Skip to main content

"CAZADORES"...

Posted in

TRISTE...Parece que xa levamos sete mortos por culpa da caza dende que esta comezou a finais de outubro.
Curioso que un alto representante da caza en Galicia diga que  “…outra cousa é que a xente se meta no medio das batidas”. Tendo en conta que todos temos dereito a ir a o monte, e que ninguén se preocupa de sinalizar nin de avisar a os veciños de que hai unha batida, sería interesante que nos dixera tamén a maneira de evitar sermos o branco de un tiro cando paseamos polo monte. Eso sen falar das víctimas que paseaban tranquilamente por unha pista asfaltada, onde se supón que non debería haber risco algún por ser zona de seguridade, como xa aconteceu.


Tamén sabemos que hai moitos anos que os cazadores andan polo monte, no entanto hai anos que non tiñan tantas pistas nin tantos todo terreo para acceder a os últimos recunchos do monte, onde xa non quedan lugares onde, calquera “domingueiro” con escopeta, non poida acceder, procedente dunha cidade, ó volante do seu poderoso vehículo remolcando unha gaiola de cans.
Tampouco se di que hai anos ninguén utilizaba rifles  que disparan balas, e non perdigóns, munición esta ultima, que non alcanzaba os 200 metros mentres os rifles alcanzan mais de 3000 metros. A pesar da gravidade do asunto, continuamos agardando que a Consellería de Medio Ambiente tome medidas , non agarde a que haxa mais mortos e prohiba de unha vez este tipo de armas, a lo menos en Galicia, onde as vilas están por todos os lugares e un solo disparo pode atravesar dúas ou tres, mais os camiños, fincas de labranza e zonas de seguridade que haxa polo medio. Hoxe en día, con este tipo de armas, continuar mantendo 100 metros de distancia a lugares habitados e 50 a camiños, como zona de seguridade, calquera sabe que é totalmente anacrónico e temerario.


Non vamos repetir todo o que xa se dixo sobre o que era a caza antes a o que é agora, a diferencia entre algún veciño que saía solo, con o can e a escopeta, para matar un coello na veciñanza do seu pobo e en terreo coñecido, fronte a invasión de 60.000 “afeccionados” que hai agora, con posibilidade de comprar a arma que queiran, desprazarse a onde lles pete, con tempo libre,  medios para estar á última en “equipo”, acceso motorizado a un monte totalmente “perforado” de pistas, ben comidos e, moitos deles, ben bebidos, en grupos numerosos e que, na maioría dos casos, case non saben nada de monte, porque non lle teñen apego e solo lles vale para matar a os animais que nel tentan sobrevivir a tal invasión de “deportistas”. Se alguén viu a un cazador no monte, no verán, coidando do monte e dos animais, e que non estea en un “campionato” dos que se organizan por esas épocas para pasaren o tempo, que avise para incluír tan rara excepción.


Un colectivo que consente en que se relacione caza con facer campionatos de matar perdices mansas, raposos, ou calquera outro animal non habituado a o monte, como os faisáns de granxa que vemos roldando preto dos pobos en procura de comida, non é un colectivo de cazadores. Ser cazador é outra cousa, e os que o eran de verdade deixárono xa hai moito tempo. Non queda o que cazar.