Skip to main content

SÁBADO 12 DIA DE ALTO RISCO

Posted in

Perigo...09-01-2008 - Informamos a os residentes nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense que o próximo sábado, día 12, hai un grande risco en saír ó monte debido a que, a pesar de que a tempada de caza rematou oficialmente o pasado domingo, nese día vai haber grande movemento de cazadores disparando, debido a que se celebran os “campionatos” provincias de caza de raposo nesas provincias.

O risco de ser atinxidos por un disparo é maior debido á falsa crenza de que rematou a caza así como a o feito de que, a Federación Galega de Caza, está a manter este acontecemento no mais absoluto sixilo canto a os lugares concretos onde se vai celebrar.

Consideramos unha irresponsabilidade tal feito, xa que se debería dar a máxima publicidade para evitar accidentes sobre todo cando,por parte desa Federación, se afirmou recentemente que irían sinalizar e avisar das batidas para evitar riscos a terceiros.

Pensamos que este feito é debido a dúas razón fundamentais:
A primeira o fracaso da Federación Galega de Caza, no mes de febreiro de 2007 , cando asistiu a diversos debates tentando convencer á opinión pública dos seus argumentos para realizar estas matanzas.
A segunda a tentativa, inútil, de impedir que as asociacións ecoloxistas saiban do lugar da matanza e así non vaian protestar. Neste caso non só fracasan novamente no seu propósito senón que ,ademais e como quedou dito, están arriscando a integridade das persoas que saian ó monte nese día.

Animamos a todos os que desexen información para evitar riscos, a que se dirixan ás Delegacións da Consellería de Medio Ambiente na súa provincia, e soliciten que lles indiquen o lugar onde van acontecer os tiroteos.

• DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE LUGO
Ronda da Muralla 70, 1º
27003 - Lugo
Tlf.: (982) 29.45.88/Fax: (982) 29.45.90
• DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE OURENSE
Ra Paseo 18, 5 andar
32004 - Ourense Tlf.: (988) 38.61.39/Fax:(988) 38.61.35
• DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE PONTEVEDRA
Ra Nova de abaixo, n 2
36071 - Pontevedra
Tlf.: (986) 80.55.94/Fax: (986) 80.53.98