Skip to main content

DIA 17 SANTIAGO - E van ...

Posted in

22/02/08 - Album en Picasa que nos envía un colaborador. 

21/02/08 - Excelente vídeo e reportaxe de Marga.

Galería da Manifestación e Carteis Promocionais Galicia século XXI.

Noticia na TVG.

Páxina da organización con toda a prensa (casi).

Vexa o noso MANIFESTO.

Non nos vamos enganar. Os traballadores, e os cidadáns en xeral, non podemos financiar partidos nin poñer gobernos que sirvan ós nosos intereses. Quen pode facer eso son os poderosos economicamente.


O único que nos resta é votar a calquera dos seus representantes que nos ofrecen, nas eleccións “democráticas”, cada catro anos. Tanto monta, monta tanto, todos eles van servir ós mesmos intereses. Así que non nos estrañemos de que todos fagan políticas en pro das grandes empresas e en prexuízo de todo o pobo e da nosa terra. De que vendan o noso litoral, o noso medio ambiente, a nosa fauna, malgasten os nosos impostos e gasten os cartos en cousas que non nos favorecen en nada pero con as que lles dan a esas empresas o froito do noso traballo. A función dos "titiriteiros" é vendernos, como “progreso”, o que é malo para nós e bo para os seus amos. Xa dicían os vellos "cambiarás de muiñeiro pero non de ladrón"

Firmar autorizacións, concesións, expropiacións, proxectos de autopistas e de granxas de peixe, parques eólicos, embalses, mausoleos, outorgar “legalmente” en “noso nome” como “representantes lexitimamente elixidos” o roubo do que é de todos, da nosa memoria, da nosa terra, da nosa infancia.


A lo menos que non pensen que somos parvos e que nos enganan. Enganan a moitos, por eso promoven a falta de información, pero non a todos. Non nos defraudan, confirman o que xa sabemos. Vendedores de fume.


“Galiza Non se vende”, véndense eles, véndennos a nós e venden o que nos pertence.


O domingo 17 vamos decirlle o que sabemos e ver si, con ese acto, outros toman conciencia da desfeita e saen do bando dos que aínda están sendo enganados.

AdjuntoTamaño
GALICIA NON SE VENDE.doc27 KB