Skip to main content

HAI DEBATE - Plan acuícola

Posted in

Defendendo o litoralPor se había dúbidas, no programa “Hai Debate” última parte, do día 12 de novembro, quedou claro, por parte dos grandes partidos, cales son os intereses que defenden e que pretenden encher Galicia de Macro piscifactorías en detrimento da pesca tradicional e dos intereses naturais,  medio ambientais,  ecolóxicos e económicos do noso litoral.
Acontece que, tanto a empresa privada, sobre todo multinacionais, como os fondos europeos, teñen unha grande cantidade de diñeiro para inverter neste tipo de industria. Solo fai falta un pobo que cale e que deixe instalar estas granxas de plástico, que producen grandes cantidades de agoas residuais e cargadas de antibióticos, no seu litoral. E escolleron Galicia.
Exactamente o mesmo asunto que cons os parque eólicos . Grandes e marentes cantidades de subvencións ás empresas privadas que solo precisaban un territorio onde plantar os seus muíños de  vento. Desenrolo económico lle chaman, desenrolo económico para eles. Para Galicia contaminación visual, destrucción da paisaxe e, todo, con a desculpa de non perder o tren do futuro (do futuro deles).
Dannos a cambio, como desculpa, catro postos de traballo mal pagados, mentres eles gañan cantidades astronómicas de millóns.. Cada piscifactoría emprega uns vinte operarios, a maioría técnicos estranxeiros e o resto persoal non cualificado para lles botar de comer ós peixes e limpar os tanques. A trampa é que o goberno, seus socios, permítelles prometer postos de traballo como se foran a buscar o peixe ó mar. Quérese dicir, se para pescar 1 tonelada de rodaballo no mar, fan falta dez postos de traballo, eles poden calcular postos como se o foran a pescar. Unha estafa, porque non é o mesmo traballo pescar que criar en piscifactorías, e no segundo caso precísanse moitísimos menos postos de traballo.
Non nos interesa ser os líderes mundiais  na producción de peixes planos, os galegos non gañamos nada con elo. Non nos importa tampouco que se perdan os fondos da comunidade económica europea para financiar esa industria. Non nos los van dar a os galegos, van a levalos algunhas grandes empresas nacionais e outras internacionais. A nós solo nos van quitar as terras e contaminar o mar e o litoral. Se queren granxas de peixe plano que financien as cofradías de pescadores e que as poñan no mar.
Que quiten os muíños de vento das nosas montañas porque non gañamos nada con eles. En Galicia aínda hai lugares onde non  hai luz e onde falta de cando  en vez.
Que sometan a referéndun estas agresións o medio natural de Galicia e, se hai que poñer algo que beneficien a os Galegos e non  as empresas de fora.Que sexa para termos luz gratis ou traballo para os pescadores. Agora estamos a dar o mellor de Galicia para que esas empresas gañen millóns mentres nós vemos como sempre nos toca perder e catro traballiños de merda. Non estamos tan desesperados e non compensa. A diferencia entre o que gañan uns e o que perdemos todos é moi grande.