Skip to main content

ESTÁ MORRENDO XENTE...

Posted in

saudo escopeteiroE todo por culpa do diñeiro.

Estamos a admirar as triunfalistas e terxiversadas declaracións que, xunto con altos cargos da Consellería de Medio Ambiente, fan os directivos da caza en Galicia.Parecen axeitadas para lectores que non pensan. Por fortuna hoxe en día esa especie, igual que a de fauna silvestre, é cada día mais escasa e, aínda que no caso da fauna é unha mágoa, no caso dos cidadáns que comezan a pensar por si mesmos é unha sorte.

Pena que, a pesar de esas declaracións, persoas continúen sendo víctimas de tiros de bala de rifle (que non de escopeta), porque eles non falan da utilización de esas armas por parte dos cazadores. Armas que, a lo menos en Galicia, habería que prohibir a causa do seu enorme alcance (mais de 3.000 mts.)e á enorme cantidade de núcleos habitados a pequenas distancias entre eles. Xa falamos diso en outras ocasións.

Temos tamén tiros en restaurantes, tiros en vivendas, etc. parece que a realidade quere por en evidencia as brillantes declaración deses persoeiros. Eles saben que con as escopetas, e a pesares da falta de controles de alcoholemia, antes eso non pasaba, porque non alcanzaban mais alá de 300 metros. Sigan dicindo que os cazadores son un exemplo e que “se adaptaron moi ben á caza maior”, se non encaran o problema con seriedade, serán responsables das futuras mortes.

Tamén semella que son os naturalistas, que van desarmados non o esquezamos, e que van recoller setas e facer sendeirismo, os responsables dos accidentes, porque” veñen da cidade e non saben ir polo monte”. Igual é que se poñen adrede diante dos fusís.

Os que frecuentamos o monte e moramos aquí, o que vemos, son unha morea de “escopeteiros” que, eles si, veñen da cidade a presumir das súas escopetas, dos seus traxes de camuflaxe e dos seus todo terreos que meten ata as propias tocas dos coellos, porque semella que non saben camiñar por o monte e teñen que ir en todo terreo ( para eso o compraron), e que chaman caza a matar perdices mansas e acurraladas, ou raposos en plan “competición” e en grupos de nove e , aínda por enriba, chaman a eso “deporte”. Non son cazadores nin deportistas, son “escopeteiros”, si señor.

Moitos que moramos neste rural, o que vostedes veñen, nin se nos ocorre comprar un contaminante e enorme todo terreo porque atascan as pistas e os demais non caben. E se levan prendidas as luces de neboeiro non deixan ver os outros conductores. Estes “deportistas” urbanitas, veñen ó rural, ademais de a matar animais a os que nós alimentamos o ano todo, a desfrutar de unha boa “paparota” en algún comedeiro coñecido, a tomar “unhas e outras” sabendo que o Seprona ten mais de DEZ concellos para vixiar por cada patrulla, é ainda non lles mandaron alcoholímetros nin saben as taxas legais e ilegais de consumo de alcohol para escopeteiros.

Xa sabemos que case todos  os participantes neste debate fan o seu papel pero, o certo, é que tanto campionato de San Huberto, e tanto campionato de Raposo, e tanto campionato de Rastro de Xabarí, e tanto campionato de caza menor con can, etc., etc. a única finalidade que teñen é que a Federación Galega de Caza xustifique 700.000 euros que lle da a Consellería de Cultura e Deporte. O que se está esquecendo é que, por cartos, estamos acabando con o medio ambiente, con a fauna silvestre, con a caza, con os cazadores (transformados en “escopeteiros”) ,e transformado todo en un negocio inmoral e mercenario no que, o final, os prexudicados son os animais e a ética.

E, señor Reza, con todo o respecto, hai moito traballo para facer, e vostede sabeo mellor que ninguén así que non será de aquí de onde se lle vai dicir o que ten que facer e o que non, o que si nos gustaría que se fixera sería , entre outras cousas e de maneira mais urxente, o seguinte . Cambiar a lexislación sobre armas e distancias de seguridade, aplicar o artigo 34-3 da lei de Caza cando hai seca ou incendios, e, sobre todo, verificar e comprobar os plans de aproveitamento cinexético dos Tecores. Solo temos o de un, pero que digan que hai 8 raposos por kilómetro cadrado non ten pés nin cabeza, é biolóxicamente imposible, comeríanse uns a os outros. Os estudios proban que a media é de 0.5 a 1.8 raposos por km.2.

 Pois ese “plan”; feito por un cazador sen titulación algunha en bioloxía ou outra cousa, sen consultar con un biólogo e sen facer un traballo de campo , e sobre todo, sen se dar a o traballo , ou non saber, que hai información en internet e nos libros;  foi aprobado por Medio Ambiente, e, como en base a esas “estimativas” autorízanse batidas e “campionatos,” sería bo que cada un fixera o seu traballo, sobre todo os que cobran para eso. Da nosa parte facilitámoslle os lugares onde hai información sobre o asunto. Solo é consultalos.

Canto as infraccións, tamén hai axentes que se queixan de que nas Delegacións de Medio Ambiente ( en algunha en concreto) acaban, ou acababan, anulando as denuncias que eles fan. Comprendemos que algún delegado teña, ou tivera, por costume confraternizar con os cazadores e frecuentar as súas “xuntanzas gastronómicas” pero, se eso lle impide actuar de acordo con a lei e aplicar sancións cando corresponde,debería replantarse eses encontros, doutra maneira protexese a o infractor, ponse en perigo a os demais cidadáns e desacreditase un colectivo xa de por si bastante mal visto. Eso, aparte de desmoralizar a os axentes que traballan duro no monte e ven o seu traballo no lixo por motivos políticos.

Temos elaborada, e consta en nosa páxina, unha proposta de modificación da lei de caza, cada día mais necesaria, . Non é o noso traballo nin cobramos por estar a o día en eses asuntos, pero gústanos colaborar. Se nos quere dar o pracer de un encontro para falar do asunto, estríamos encantados. Pensamos que nós, igual que os directivos da federación de caza, tamén podemos aportar ideas e  ser merecedores de un encontro de cando en vez. O que non podemos prometer é o luxo dos encontros da FGC, nós non temos subvencións.

 

 

AdjuntoTamaño
Bibliografía vulpes vulpes.doc27.5 KB