Skip to main content

VIVINDO EN PERIGO

Posted in

Chegan as choivas, milleiros de traballadores saímos de casa ás 8 da mañá, aínda é noite e o será ata case as 9, chove, apenas se ve o que hai detrás do coche por causa da condensación do cristal traseiro, os limpa parabrisas fan o seu traballo como poden e a calefacción tomase o seu tempo para caldear  o interior.

A o saír do pobo follas nas pistas, camiños asfaltados de escasos catro metros  de ancho incluídas as cunetas. Perigo de esbarrar nesas follas molladas e susto a o ver que, o que parecía unha folla, na realidade é un pequeno paxaro, un pisco, que está a procurar alimento entre as follas caídas. Reducción de velocidade porque o animal está cegado polas luces e non inicia o voo. Por fin escapa, se veño algo despistado ou con mais velocidade sería ele unha víctima mais dos coches circulando por camiños.


Sigo rumbo á estrada xeral tentando ir con toda precaución porque as follas son un perigo real de patinazo e a auga corre lixeira polo asfalto, material que impermeabiliza a pista e non lle permite que penetre no solo, vai levando a terra das cunetas que se deposita, en regos, no medio da pista, tamén leva o sábrego para os lameiros. Tal vez, entre a herba, algunha auga poida pasar a os mananciais e non se perder na arroiada.


SAPO ATROPELADOPodo contar a o longo de menos de dous kilómetros media ducia de salamántigas atropeladas, ignoro se non as viron, se non se preocuparon ou se, a o ser seres “malignos” e ponzoñentos, as atropelaron adrede. Un sapo atravesa a estrada a paso lento, manobro para evitalo,  e preocúpome de mirar se ven algún outro coche detrás a unha distancia que non permita  a o animal acabar de atravesar. O primeiro que sobe en dirección oposta, por sorte, está a unha distancia aparentemente suficiente para que o animal saia da pista. É cedo e aínda hai pouca circulación, no entanto ó cabo do ano serán moitos os que morran debaixo das rodas dos vehículos.

Chego á estrada nacional, e incorpórome á fila de vehículos que circulan detrás de un que determina a velocidade dos demais, en función de súa capacidade, estado do vehículo, visibilidade, experiencia, idade, reflexos ou o que quer que sexa, o caso é que todos seguimos ó seu ritmo e ninguén o adianta porque a liña é continua o tempo todo, incluso en tramos onde antes estaba permitido adiantar agora pintaron liña continua. A administración elude responsabilidades nos accidentes por adiantar, con pintar liña continua o tempo todo asunto solucionado. Case é mellor, porque o tráfico en sentido oposto é intenso tamén, de feito, un camión de cemento, das obras do ave, trae detrás mais de tres ducias de coches porque non sobe a mais de trinta por hora, esperemos que non haxa un impaciente que cause un accidente por pura desesperación, a todos nos pasou e sabemos o que é ter que circular a trinta por hora durante kilómetros. Porque non se respectan tampouco as velocidades mínimas, aínda que estas matan tanto como as máximas. Hasta na autovía de Vigo soben, dacia a Cañiza, camións con os intermitentes prendidos e a menos da mínima legal, a garda civil pasa e non di nada a pesar de ser tan ilegal como ir a moita velocidade.

Poño a radio para facer a viaxe mais amena. Accidentes en varios lugares, “culpable a choiva”, retencións de kilómetros por causa “da choiva”, atropelo de un peón que non foi visto “por causa da choiva”, parece como se en Galicia non chovera nunca e, cando decidiron que a nosa “mobilidade” ía a estar baseada no coche, esqueceran do asunto da choiva e da néboa. Pois que fixeran vías de tren en lugar de tanta “infraestructura viaria”, xa empezo a pensar que, a vía coche, foi determinada por outros intereses...penso tamén no confortable que sería estar lendo o xornal dentro de un vagón con calefacción colectiva, que vai por unha vía, e que non ten que adiantar a outro nin se preocupar con os centos de vehículos que me acompañan e que poden, calquera deles, ter un despiste.

Chego á autovía, os que veñen en sentido oposto céganme con súas luces,  moitos traen prendidas as luces de neboeiro a pesares de que non hai néboa, preguntome onde está a garda civil que non ve a tantos infractores que molestan con as luces de néboa, tanto dianteiras como traseiras, a os demais conductores.

Aquí as velocidades xa son maiores, os que me adiantan enchen o meu parabrisas de auga, varias furgonetas van a velocidades suicidas, son os que fan dúas viaxes a Madrid no mesmo día sen tacógrafo, a DXT sábeo pero leva anos sen resolver o asunto, foi mais rápida a xestión dos parques eólicos e a das granxas de peixe plano, non fan lixeiro o que non queren, para o que lles interesa van a mil por hora, hasta as multas se cobran axiña e ninguén escapa, podían facer o mesmo con as listas de espera... As miñas luces case non teñen efecto porque o pavimento mollado absorbe case o setenta por cento da súa eficacia, esto sumado á choiva que cae, e a os rocións dos outros vehículos, obrígame a reducir a velocidade a menos de cen por hora, aínda así un golpe pode ser mortal, lembro a fórmula para o cálculo da enerxía cinética, vai en razón directa a o cadrado da velocidade, meu corpo, nin o de ninguén, está preparado para tal desaceleración, diminúo un pouco mais. Adiántanme dous coches pequenos “preparados”, deben ir con presa e os dous con atraso, e deben ter visión de supermán, porque asemella que non lles estorba a choiva. Pena que non vexan a tempo tampouco os millóns de orizos, xinetas, raposos, e outros animais, que son atropelados a diario nesas vías de “alta capacidade”.

corzo atropeladoAgora achégome a  un camión que vai diante de min, vai debagar e deixa unha cortina de auga pulverizada detrás, algunhas veces solta moita mais, son os charcos que hai na autovía e que, por veces, fan que o meu vehículo semelle “flotar”, mais que rodar, na estrada, a pesar da pouca velocidade. Xa pasei en varios, e a sensación de perigo é manifesta. Prepárome para adiantalo pero a visibilidade diminúe conforme me arrimo á súa altura, as sinais da beira da autovía desaparecen e tampouco consigo ver ben a distancia que teño con o camión, a auga bate con intensidade no meu parabrisas e a sensación de perigo déixame incómodo, no lugar de mais perigo é onde menos visión teño,agora albisco os sinais da beira da pista  pero a auga no parabrisas, procedente das rodas do camión, aumenta, acelero un pouco mais para intentar saír pronto da situación e repentinamente vexo a estrada mais clara. Pasei o sitio mais crítico, completo o adiantamento e volto a miña dereita, oxalá non teña que adiantar a outro...podería haber un charco mais grande cando estea a o lado do camión, ou algo de gasóleo... hai dous días, en Rande, bateron mais de unha decena de coches por causa de un derrame de gasóleo de un camión.

Sigo camiño, vou chegando ó alto da Cañiza e a choiva arrecía, hai que diminuír a velocidade outra vez porque aínda con os limpadores de parabrisas a toda velocidade non dan abasto. Diante, un camión con remolque está a ser adiantado por outro que vai a case a mesma velocidade, o adiantamento dura preto de un kilometro, os coches amoréanse detrás de min, o que adianta está ó seu e pouco se importa con o asunto, pensaba que había un límite para poder adiantar pero, a o que semella, multar por eses asuntos da moito traballo e poucos cartos, son mais efectivos os radares fixos nas rectas.

Hai que recadar impostos encubertos porque o sistema devora recursos por toneladas,autopistas, aves, sobresoldos, comisións, aumentos de beneficios, crecemento económico, cidade da cultura, para iso vamos todos os días milleiros de ourensáns, pontevedreses, e vigueses ás zonas industriais de Vigo e Porriño a producir plus valías inxentes para as empresas a cambio de salarios que, cada mes, renden menos e xogándonos a vida no camiño. Este mes comprei o mesmo que o mes pasado e gastei un vinte por cento mais, o goberno fala de subida do un e medio por cen por causa de un posible acordo de empresarios, din que o tribunal de libre competencia vai apurar todo para o ano que ven, que pode haber multas, os empresarios negan todo, vai ser que, como eles din, non se vai poder probar nada. O caso e que, os lucros das empresas, medraron mais de un trinta por cento o ano pasado e o noso salario o dous por cento.

Fala o presidente do goberno autonómico, crecemos economicamente mais que o resto do país. Penso para min que eu non medrei nada , economicamente mais ben minguei. Ven a miña memoria o que alguén falaba do que é crecemento económico, está incluído todo o movemento de capital incluída a limpeza de chapapote. Tamén penso que, canto mais crece a economía, mais se gasta de todo, carbón , ferro, árbores, peixes que case non quedan, autovías polos montes, xente consumindo e contaminando, coches nas estradas, granxas de peixe, encoros nos ríos, parques eólicos nos montes, fertilizantes, consumo de auga, lixo, esgotos,... como sigamos “crecendo” acabaremos amoreados uns encima dos outros e comendo cartos, solos no mundo animal, e asfixiados por falta de osíxeno. Aínda así, din os que mandan, que están preocupados con a baixa natalidade no pais. Se ese é o problema, poderíamos traer un par de millóns de africanos ou asiáticos para Galicia, e ver se así está a cousa do seu xeito. Hai que preguntarlles cantos queren que sexamos para que lles cadren as contas porque, outra cousa non, pero esa arránxase logo, o problema vai ser onde van vivir, o que van comer e de onde vamos sacar recursos para tanto “galego”, porque eles solo pensan no “mercado” potencial e na man de obra barata, pero tamén hai que comer e vivir, e o territorio non dá mais.

can atropeladoPaso o túnel, un pequeno descanso da choiva, e empezo a baixada para Ponteareas. Parches no firme feitos de asfalto negro e brillante, están mais altos que o resto do pavimento, os coches pasan para a esquerda que esta algo mellor, formase unha fileira porque o de diante vai mais debagar que os outros, ogallá ninguén pise o freo porque hai moitos e hai dúas curvas perigosas, quedome algo distanciado e o que ven detrás dáme as largas para que apure. Por fin desfaise o atasco e seguimos, algunha furgoneta que subía para a Cañiza debagar por causa da carga, agora aproveita a baixada para recuperar o tempo que perdeu na subida, lembro que os camioneiros de antes dicían que había que baixar na mesma marcha e velocidade que na subida, porque era o que o motor era capaz de  reter da velocidade do vehículo. Furgoneta cargada, a moita velocidade e costa  abaixo, é mala de parar.

Ponteareas, mais coches se incorporan á autovía, esta vila tornouse unha cidade dormitorio, os prezos dos pisos son mais baratos, en compensación hai que gastar en viaxes e arriscar a vida, sería un bo lugar para que estivera a primeira estación de cercanías para ir a Vigo en tren, de non ser na Cañiza, qué menos...e desde Ourense,de mañá e á tardiña,a lo menos un tren cada media hora, aínda que o resto do día fora cada hora. Moitos coches quedarían na casa, e moito gasto en combustible e en contaminación se aforraría, eso sen contar a xente que deixaría de morrer na estrada.

ourizoPreguntome como falan de reducir contaminación, aforrar en gasto de combustibles fósiles e, a o mesmo tempo, anuncian a construcción de mais autovías. Aconséllannos que apaguemos as luces, que cerremos a bica, e nimiedades polo estilo mentres, nas estradas e nas cidades, xéranse toneladas de dióxido de carbono por causa dos coches. Haberá que deixar de fumar para que se poidan seguir vendendo mais coches.

Subida de Puxeiros, atasco para subir e atasco para baixar, non se ven autobuses públicos e non hai tren a esa hora para ir a Vigo nin para saír de Vigo. Milleiros de “utilitarios”, novos e vellos, que soben e baixan a “autovía da morte” a diario con traballadores dentro, chova ou faga néboa. Din que van construír outra autovía, os veciños de Mos protestan e argumentan, razoadamente, que se quitaran a peaxe da autovía do alto de Puxeiros, escusaban facer a outra. Hai moito tráfico por Mos porque na outra hai que pagar, parece ser que vale menos quitar a peaxe da que está feita do que facer outra autovía, pero a economía ten razóns moi potentes para deixar que a concesionaria siga cobrando a súa peaxe, e para que as constructoras leven uns cartiños facendo unha nova, as listas de espera levan décadas pero ninguén lle busca arranxo, é preferible resolver os problemas de esas mesmas constructoras as que se lles acabou o negocio do tixolo ,despois de entixolar case media España, incluído o noso litoral.

Aeroporto de Vigo, atasco no alto de Puxeiros, atasco na subida de Redondela, atasco na saída da autopista que ven de Rande, en Peinador non caben mais coches. A Conslleria de Politica Territorial dice que vai facer mais autopistas ata o lugar, a ver onde meten os coches que veñan por elas. O tráfico en Peinador medrou de maneira asustadora. En menos de dez anos, pasou de ter a avenida do aeroporto case sen movemento, a estaren atascadas todas as vías que chegan a o lugar, a autovía incluída, o atasco da autovía vai desde Cotogrande hasta a propia saída da autovía.

O aparcadoiro do aeroporto está cheo sempre, non se pode saír a algunhas horas porque a saída está tapada con o atasco, van facer outro aparcadoiro, mais atasco para entrar e para saír, pero o negocio é de ouro, millóns de euros todos os anos, quitaron as rúas de retorno dentro do aparcadoiro, obrigando a percorrer mais camiño, para por mais coches e aumentar o negocio, quitaron os xardíns, fixeron outro aparcadoiro tapando a terminal de carga, e aínda así non caben, tamén alugan vagas para coches de exposición no Pavillón de Cotogrande, e para empresas de aluguer de coches. Aena dedicase a todo o que sexa rendíbel no que teñan a exclusiva, aínda que nada teña que ver con os avións, aparcadoiro, cafetería cara e mala, locais comerciais que pagan parte da súa facturación, anuncios nas portas e no chan, etc. Barajas que é Barajas ten unha liña de Metro e tren de cercanías, en Vigo hai que ir ata o atasco do aeroporto para deixarlle cartos a Aena.

rotonda do aeroportoO autobús, que sobe de Vigo a Peinador, é o antigo dos “rusos”, que estaba para servicio dos veciños do barrio dende hai décadas, non é para que suban pasaxeiros con equipaxe, é un servicio para as amas de casa que van á compra a o Calvario, é para os veciños de Peinador e Candeán. O aeroporto esixe un servicio exclusivo, incluso o que había en Barajas, de autobús cada media hora con lugar para maletas, sería aceptable, aínda que o ideal sería un tren pola vía do antigo tranvía. Non se fai por razóns que todos imaxinamos, e entre as cales, o negocio de aparcadoiro debe ter moito que ver. O resultado, caos e atascos diarios no entorno do aeroporto, falta de lugar para aparcar, postes para evitar que alguén deixe o coche sen pagar, accidentes na rotonda irracional que fixeron na entrada, etc. Incluso, os veciños da comunidade de montes, teñen o seu propio aparcadoiro fronte a o aeroporto, rodeado, ademais, de carteis que  afean o lugar e impiden a visión, outra lei que se está esquecendo e que prohibía estes letreiros enormes porque distraen a os conductores, mais conflictivos aínda se están, como neste caso, xusto na rotonda onde mais accidentes debe haber de todo Vigo.

E esto é o que hai, para maior gloria de constructoras, bancos, concesionarias de autopistas, políticos, petroleiras, fabricantes de coches, recadadores de multas, concesionarias de ITV`s, e un largo etc. Eles levan os cartos, e nós poñemos os mortos e o noso traballo, non temos hospitais dabondo,as listas de espera son de medo, somos lideres en mortes nas estradas, no traballo e na contaminación do aire en toda Europa, temos menos camas de hospital, menos residencias da terceira idade e menos garderías para fillos de traballadores, pero somos o país que ten mais kilometros de AVE e de autoestradas de toda Europa. Vese que, nos demais países, gastaron os cartos no que nós non temos e nos fai falta e, incluso Francia, con un goberno conservador, xa decidiu que non se van construír mais autopistas. Aquí seguen a nos convencer de que as autopistas son “progreso”, aínda que esteamos carentes de servicios básicos, e o salario mínimo e a renda dos cidadáns sexa dos mais baixos de Europa despois de Portugal. Pero o combustible xa está mais caro que no resto da comunidade europea. Somos os “primos” de Europa ,con os prezos mais altos e os salarios mais baixos.

Este mesmo viaxe, en tren, sería moito mais aburrido, moito mais seguro, diminuiría as mortes nas estradas, a contaminación, o estres do traballador, a destrucción do medio ambiente, e aumentaría a súa calidade de vida, entre outros beneficios. Deixar que cinco mil paisanos morran na estrada para que algunhas empresas gañen diñeiro, non é culpa dos conductores, é culpa do sistema que impón, promove e inculca ese tipo de transporte e valores, a mesmo tempo que impide que, quen o desexe, poida ir a o traballo en transporte público. Transporte público, e servicios básicos, que deberá ser creado, financiado e mantido con os nosos impostos, en lugar de que estes impostos sirvan para engrosar, mais aínda, os resultados e os beneficios de empresas, antes públicas moitas delas e vendidas por unha miseria, que están, ademais, espremendo os nosos petos con os servicios deslocalizados e terceiromundistas que nos prestan, para beneficio dos tiburóns, a maioría estranxeiros, que forman o seu accionariado e que impoñen as políticas a os gobernos, destrúen a terra, acaban con a natureza e matan de fame e con guerras inmorais a millóns de persoas.

A culpa non é dos políticos, eles son uns “mandados” igual que nós . A culpa é nosa de pensar que cambiamos algo votando a empregados desas empresas, disfrazados de “colores”, azul, vermello,... pero que serven ó mesmo amo, que son financiados e mantidos polo sistema que nos explota e que, invariablemente, fan a política que beneficia a ese sistema.

http://motor.terra.es/motor/articulo/html/mot18509.htm (30.000.000 ou mais animais atropelados)