Skip to main content

CAZANDO CAZADORES…

Posted in

cazando cazadores...OU, DE COMO DOUS OU TRES CIDADÁNS PACÍFICOS PODEN NEUTRALIZAR UNHA MATANZA.

21-12-2007 - Estamos a recibir moitas consultas de como se pode impedir unha matanza de animais, sen arriscar a propia “pele”. Vamos a contar como se pode facer estando a seguridade en primeiro lugar, tanto, que estaremos mais seguros que calquera que pasee por preto de unha batida.

Hai dúas cousas fundamentais, nas que baseamos os nosos operativos.
O primeiro as zonas de seguridade, concretamente o feito de que a menos de cen metros dos lugares habitados está prohibido cazar e a menos de cincuenta metros de camiños, pistas e estradas tamén.
O segundo é que, se os cazadores cumpren con estas normas, na maioría dos casos tornase imposible practicar a caza porque a maraña de pistas e estradas que se fan, non permiten, case, que haxa un lugar legal para dar un tiro. Cazan porque infrinxen a lei.

O que vimos facendo nos boicots, non é, como moitos pensan, colocarnos entre a escopeta e o animal para evitar que lle dean un tiro, non somos tan inconscientes nin tan temerarios. Trátase de actuar con seguridade total e utilizando a lei para evitar esas orxías de sangue.

Tamén se pode facer calquera día, en calquera momento e por parte de calquera que queira ir tranquilo por un camiño ou por medio do monte. O perigo está en ir por unha pista, pensando que se está seguro, e que haxa unha batida por preto, se escape un tiro e vaia dar no paseante que non sabe da batida e no foi visto por os cazadores.

Se alguén pasea por un camiño debe ir ben visible, porque a lei non obriga a os cazadores a sinalizar nin a avisar das batidas. Tamén se deber facer escoitar, así que é mellor, en caso de dúbida, falar alto e avisar da nosa presencia a os posibles “deportistas” matarifes.


En caso de que atopemos a algún cazador preto do camiño ou da pista, estrada ou o que sexa e a menos das distancias que se falou (ademais de estar á distancia especificada, deben disparar sempre de costas a o camiño, vila ou estrada) podemos advertirlles da ilegalidade que están cometendo. Tamén podemos chamar á Garda Civil, concretamente a o Seprona, aínda que no caso de que non estea o Seprona por preto, calquera patrulla deberá ser destaca a o lugar. E tamén podemos facer as dúas cousas.

O que nós facemos é procurar por algunha cuadrilla das que participan nos “campioatos”, son fáciles de atopar porque non saben ir a pé, así que levan toda a parafernalia de todo terreos, remolques, etc. hasta o mesmo lugar onde se atopan.

Cando damos con eles, baixamos dos nosos vehículos, equipados con chalecos reflectantes (os mesmos que se levan nos coches) e procuramos por o lugar onde se atopan os tiradores, camiñando a o longo de un camiño ou pista que haxa por preto (lembrade que neses lugares non se pode cazar nin disparar nesa dirección). Normalmente xa imos facendo barullo, tocando silbatos ou cantando, de maneira que o risco de que alguén dispare sen saber que hai xente por preto é nulo.

O que acostuma acontecer é que, na maioría dos casos, os participantes toman o asunto con deportividade, tende en conta que, ademais, acostuman estar en lugares non permitidos, e o normal é que abran as escopetas e se dean por “pillados”. Conversamos un pouco e... ¡¡misión cumprida!!. Nos poucos casos que algún se puxo alterado, como levamos os noso teléfonos móbiles, chamamos á Guarda Civil que, nestes “campionatos”, sempre está por preto.

Así que, se queredes evitar a matanza de animais, que os nosos grupos cheguen a ser mais numerosos que eles, facer cumprir a laxa lei de caza que agora temos e que aínda así non se cumpre, pasar un día inesquecible no monte, aprender cousas novas e facer algo útil para protexer a nosa fauna e o noso medio ambiente, sen ter que escribir cartas a unha administración que non nos fai caso e sen pasar perigo, vinde con nós a o monte.
Esperamos por vós.