Skip to main content

COMEREMOS OS CARTOS

Posted in

FERVENZA BALEIRO

Co gallo do programado Apagón de todas as luces hoxe, das 20:00 ás 20:05 é ocasión para recapacitar a onde nos está levando a procura cega do lucro.

Cando está a piques de rematar, no noso país, a intervención do estado sobre os prezos da electricidade e do gas, e cando se está a falar, por parte da patronal, de aumentos de hasta un corenta por cento  no prezo da electricidade (producida á costa do noso territorio) a partir de xaneiro, supomos que con a finalidade de que amorticen o antes posible o que pagaron por Endesa, debemos pensar no espolio que estamos a sufrir con os aumentos desorbitados, non só da enerxía  e das hipotecas; para maior gloria dos lucros astronómicos de bancos e petroleiras, entre outras; senón tamén na cesta básica da compra.

Se en Europa somos reféns indefensos da depredación medio ambiental e dos aumentos de beneficios de mais do 30 por cento desas empresas, fronte os aumentos do 2 ou 3 por cento nos nosos salarios, cabería pensar o que eses depredadores están a facer nos países menos desenrolados.

Sempre soubemos, e así o manifestamos cando saímos á rúa para protestar pola guerra na que nos meteron, que tais matanza solo escondían intereses económicos. Pasa o tempo e o sistema segue a utilizar todos os seus recursos para seguir espoliando o mundo enteiro.

Seguen as sabias palabras de quen ten mais sabedoría que moitos de nos, así como os puntos de vista de outros medios e protagonistas a os que non nos acostuman a dar acceso.

sin palabrasO tan cacareado “crecemento sostíbel” que como ben expón o Dr. Albert Barlet (4), profesor emérito de física da Universidade de Colorado en Boulder, é coma se un doutor lle dixese a un paciente, “goza vostede dun saudábel cancro”. O crecemento continuo é o paradigma da economía de mercado que actuando contra recursos non renovabeis é absolutamente inviábel e non sostíbel dentro deste mundo finito. Esta falacia lóxica está de plena actualidade en boca de políticos e de empresas como Enagas e Acciona que nos venden a moto de que vai ser posíbel un futuro de equilibrio ecolóxico nun planeta en constante crecemento.

(4). Arithmetic, Population, and Energy. Dr. Albert Bartlet [*]
Arithmetic, Population, and Energy. Dr. Albert Bartlet [**]

http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?article9653