accións contra os que denunciamos. Aguantaremos como poidamos.

28/02/08 - Seguen as reaccións , o SEPRONA inspeccionou, pero as árbores caen igual... o aeroporto (Parking Aeroporto S.L.) xa ten mais m2. de aparcamento para coches que para avións. COMPROBADO.

27/02/08 - Faro de Vigo, GZ nación, Vieiros. Onde dan conta da nosa denuncia sobre a tala de árbores en Peinador.

Hoxe (26/02/08) tivemos que engadir una nova galería, con a desfeita que AENA está a cometer no Aeroporto de Peinador, en Vigo.

AdjuntoTamaño
PRESIÓNS de AENA.doc25.5 KB