Skip to main content

CAMPIONATO DE RAPOSO ¿CRIME MEDIO AMBIENTAL?

Posted in

bestial...04-12-2007 - A legalidade destas “matanzas” está fundada, principalmente, no exceso de individuos que, segundo os tecores, existen desta especie. Tamén se fundamenta en que, o número de raposos a ser abatidos neses “campionatos”, está sempre dentro dos cupos, autorizados por Medio Ambiente, que teñen outorgados os tecores para ese ano.

Temos documentos que indican claramente que,a lo menos por parte de algún tecor participante neses “campionatos”, as estimativas de raposos contidas en seu “plan de aproveitamento anual” exceden en hasta o 1.600% a cantidade posible de raposos que é biolóxicamente posible. Concretamente, están a se facer estimativas de hasta 8 raposos por kilómetro cadrado. Unha poboación imposible dado que, todos os estudios e datos existentes nos cálculos científicos , indican que as poboacións de raposo, en Europa, poden oscilar entre 0.5 e 1.8 raposos por kilómetro  cadrado, na mellor das hipóteses e sen problemas como a seca que estamos padecendo.

Se os datos aportados para solicitar os “campionatos” son falsos, habería  indicios serios de que os “campionatos” e “ligas” de caza de raposo puideran constituír un crime contra o medio ambiente que, nese caso, estaría sendo cometido, presuntamente, por parte da Federación Galega de Caza e os Tecores que participan neses “eventos”.
Tamén habería que resolver sobre  as posibles fallas de fiscalización que estarían existindo na Consellería de Medio Ambiente e nas Delegacións que autorizan tales “campionatos”.

Con o obxecto de alertar ás autoridades responsables da Consellería de Medio Ambiente xa remitimos, tanto á Delegación desa Consellería en Ourense como a o Director Xeral de Conservación da Natureza, sendos escritos dando conta das posibles irregularidades que puideran existir neste tipo de eventos. Solicitamos neles que se abra unha investigación e que os datos aportados, nas solicitudes de campionatos,  sexan verificados.

Temos solicitado  á Consellería de Medio Ambiente, ademais da verificación anterior, que suspenda inmediatamente tales “competicións”, hasta que as posibles irregularidades citadas sexan aclaradas, unha vez que se podería estar  a por en perigo a poboación deses mamíferos.

Tamén está sendo feito un estudio e recollida de documentos, por parte do noso departamento xurídico, con vistas a presentar unha futura denuncia, perante a fiscalía, por posible crime ecolóxico contra a fauna, no que estarían participando, tanto a Federación Galega de Caza, como as provinciais desa federación e os tecores que colaboran.

AdjuntoTamaño
Escrito Deleg. Prov. M.A. escan. 2.doc247.5 KB
Escrito Director Xeral Conserv. Natureza escan.2.doc163.5 KB