Skip to main content

LEI DE PROTECCIÓN ANIMAL

Posted in

CANCEIRA DOS HORRORESCando está a piques de saír á información pública o proxecto da nova lei de  protección dos animais, é o momento de comprobar o espírito progresista do goberno de Galicia así como dos grupos do parlamento galego. Imaxes como as que, a diario, circulan na rede, non son propias de seres civilizados.

Confiamos en que certas actividades como os campionatos de raposo e de tiro ó pombiño, prohibidos no resto de Europa, non sigan tendo en Galicia o seu “paraíso fiscal” . Tampouco estaría de mais que se prohibiran os campionatos de caza, como os que se realizan o ano todo na nosa comunidade.

Matar animais de granxa para que algún “deportista” poida satisfacer os seus instintos depredadores e sanguinarios, á falta de animais silvestres na fase final de extinción a causa do exceso de caza, falta de alimentos e destrucción do hábitat, non nos parece unha actividade moi “civilizada” e menos aínda se estes “campionatos” teñen como finalidade que a caza sexa subvencionada, de maneira encuberta, por parte da Consellería de Cultura e Deporte.

Pensamos que se alguén quere dar tiros e demostrar a súa habilidade con as armas pode, perfectamente, organizar un campionato de tiro ó prato ou á hélice. Nunca utilizar animais vivos para organizar unha orxía de sangue. Por moito “turismo cinexético” que poida traer a Galicia. Hai cousas que os cartos non poden pagar nin un goberno, con un mínimo de ética, permitir.