Skip to main content

ASTURIAS DAS CAVERNAS

Posted in

Despois das amezas vertidas por parte de… “Francisco González Buendía, consejero de Medio Ambiente; Belén Fernández, la viceconsejera; y Cristino Ruano, director general de Recursos Naturales; se reunieron ayer con los representantes de las organizaciones agrarias UCA y ASAJA para tratar la situación del lobo en la sierra del Cuera…” por fin dan remate á existencia do último lobo na “paisaje protegida de la Sierra de Cuera”. Parece que a esa “paisaje” estórballe o animal mais emblemático que resta en Europa.

Cal si de una “valentía” decimonónica se tratara, relatan a fazaña de acabar con o último lobo en prosa épica “no te puedes a gachar a darle un mordisco a un bocata” . Xentes que valoran mais unhas reses mansas e abundantes que a un animal que consegue sobrevir no que a eses “valentes” lles parece un lugar inhóspito onde hai que camiñar “con néboa, de noite e a veces con neve” para que os gandeiros da zona “resolvan o problema”. E o Lobo, que estaba no seu medio e na súa terra e foille usurpada por eses gandeiros ¿qué?. Cultura de fai séculos...

Canto a un goberno que non sabe educar á súa xente, que racanea en axudas ás poucas reses que bastan para manter este animal e que permite a súa desaparición pouco mais hai que dicir del.

Relatar a covardía dese grupo de matarifes, que se equipan con todo tipo de tecnoloxía para matar a un ser indefenso e nobre, como se fora un acto de grande coraxe ou de enorme importancia solo contribúe a aumentar a ignorancia de quen o lee e a exaltar o que calquera sociedade civilizada hoxe en día rexeita e despreza.

Adeus Serra de Coera, moitos somos os que non te coñecemos, agora desistimos definitivamente de facelo.