Skip to main content

¡FORA ANIMAIS!

Posted in

27/02/08 - Seguen  assasinando yeguas preñadas. "Estorban nas estradas" ¡país de ignorantes!.

20/02/08 - Morreron queimados e agora, ou morren de fame ou acoitelados. Este é o mundo "moderno" que, os que mandan, deixarán ós nosos fillos.

Curiosa a maneira de contar certas novas na prensa.

Agora os que estorban son os animais. Causan accidentes, invaden as pistas, comen a comida...e eso solo os que son grandes, os pequenos que morren a diario atropelados (35 millóns a o ano) eses non contan.

Hai que acabar con eles. E algún xa anda a tiros con as yeguas preñadas. Posiblemente algún "ecoloxista violento" dos que compran escopetas...

Ninguén se para a pensar que se están a facer estradas e pistas por todos os lados, que son os coches os que invaden todo, que os demais animais tamén teñen dereito a vivir, a comer e a circular, que eles non provocan nada, que andan polo monte a procura de comida, que fan o que fixeron sempre, que non lles queda espacio, que xa asumimos que eles estorban e hai que deixar o mundo para os coches...

En algún medio xa saiu que as persoas que circulan a pé causan atropelos...