Skip to main content

"CAMPIONATO DE RAPOSO" - de novo...

Posted in

DIA 15 DE DECEMBRO,SÁBADO, ÁS 10:00 (saída a o monte) e ás 13:00 DA MAÑÁ FRENTE A O CONCELLO DE SAVIÑAO-ESCAIRÓN CONCENTRACIÓN DE PROTESTA CONTRA A "LIGA POPULAR DE CAZA DE RAPOSO" - Participa 676 750 768 .

¡¡ATENCIÓN!! novas matanzas para xaneiro.

Mais Novas: Dia 14/12/07 as nosas razóns na Radio Galega . Escoite... (comeza no minuto 12 das 19 horas)

Dia 14/12, D-1, 14/12 na Voz de Galicia. Vieiros Canal Verde 1. e dous.

13/12/07 - ¡¡Día D-2 !!, Novos apoios (Ecologistas Extremadura). A organización LIBERA, progama protestas en Barcelona contra a "liga" de raposo, ACTYMA (Asociación Contra la Tortura y el Maltrato Animal)

10/12/07 - Mais grupos apoiando, hoxe Fundación ALTARRIBA de Barcelona.

09/12/07 - Novas na prensa, (La Región) sobre o movemento (GZnacion), (El Progreso), e nas páxinas de ADEGA e de Amigos da Terra.

07/12/07 - Notícias sobre o movemento na prensa de hoxe.

04/12/07 - Escritos a Medio Ambiente denunciando posibles irregularidades nos "Campioatos de Raposo" (Ver Artigo nesta páxina).

04/12/07 - Seguen a se somar organizacións a o movemento: ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia)- Amigos da Terra (Por un Futuro Sustentábel) -LIBERA (Asociación Animalista Libera) - PACMA (Partido Antitaurino contra o Maltrato Animal) - ASCEL (Asociación para la Conservación y el Estudio del Lobo Ibérico)- OUTEIRO (Grupo de Acción Ecoloxita) - RIDIOMOAS (Asociación Ecolóxica Cultural) - EQUANIMAL (En Defensa de los Animales) - SEO (Sociedad Española de Ornitología) - CES (Colectivo Ecoloxista do Salnés).

02/12/07 - Artigo da Voz de Galicia e resposta a o mesmo con estudos técnicos.

01/12/07 - Hai un artigo recente, "Está morrendo xente" (vexa porque), mais embaixo nesta páxina.

30/11/07 - O día 15 vamos "invadir" as zonas de seguridade, onde non se pode cazar, de SAVIÑAO con grupos de persoas que realizaremos as seguientes actividades: recollida de cogumelos, sendirismo, fotografía da natureza, observación de aves, etc. Todas as persoas que pretendan participar nestas actividades poden apuntarso no teléfono 676 750 768.

29/11/07 - A Concentración do sábado dia 15 é no Lugar de Escairón, onde o Concello de Saviñao ten a súa sede. Ás 10:00 da mañá estaremos todos os que vamos saír a o monte para impedir a caza masiva de raposos. Posteriormente, sobre as 13:00, haberá outra concentración de protesta na que esperamos que estexan todos os veciños e persoas de Galicia que deploren esta barbaridade.

29/11/07 - Xa mandamos un comunicado oficial, que incluimos nesta nova, a todas as asociacións que apoian a loita contra esta nova edición de exterminio do raposo, así como á prensa en xeral. Esperamos contar con o apoio dos medios de comunicacion sen os que esta loita é moito mais difícil mesmo porque, últimamente, os representantes dos cazadores están a ter moito eco en algun deles.

27/11/07 - Xa obtivemos da Delegación de Medio Ambiente de Ourense o "Plan de Aproveitamento Cinexético" de un dos Tecores que participaron no campionato de caza de raposo celebrado no Carballiño en febreiro. Podemos afirmar que os censos de raposos, nos que basan as solicitudes de batidas e os "campionatos" , están "inflados" en hasta 16 veces mais do que é bioloxicamente posible para a supervivencia deste animal. Chegan a afirmar que calculan ¡¡ 8 raposos por kilometro cadrado!!, cando todos os estudios e publicacións científicas falan de entre 0.5 e 1.8 raposos por kilometro cadarado, dependendo da época, en Europa para poder sobrevivir.

Estamos preparando unha denuncia contra os directivos deste tecor así como un pedido de mais rigor por parte das Delegacións de Medio Ambiente que pouco supervisan e controlan estes "Plans", feitos polos propios cazadores, de maneira totalmete arbitraria, sen estudios de campo e sen o aval de biólogos ou profesionais titulados. Todo a maneira dos seus intereses e aforrando cartos.

--------------------------------------------------------

orxía de sangueNOVA ORIXINAL SOBRE A "LIGA DE CAZA DE RAPOSO"

Infelizmente temos que lamentar, de novo, que a matanza de animais sexa para algúns, xa non solo unha diversión ou un motivo para desafiar a ver que é de matar mais, senón que, este ano, e a falla de “Campionatos Nacionais”, a caza do raposo en plan “Deporte de Competición” está sendo aproveitado tamén por certos espertos que, xunto con a federación galega de caza e mais a delegación desa federación en Lugo, tratan de facer negocio con a morte de seres indefensos.
Está a ser organizado no sur de Lugo una “Liga Popular de Caza de Raposo” (agora chámanlle así) con o obxecto de mellorar os resultados económicos de unha Sociedade Limitada e a mesmo tempo ver se acaban, igual que fixeron no Carballiño e comarca, con os poucos raposos que aínda conseguen sobrevivir, pola súa conta, entre tanta “infraestructura” e tanto depredador de dúas patas.
Vamos a nos mover, esperamos, a o igual que en febreiro no Carballiño, contar con a colaboración de toda a sociedade civilizada e intentar que estes “deportistas” pasen menos tempo destruíndo o medio ambiente, e mais lendo algo sobre a nobreza, coraxe e instinto de supervivencia dos seres que, a pesar da destrucción sistemática do seu medio, aínda conseguen sobrevivir nel e sacar adiante algunha camada de crías.


Nada que ver con as cuadrillas que, en grupos de a nove, e equipados de medios hasta a saciedade, se dedican a acosalos e a matalos para se divertir e mover cartos. Estas son, entre outras, as súas verdades:


1) Ían deixar moitos cartos no comercio do Carballiño. Na verdade xuntáronse todos para festexar as súas fazañas en un restaurante, fora do pobo, atrancando a estrada nacional e non deixaron un céntimo nos establecementos da vila. Deron a desculpa de que “tiñan medo a os ecoloxistas”e por eso viñeron e marcharon no mesmo día. Á falta de cartos boa é unha desculpa, por moi barata que sexa.


2) Dicían que había moitos raposos e había que controlalos. Temos nas nosas mans o “plan de aproveitamento cinexético”, de un dos Tecores que participou na barbaridade, onde lle contan á Consellería de Medio Ambiente que calculan un raposo cada 10 hectáreas. Este “plan” foi aprobado por Medio Ambiente, no entanto, todos os estudios sobre o animal demostran que tal densidade é imposible, xa que a media está, no mellor dos casos, entre 0.5 a 1.5 raposos por kilómetro cadrado, ou sexa, a décima parte do que estes “técnicos” de taberna poñen nos seus “plans”.


3) Din que teñen todo legal. A lei de caza ten prevista a existencia de “terreos cinexético deportivos” para competicións e , aínda que calquera pode porfiar por ver quen mata mais en calquera lugar, esto, nun Tecor normal, non pode ser considerado “deporte” oficial que poida ser subvencionado con 700.000 Euros anuais por parte da Consellería de Cultura e Deporte . Menos aínda cando hai deportistas de verdade que están a pasar penurias económicas.


4) Pretendían ser un exemplo da “profesionalidade” e “deportividade” deste colectivo autodenominado “ecoloxista”. Fóronse do Carballiño con varias denuncias por parte da Guarda Civil que, a pesares de que todos sabían que ía estar presente,os atopou cometendo diversas irregularidades contra a lei de caza diante do mesmo restaurante onde ían comer. Menos mal que non os controlaron mentres andaban solos polo monte.


5) Din que están a ser “acosados” por parte dos ecoloxistas. Houbo unha cuadrilla que pretendeu amedrentar a algúns participantes dos grupos ecoloxistas facendo disparos de intimidación. Estes últimos tiveron un proceso penal e pagaron a correspondente multa.


isto non é unha alimañaVamos denunciar todas as irregularidades que estamos a comprobar na xestión, tanto destes “campionatos”, como dos Tecores que participan nelas e que, en certos casos, aportan datos falsos á Consellería de Medio Ambiente para así xustificar abusos na matanza de animais.
Lamentamos que as terras do sur de Lugo e Courel teñan, ademais de todos os problemas medio ambientais que veñen sufrindo, que ser escenario de tan lamentable evento, cando os veciños deses lugares están a loitar por conservar os cañós do Sil sen mais encoros, salvar o Courel e conseguir que sexan declarados patrimonio da humanidade.


Pedimos a os veciños de O Incio, Saviñao-Escairón, Neira de Rei e Santa Bárbara de Láncara que non se deixen enganar polas promesas dos supostos “beneficios” que deixan estas barbaridades que xa ninguén quere na súa veciñanza e que, o final, solo dan mala fama a os lugares onde se producen e ningún lucro. Solo o asoballamento de súas terras e propiedades gratis, porque se teñen que ir a Castela a cazar cóbranlles caro a día de caza. Alí non é gratis.

AdjuntoTamaño
Liga.Raposo.2007.pdf4.01 MB
EN EL CAMPEONATO NACIONAL QUE SE CELEBRÓ EN MONTES DE LAS COMARCAS DE O CARBALLIÑO Y O RIBEIRO PARTICIPARON 105 CUADRILLAS.doc79.5 KB
Manifesto raposo.doc24 KB
Artigo Voz e resposta.doc22.5 KB
Bibliografía vulpes vulpes.doc27.5 KB
Protesta en Barcelona.doc469.5 KB