Skip to main content

XORNADA DE LOITA - Crónicas do día 15

Posted in

David contra Goliat

16-12-2007 - Brillante crónica no xornal El País - Galicia.

Reportaxe de Amigos da Terra

TVG Noticias serán 20:30. (Actualizado)

El Correo Gallego.

Fotos da primeira cuadrilla e manifestación.

¡¡ATENCIÓN!! novas matanzas para xaneiro.

En nombre de los más débiles, de los indefensos, de los que sobeviven con lo que al hombre le sobra, de los que no tienen más armas que sus patas y hocicos ¡GRACIAS!.
Gracias a Alicante, Extremadura, Barcelona, Madrid, Arganzuela ;), Londres, México, Brasil,..


Gracias a los que les dieron voz, a los reporteros que cargaron con sus enseres por el monte, a las/los que dieron brillo con su prosa, a todas las asociaciones que no pudieron estar pero que apoyaron, difundieron y nos dieron fuerzas. A los que no salen en los medios pero sois el futuro de nuestra fauna.
Gracias a ADEGA, ACTYMA, Amigos da Terra, ASCEL, CES, Ecologistas Extremadura, EQUANIMAL, Fundación ALTARRIBA, LIBERA, OUTEIRO, PACMA, RIDIOMOAS, SEO, VERDEGAIA...

La Lucha continúa...

------------------------------------------------

Mentres vamos introducindo a información que estamos preparando e que vai aparecendo nos medios, podedes ir vendo algúns datos da xornada:

Ían participar 200 “deportistas”. Solo apareceron 60, vese que van tomando conciencia de que o asunto non está ben visto...


19.600 Hectáreas para cubrir, con cinco vehículos nosos dotados de guía e persoal, non sabiamos, aínda, que eran tan poucos e tanta terra para procurar.


Tres cuadrillas (30 participantes) localizadas e neutralizadas, o 50% dos participantes. Éxito total despois de dúas horas de procura.


Raposos víctimas da barbarie : 3 (TRES), porque demoramos en atopalos, e eso que hai ,segundo eles, 8 por kilómetro cadrado. Xa o sospeitábamos porque o campión de caza menor do Irixo, hai 15 días, gañou o campionato porque matou 1 (UNHA) perdiz.

 

Indignación dos participantes porque informamos a os veciños de que fixeran como no resto do País e que cobren por cazar nas súas terras. Informar á xente dos seus dereitos é , segundo eles, "dividir ó pobo".

Conversa con algún alto representante da Federación e convite para un debate. Seica vai ser que non, xa intentaron en febreiro convencer ó público nos debates, pero foron arrasados en argumentos, datos e opinión pública. Saíron escaldados e agora parece que desisten desa vía, como bos “cazadores” solo lles gusta loitar no seu terreo e con vantaxe.

 

Argumento base (xa coñecido) de algún, para defender a caza: "Move moitos cartos" . A droga tamén...e, como temos dito, para os donos das terras moi pouquiños.


Din que xa existen as institucións adecuadas, cousa que "esqueceron" cando quixeron argumentar en febreiro, e que non teñen nada que falar. Táctica das “organizacións” que prefiren pasar inadvertidas... discreción e mover os “fíos” onde lles dan facilidades, aínda que sexa con datos como os que temos denunciados.


Tamén estamos facendo xestións nese terreo e, polo que levamos visto, vai haber que empezar a facer as cousas un pouquiño mellor, a lo menos un pouco menos esaxerado, porque confiamos en que Medio Ambiente comece a ler con detalle os “plans de aproveitamento” e os datos que se escreben neles.


Tamén vamos confiar en que a vixilancia durante as xornadas de caza aumente porque, unha das cousas que puidemos verificar é que, cando anda a Garda Civil por preto, como foi o caso hoxe, e se respectan algo as normas, a cousa de matar animaliños, sen facer trampas e sen por en perigo a os demais, ponse moito mais difícil...


Será por eso que non viñeron todos os que tiñan pensado. En febreiro, cinco cuadrillas saíron con multas da Garda Civil, por infrinxir a lei de caza diante mesmo da patrulla do Seprona.

 

E ¡¡ATENCIÖN!!:
Día 12 de xaneiro: “campionato provincial de caza de raposo” das provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense.
Día 19 de xaneiro: “campionato provincial de caza de raposo” da provincia de A Coruña.
Día 27 de xaneiro: “campionato galego de caza de raposo”.


http://www.federaciongalegadecaza.com/Compet/calendario.php (botádelle unha ollada á cantidade de “masacres” que fan o cabo do ano estes “deportistas”).


Seica pensan acabar con todos. Estaremos alí para impedilo e seremos moitos mais. Dende xa ¡comeza a loita!. Estamos todos convocados.